Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar. Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este. Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante. Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas. Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira. Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica? contra as mulleres para conseguir os seus propósitos. Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas. Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .
Mik é un ratiño de Biblioteca, froito da imaxinación dunha nena de sexto curso. Vive no colexio Ceip Mestres Goldar-Castrelos de Vigo. Ten moitos amigos e amigas. Dúas bruxiñas e un pirata son os seus mensaxeiros. Gústalle ler e disfruta moito cando os nen@s lle mandan cartas para contarlle cousas. Sempre ten moitas historias para regalar...
A Federación de Gremios de Editores de España vén de facer públicos os resultados do Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de Libros correspondente ao terceiro trimestre de 2007. Consolídase o grupo de nenas e nenos entre 10 e 13 anos como o sector da poboación que máis le: 9 de cada 10 nenas e nenos desta idade decláranse lectores; a maioría le por elección propia e porque lles gusta.
Un dato significativo é que o 94,5% dos nenos e nenas enquisados afirman que no seu colexio os profesores lles animan á lectura.
Outro dato importante: nos fogares destes lectores, o 73,4% dos pais len de forma cotiá e un 80,7% mercoulles ou regaloulles libros no último ano.
O mesmo estudio sinala que entre a poboación lectora maior de 14 anos (o 57%), o grupo de poboación que máis le son os mozos entre 14 e 24 anos, que o fan nun 70,2%
Non debe pasarse por alto outro dato deste barómetro, o que indica que só escolle o galego para as súas lecturas un 0,1% da poboación lectora. Por último, un vistazo á lista dos libros máis lidos en xeral, e entre os máis novos en particular, chama a unha reflexión á hora de preparar seleccións de lecturas e itinerarios lectores para o noso alumnado, co fin de mellorar a súa competencia literaria.
Había una vez un pirata que un día estaba luchando con otro pirata. El otro le hirió con la espada y el pirata se cayó por la borda. Un cocodrilo le mordió una pierna y entoces el pirata, cuando subió a la superficie, ordenó a su tripulación desembarcar en la isla y buscar un palo para sustituir su pierna. Desde entonces fue llamado el pirata "Patapalo".
ABEL 2ºEP
(No blog de Literatura Infantil e Xuvenil DARABUC aparece unha reseña do conto "El pirata Patapalo", escrito por Abel de 2º de EP.)
A biblioteca é un lugar moi especial, un lugar onde podes atopar todo o que che interesa e que che permitirá viaxar no tempo e no espazo. É un lugar para o lecer, para a curiosidade, para a imaxinación? é un mundo por descubrir.
Poden facer uso da nosa Biblioteca os alumnos/as do noso Centro, así como as súas familias. Para ter acceso a tódolos fondos e servizos é necesario ter o Carné da Biblioteca que se entrega gratuitamente.
Na Biblioteca do noso Centro podes atopar libros, vídeos, DVDs, CD-ROMs, revistas e equipos informáticos con acceso a Internet para facer as túas consultas.
Os libros están organizados mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertencen. Os CD, DVD e CD_ROM están situados en estanterías específicas.
Os libros de ficción están clasificados por cores en canto ao nivel lector: lectores conta allea, primeiros lectores, lectores en marcha, lectores avanzados.
Os libros están ordenados, ademáis, por orde alfabética do apelido do autor.
Pódese acceder aos fondos vía internet xa que o noso catálogo está na rede de Bibliotecas Meiga
Cando collas un libro dunha estantería deberás ser coidadoso e deixar o resto ben colocados para non alterar a orde alfabética. Para devolver un libro deberás entregalo sempre ao bibliotecario e en ningún caso poñelo ti mesmo na estantería.
PARA NAVEGAR POR INTERNET:
A navegación por internet ten algúns perigos polo que debes seguir as seguintes recomendacións:
? Utiliza Internet en presencia do Bibliotecario.
? Nunca facilites os teus datos persoais: dirección, teléfono, nome e apelidos?
? Non se realizarán actividades que non teñan que ver coa busca de información. Non se entrará en Chats.
? Non entrar en páxinas web descoñecidas ou pouco fiables. Consulta co Bibliotecario.