|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CON ANTÓN CORTIZAS |
|
|
|
|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CON FINA CASALDERREY |
|
|
|
|
|
MAIOS 2018 |
|
Este venres celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo creando coplas, atando ramallos de fiuncho... Despois do recreo xuntámonos no patio para dar a nosa benvida á primavera. Facendo varias rodas, todos os nenos e nenas foron colocándose para recibir ao noso fantástico MAIO e acompañar os ritmos das coplas co son acompasado dos seus paus. Que ben o fixeron! Daba gusto velos tan engalanados e cheos de flores!
Como todos os anos, as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado do cole foi recubrindo a armazón dun maio tradicional, preparada de antemán. Todos os cursos, baixo a supervisión dun mestre, foron "vestindo" pouco a pouco o "maio" que loceu no centro do patio, cun "detalle" cinematográfico no seu cume, ao fío do PDI. PASÁMOLO XENIAL!!! Moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración achegando os materiais necesarios para a construción do "maio" e o noso agradecemento moi especial á nosa querida profe MARILUZ pola súa enorme xenerosidade e a súa impagable axuda.
Aquí tendes algunhas imaxes:
|
|
|
|
ENCONTRO CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO |
|
Hoxe, os nenos e nenas de 3º e 4º de EP recibimos a visita de Antonio García Teijeiro, autor de POEMAR O MAR, o libro que estivemos lendo durante as últimas semanas. Gozamos moito durante a lectura, xa que xogamos cos ritmos e a musicalidade dos versos, aprendemos o divertido que é ler poesía e tamén descubrimos que somos capaces de creala. Para culminar a experiencia coñecemos ao escritor que fixo posibles momentos tan agradables. Gustounos moito falar con el, recitarlle, e incluso cantarlle, moitos dos seus poemas, polo que se mostrou encantado e agradecido. Tamén nos felicitou polo espléndido mural que lle tiñamos preparado. Foi fantástico!!! Ao rematar, asinou moi amablemente os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANTONIO!!! Podedes ver todas as fotos aquí: FOTOS CUARTO - FOTOS TERCEIRO
|
|
|
|
PRÓXIMA VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO |
|
|
|
|
|
ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO |
|
Hoxe, o alumnado de quinto e sexto de EP recibiu na nosa biblioteca ao escritor e ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, autor dun dos libros que estiveron traballando este curso: MIL COUSAS PODEN PASAR I (5º de EP) e MIL COUSAS PODEN PASAR II (6º de EP). Os nenos e nenas tiñan preparado un precioso mural: Jacobo foi completando a súa charla con divertidas ilustracións: Para finalizar, asinou os exemplares e, por suposto, no noso libro de visitas: MOITAS GRAZAS, JACOBO!!! Agardamos verte axiña!!! |
|
|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CON JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO |
|
|
|
|
|
PINTO E CHINTO VISITAN A NOSA BIBLIOTECA |
|
Coa visita de Carlos López (Chinto) comezamos a rolda de visitas de autores relacionados coas lecturas que traballa o alumnado durante o curso. Os nenos e nenas de primeiro de EP acudiron entusiasmados ao encontro despois de ler e gozar co libro Cómo cambia el cuento! onde a parella de artistas ofrecen a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.
Despois de escoitar atentamente todas as historias que lles contou, os nenos e nenas fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa vida, a súa profesión e a súa obra. Tamén se interesaron polo traballo que fan como caricaturistas para algúns xornais, polo que recibiron numerosos premios. Para finalizar a visita, Carlos asinou moi amablemente todos os exemplares. MOITAS GRAZAS!!!!
|
|
|
|
REMATA A SEMANA DA POESÍA 2018 |
|
O alumnado de E. Infantil foi o encargado de poñer o broche final a unha intensa e emotiva SEMANA DA POESÍA. Coa súa habitual gracia e simpatía, recitaron marabillosamente para un público moi especial, os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de EP, que aplaudiron as actuacións con moito entusiasmo. MOITAS GRAZAS a tod@s pola vosa implicación, polo impecable traballo e polo bo facer no escenario. Ata o ano que ven!!!!
|
|
|
|
MÉRCORES DE POESÍA: ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO |
|
O mércores foi a quenda dos nenos e nenas de primeiro e segundo de EP para os recitados de poesía e contaron cun público moi entregado e agradecido, o alumnado de E. Infantil. PARABÉNS a TOD@S!!!!
POESÍAS PRIMEIRO E SEGUNDO |
|
|
|
|
|
|