O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

POEMAS POLA PAZ
Dentro desta rede colaborativa e no noso empeño por reflexionar sobre a importancia da non violencia, aportamos hoxe o vídeo "Poemas pola Paz", unha marabillosa iniciativa que se produciu na vila de Guernica 70 anos despois de ser arrasada polas bombas en 1937, e que nesta ocasión sería bombardeada por poemas: converter a dor en arte, cambiar bombas por poesía, solucionar os conflitos con palabras.


Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.

A poesía é unha arma cargada de futuro
Gabriel Celaya



Segundo traballo colaborativo dos
Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ




Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 22-01-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 8

Son moi bonito por diante

e moi feo por atrás;

vou cambiando a cada instante

porque imito ós demais


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (32) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 21-01-2008 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
X.M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ : Poema pola Paz
(Damos as grazas aos responsables do Blog da Biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey pola súa xenerosidade)

Achégase a celebración do día da Paz o 30 de xaneiro , data na que lembramos a figura de Gandhi como exemplo da práctica da non violencia .Violencia é que aínda no século 21 , os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez , escritor que vai ser homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa , da esmola da xente, e como ata algunha xente lles chega a parecer “ normal” esta situación tan inxusta .


Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos.
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos
coches ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a un
de aqueles
-A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! .

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui 1915-1985)


Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 21-01-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
POLA PAZ ( I )

Para ver o vídeo elaborado polos compañeiros de Trafegando Ronseis preme AQUÍ



Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro

Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 20-01-2008 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 7

A miña nai é tatexa,

o meu pai é cantador;

teño branco o meu vestido

e amarelo o corazón.


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
Comentarios (5) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 19-01-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
EL BARCO VELERO (Conto)


Un novo conto dos nosos estupendos escritores e escritoras. Sabela, de 5º de EP, ofrécenos este orixinal relato rimado. Seguro que vos gustará moito... (Preme enriba do conto)
Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 17-01-2008 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
COMO SE FAI UN CONTO?
Na seguinte ligazón atoparedes unha axuda divertida para elaborar os vosos contos. Tamén podes publicar o teu conto na web que pasará a formar parte da súa biblioteca xunto cos contos doutr@s nen@s. Anímate a escribir, é moi sinxelo!!

La magia de las palabras
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-01-2008 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR/A
Dez principios imprescindibles para ser un bo lector:

1. Todos os días, reserva un rato para ler

2. Busca cualquera disculpa para que che lean e che conten contos

3. Fíxate ben en como len as persoas maiores

4. Non te quedes con ningunha dúbida

5. Pide consello: aos teus pais, aos profes, ao bibliotecari@, ...

6. Se che apetece ler, le. Non te distraias con outras cousas

7. Visita a librería e a biblioteca máis próximas

8. Organiza ben a túa biblioteca

9. Pensa que as túas amigas e os teus amigos son os mellores compañeiros de lecturas

10. Aproveita calquera ocasión para ler: cando esperas na consulta do médico, mentras agardas por alguén..
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 16-01-2008 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 6
Sen traballar, teño cartos;
sen morrer, son nova e vella
e sen comer carne con caldo,
moitas veces estou chea.


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
Comentarios (18) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 14-01-2008 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
MAR DE ARENA (Conto)


Breixo e Carmen de 5º de EP explican neste relato a orixe dos desertos e por que a auga do mar é salgada...



Preme enriba do conto para ampliar

Comentarios (14) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 14-01-2008 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats