O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EN GALEGO...
Esta imaxe procede de www.edu.xunta.es/contidos/libros/?q=node/160O Equipo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca, está a promover unha campaña en favor do uso do galego baixo o lema "En galego pode ser... TODO!".
Elaboráronse carteis alusivos ao tema, que agora están expostos polos pasillos do Centro. Podedes velos AQUÍ






Comentarios (1) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 04-12-2007 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
VIVAMOS COMO GALEGOS
Anuncio de Gadis onde se amosan algúns tópicos sobre a idiosincrasia galega e se invita a aceptala sen complexos

Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 04-12-2007 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS NOTICIAS DE PATALATA
Todos/as estabamos agardando que o pirata Patalata voltase a escribirnos e por fin chegou unha nova botella cunha mensaxe. Apareceu na Biblioteca e di así:

"Ola, mexilóns!!
A bruxa Maruxa xa me contou que andades a traballar moito e que xa sabedes moitas cousas do mar. Pensando en vós ocorréuseme que podedes axudarme a atopar o tesouro do pirata "Pata de aceiro inolvidable", un rufián moi intelixente que agochou os seus tesouros nunha illa, pero ninguén sabe onde. Só sabemos que a este orixinal pirata gustábanlle moito as historias e que sempre tiña un libro nas súas mans. Ninguén se atrevía a rirse del, pero todos pensabamos que estaba tolo; un pirata sabichón, ¿onde se viu tal cousa?...
Parece ser que deixou unha serie de pistas para poder atopar o tesouro e que as devanditas pistas están entre as páxinas dos seus libros favoritos.
E agora preciso da vosa axuda, se vós estades dispostos. Mandareivos as pistas que están no meu poder e seguro que entre todos atopamos o tesouro.
Ben, amig@s, despídome de vós e espero a vosa resposta. Mentres, vixiade, vixiade, vixiade...
Pirata Patalata."


¿Que vos parece? Menuda aventura!!



Comentarios (12) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 02-12-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
O CALAMAR
Claudia, de 2º EP, fixo unha investigación sobre o calamar. ¿Que vos parece?

LER





¿Queres ver un calamar xigante?
Aquí tés o ORTOCONO

Comentarios (4) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 01-12-2007 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 3
Ten lombo e non anda,
follas ten e non é planta,
sabe moito e nada fala.
¿Que cousa, cousiña é?


Comentarios (10) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 01-12-2007 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS CONTOS
Máis contos para ler e comentar en TITAMENCONTAS
Comentarios (4) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 28-11-2007 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
CONTO DA SEMANA: O berce mariño
Antonio Requejo de 6º de EP fixo este precioso conto ambientado no mar. Despois de lelo, anímate a deixar a túa opinión nun comentario
Para poder lelo preme AQUÍ
O berce mariño
Comentarios (7) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 26-11-2007 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE NOVEMBRO

RockYou FXText

Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica… contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .

(do Ceip Quintela-Moaña)






Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 25-11-2007 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 2
A ver se a acertas:

Moitas monxas
nun convento
visitan as frores
e fan doces dentro


Pista: é un animal

Resposta: as abellas
Comentarios (9) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 24-11-2007 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Historia de Mik
Mik é un ratiño de Biblioteca, froito da imaxinación dunha nena de sexto curso. Vive no colexio Ceip Mestres Goldar-Castrelos de Vigo. Ten moitos amigos e amigas. Dúas bruxiñas e un pirata son os seus mensaxeiros. Gústalle ler e disfruta moito cando os nen@s lle mandan cartas para contarlle cousas. Sempre ten moitas historias para regalar...

Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 24-11-2007 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats