Este é o primeiro curso que decidimos elaborar un calendario para agasallar ás familias polo Nadal. Por suposto coa temática do mar. Cada nivel encargouse dun mes co seu tutor/a e ademáis colaboraron os profesores especialistas co seu grupo de alumnado. Como "investigación" decidimos recoller refráns, ditos, frases feitas... que relacionasen o mar e a vida dos mariñeiros cos meses do ano. Algún grupo mesmo inventou un pareado ao xeito de refrán:
Xaneiro: "a sardiña de xaneiro non quere ao mariñeiro" Febreiro: "febreiro, febreiriño, do mar disfrutamos pouquiño" Marzo: "en marzo da praia podes gozar se a axudas a coidar" Abril: "solla de abril, déixaa ir" Maio: "Dende que ven o cuco, fóra o pulpo" Xuño: "Polo San Xoán, a sardiña pringa o pan" Xullo: "Golfiño que salta, trae o vento e a calma espanta" Agosto: "A brisa do mar quítalle ferro ó sol" Setembro: "Por San Miguel, a sardiña non presta ben a ninguén" Outubro: "A faneca e a solla, na caída da folla" Novembro: " There are finer fish in the sea than have ever been caught" Decembro: co pareado "coa lectura navegando, o ano vai rematando" acaba o noso calendario. Inclúese tamén un texto de Jules Verne que nos provoca curiosidade e cecais máis ganas de seguir lendo.
E así, co traballo de tod@s @s artistas que temos no cole, conseguimos un agasallo estupendo para todas as familias.
Parabéns a todos os rapaces e rapazas do Mestres Goldar.
Esta é a tarxeta coa que o Ceip Mestres Goldar felicita a todas as familias. Este ano o alumnado de Educación Infantil foi o encargado de facela. ¡Parabéns a tod@s porque quedou moi bonita!
Dúas alumnas de 5º curso nos regalan esta semana unha preciosa poesía que fala dunha fada moi especial pois o seu traballo consiste en coidar o medio natural. ¡Sigamos o seu exemplo!
Autora: Eva Crispín Pazó
Ilustradora: Alba Crispín Pazó
Pablo Martínez, de 6º curso, ofrécenos esta preciosa historia sobre desencontros familiares con final feliz, como debe ser onde hai cariño. Acércase o Nadal, data propicia para a felicidade pero tamén para a nostalxia, como lles ocorre aos protagonistas deste relato...(LER)
El País publicou o sábado, día 8, baixo o título "A la conquista de nuevos lectores" unha lista de 14 recomendacións dirixidas ás familias para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura.
É verdade que o labor que se leva a cabo na escola non é suficiente. A familia desempeña un papel fundamental na adquisición do hábito de ler. Ao igual que noutros aspectos, o entorno familiar influirá decisivamente na actitude frente aos libros e a lectura. Sería necesario, polo tanto, que dende a escola e dende as bibliotecas escolares se promovese a lectura no ámbito das familias, elaborando estratexias de achegamento ao igual que facemos co noso alumnado.
Hoxe é día 10 de decembro. É un día especial para celebrar nos colexios e así se fai desde hai moitos anos. Esta vez os Blogs das Bibliotecas Escolares de Galicia temos a oportunidade de amosarnos unidos no seu 60º aniversario e de compartir co resto das Bibliotecas Escolares este traballo que nos representa a todas. "Dignidade e xustiza para todos nós"é o lema deste ano.
Partindo da cita de Kofi Annan, que podiamos ler hai uns días nos nosos blogs, debemos chegar a comprender que:
Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.
Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.
Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Pero sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar.
Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo? días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir ?non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as necesita.
Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo.
"EL GRAN DICTADOR" PELÍCULA INTERPRETADA POR CHARLES CHAPLIN "CHARLOT"
Discurso final de Charlot, o Charlot que, aproveitando o seu parecido físico con Hitler, se dirixe aos soldados dispostos a conquistar o mundo.
Charlot lles recorda que non hai que combater pola escravitude, que deben loitar en prol da liberdade e a xustiza, que hai lugar para a esperanza.
PODEDES FACER DESTA VIDA UNHA RADIANTE AVENTURA PODÉIS HACER DE ESTA VIDA UNA RADIANTE AVENTURA
La Aventura Humana Osset Hernández, M. Ed. Icaria, Barcelona, 2005.
Recompilación de trinta contos populares que corresponden a cada un dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. O autor quere amosar que en calquera tradición existe a lo menos un conto que é posible utilizar para transmitir os valores que enuncian os dereitos humanos polo tanto forma parte do acervo colectivo da humanidade.
Neste libro atoparedes os seguintes contos: Afgano: Hussun Banu
Amazónico: La justicia de Tupá
Árabe: Sherezade
Bereber: Un docto cadáver
Bretón: Cantos de boda
Castelán: Blancaflor
Catalán: El conejo, el gallo, el gato, el perro y el carnero Chinés: Liang Sanbo y Zhu Yingtai Congoleño: Nkolle o la aventura humana
Coreano: La liebre y el hígado Cubano: Bregantino, Bregantín
Exipcio: El león y el gato
Xitano: El origen del violín
Grego: Prometeo y la caja de Pandora Guineano: El hijo del cocodrilo
Hindú: El bueno y el malo
Huichol: El diluvio
Indoeuropeo: El hombre que quería robar a su compañero
Irlandés: El juicio del gato Letón: El hombre-oso
Malí: Un bastardo
Masai: Los frutos del sicomoro
Mexicano: Xicoatl, estrella errante Nepalí: Lalari y Kusuri; Khoktschulukpa y el nacimiento de la cultura
quechua: El cuento de Pedro Lache
saharaui: El honor sioux: El águila y el cazador tibetano: La hija de los dragones
vasco: Catorce
... que os disfrutedes e vos aporten a súa maxia.
CITAS
"La violencia es el último recurso del incompetente". (Isaac Asimov)
"Ojo por ojo, y el mundo acabará ciego". (Gandhi)
"La violencia es el miedo a los ideales de los demás". (Gandhi)
"No hay camino para la paz, la paz es el camino". (Gandhi)
"No hay más calma que la engendrada por la razón". (Séneca)
"La verdad no está de parte de quién más grite". (Rabindranath Tagore)
"El racismo ha sido históricamente una bandera para justificar las empresas de expansión, conquista, colonización y dominación y ha marchado de la mano de la intolerancia, la injusticia y la violencia". (Rigoberta Menchú)
"Los derechos humanos son sus derechos. Tómenlos, defiéndanlos, promuévanlos, entiéndanlos e insistan en ellos. Nútranlos y enriquézcanlos... Son lo mejor de nosotros. Denles vida". (Kofi Annan)
"Toda sociedade que pretenda asegurar aos homes a liberdade, debe comezar por garantirlles a existencia". (León Blum)
"Mentres a maioría dos homes non sexa libre, non se pode concibir ao home libre". (Henri-Frédéric Amaniel)
"Descubrir aos outros é descubrir unha relación, non unha barreira". (Claude Lévy-Strauss)
"A liberdade non é máis que a oportunidade de ser mellor". (Albert Camus)
(Traballo colaborativo publicado polas Bibliotecas Escolares co gallo do Día Internacional dos Dereitos Humanos)