Había una vez un pirata que un día estaba luchando con otro pirata. El otro le hirió con la espada y el pirata se cayó por la borda. Un cocodrilo le mordió una pierna y entoces el pirata, cuando subió a la superficie, ordenó a su tripulación desembarcar en la isla y buscar un palo para sustituir su pierna. Desde entonces fue llamado el pirata "Patapalo".
ABEL 2ºEP
(No blog de Literatura Infantil e Xuvenil DARABUC aparece unha reseña do conto "El pirata Patapalo", escrito por Abel de 2º de EP.)
A biblioteca é un lugar moi especial, un lugar onde podes atopar todo o que che interesa e que che permitirá viaxar no tempo e no espazo. É un lugar para o lecer, para a curiosidade, para a imaxinación? é un mundo por descubrir.
Poden facer uso da nosa Biblioteca os alumnos/as do noso Centro, así como as súas familias. Para ter acceso a tódolos fondos e servizos é necesario ter o Carné da Biblioteca que se entrega gratuitamente.
Na Biblioteca do noso Centro podes atopar libros, vídeos, DVDs, CD-ROMs, revistas e equipos informáticos con acceso a Internet para facer as túas consultas.
Os libros están organizados mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertencen. Os CD, DVD e CD_ROM están situados en estanterías específicas.
Os libros de ficción están clasificados por cores en canto ao nivel lector: lectores conta allea, primeiros lectores, lectores en marcha, lectores avanzados.
Os libros están ordenados, ademáis, por orde alfabética do apelido do autor.
Pódese acceder aos fondos vía internet xa que o noso catálogo está na rede de Bibliotecas Meiga
Cando collas un libro dunha estantería deberás ser coidadoso e deixar o resto ben colocados para non alterar a orde alfabética. Para devolver un libro deberás entregalo sempre ao bibliotecario e en ningún caso poñelo ti mesmo na estantería.
PARA NAVEGAR POR INTERNET:
A navegación por internet ten algúns perigos polo que debes seguir as seguintes recomendacións:
? Utiliza Internet en presencia do Bibliotecario.
? Nunca facilites os teus datos persoais: dirección, teléfono, nome e apelidos?
? Non se realizarán actividades que non teñan que ver coa busca de información. Non se entrará en Chats.
? Non entrar en páxinas web descoñecidas ou pouco fiables. Consulta co Bibliotecario.
¡Que sorpresa! O venres pola mañá trouxeron unha botella cunha mensaxe para os nenos/as do cole. A continuación podedes lela:
¡Ola camaróns!
¿Sabedes quen son? ¡Claro que sí!, non sodes ningúns merluzos. Fai tiempo que non nos vemos pero non é culpa miña ¡de verdade!
Alguén con moi mala idea (no é por ser acusica, pero para min que a bruxa Pelandusca... perdón, Pitusa, tivo algo que ver) dixo que eu roubara algo, ¡nego totalmente esta acusación tan maliciosa!, eu só o levei prestado. Total...tampouco é para tanto levarse un barco coa súa tripulación pero, resultou que o que levei non era un barco calquera, era un barco pirata. En fin que teño barcos e malandríns de todas as pelaxes perseguíndome sen descanso.
Necesito a vosa axuda así que axiña volveredes saber de min. Polo de agora teño que deixarvos, pero recibiredes máis cartas, quero decir máis botellas. Non vos fiedes de ninguén e vixiade...vixiade...vixiade...
O pasado mércores, 7 de novembro, os nenos e nenas de tres anos de EI, mergullámonos nunha aventura polo mar. Axudamos a Mik a rescatar o tesouro do barco pirata de Pata de Lata. Foi toda unha aventura porque mentres durmían os asaltamos e sen facer nin chisco de ruído, subimos ao barco, puxemos os cinco sentidos a traballar( escoitamos, non podíamos falar para non ser sorprendidos, tocamos amodiño as paredes, as barandas, ulimos a piratas que non se lavaban, e abríamos ben os ollos para estar atentos a calqueira imprevisto. Alí estabamos nós dispostos a devolver o tesouro á nosa escola. E conseguímolo.
Gustános moito a nosa biblioteca mariña; é fantástica porque para entrar nela temos que embarcar no submarino azul. Vaia viaxe!
As nosas mans de EI reflexan as cores que podemos observar no outono( marrón, vermello, laranxa, verde, amarelo,... Os nenos e nenas e as profes de infantil colaboramos traendo á escola distintos froitos para a exposición, que ulimos, tocamos, observamos, clasificamos e mesmo degustamos probando o marmelo, e o marmelo de mazá. Fixemos unha gran macedonia cos froitos de outono para celebrar o Día Mundial da Alimentación.
Co motivo da celebración do Magosto moitos nen@s inventaron contos que teñen as castañas como protagonistas. Aquí tendes unha mostra (preme AQUÍ para velo):
Hoxe empezamos en 2º de EP a actividade "Hora de ler" e tod@s estabamos un pouco impacientes por ver como resultaba. A experiencia foi moi agradable. Levamos a cabo todo un "ritual" antes de comenzar: ao primeiro toque da campaíña tod@s deixamos a tarefa que estabamos a realizar e recollemos e limpamos as mesas. Cando a campá soou por segunda vez, os nen@s levantáronse por grupos a escoller o libro da estantería. Co terceiro toque empezamos a ler, en silencio. Algún parecía querer comentar algunha cousa pero resistiu a tentación. Eu estaba tan emocionada ao ver a resposta dos nen@s que casi non me podía concentrar no meu libro. Cando finalizou o tempo, colocaron os marcapáxinas que tiñan preparados e levaron os libros á librería, ata o día seguinte.
¡Foi estupendo!
Hoxe comenzamos esta andadura coa idea de dar a coñecer a nosa Biblioteca. Hai tempo vimos facendo un grande esforzo por renovar e mellorar este servizo no noso Centro. Este ano recibimos unha importante axuda económica da Consellería que supón un pulo a este proxecto. Polo de agora estamos a remodelar os espazos e a decoración. Tamén estamos deseñando o Proxecto de Centro que este curso xirará en torno ao mar, ao que nos sentimos moi ligados na nosa cidade. Pouco a pouco iremos contando os nosos progresos, presentarémosvos a nosa mascota, as bruxas contacontos e moitas cousas máis...