|
|
O XASTRE VALENTE (Lembrando a H. C. Andersen) |
|
Aquí tendes outro conto de Hans Christian Andersen, protagonizado por Mickey Mouse.
O XASTRE VALENTE
¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ
|
|
|
|
ADIVIÑA 27 |
|
¿Que cousa cousiña é
que pasou o río
sen mollar o pé?
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL |
|
O 2 de abril de cada ano celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Escolleuse esta data como homenaxe a Hans Christian Andersen, xa que é o día do seu nacemento.
Poucas persoas existen que non teñan lido ou escoitado algún dos contos saídos do maxín deste grande escritor.
Naceu nunha familia moi pobre, en Dinamarca. Cando morreu o seu pai deixou a escola pero foi un lector empedernido que lía canto caía nas súas mans. Tamén foi un viaxeiro incansable e afirmaba que "viaxar é vivir".
Escribiu moitas obras pero pronto se fixo famoso polos seus CONTOS. Entre os máis coñecidos atópanse O parrulo feo, O traxe novo do emperador, A raíña das neves, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo, O reiseñor, O xastre valente e A sereíña. Foron traducidos a máis de 80 idiomas e adaptados a obras de teatro, ballets, películas, debuxos animados, xogos en CD e obras de escultura e pintura.
No seguinte vídeo, o propio H. C. Andersen cóntanos a súa vida:
E aquí tés unha animación sobre o conto "O parrulo feo":
¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ
|
|
|
|
OUTRO XEITO DE FOMENTAR A LECTURA |
|
Pode que un bo xeito de fomentar a lectura entre os máis nov@s sexa cambiar o perfil do bibliotecari@, aínda que o do exemplo resulte un pouco... radical.
|
|
|
|
BIBLIOBLOGUES |
|
|
|
|
|
O MUNDO EN VERSO (WEBQUEST) |
|
 Unha moi interesante webquest para o terceiro ciclo de Primaria. Traballa a creación poética conducindo aos participantes pola poesía de autores como F.G. Lorca, A. Machado, R. Alberti,
G. Fuertes e Miguel Hernández.
Para acceder á WEBQUEST pica na imaxe
Outra WEBQUEST: "LEVÁMOSTE ONDE TI QUEIRAS", para o Primeiro ciclo de Primaria. Traballa os medios de transporte e resulta moi motivador e orixinal o seu plantexamento. (En castelán)
|
|
|
|
ADIVIÑA 26 |
|

Debaixo da ponte
hai moitas damas
de verde vestidas
que brincan e saltan.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
A CASA DA POESÍA |
|
Moitas grazas a Marieke, que nos deixou este fermoso agasallo no noso blogue (Ti tamén contas) a xeito de contribución á celebración do Día Mundial da Poesía. Certamente a PALABRA, na súa manifestación máis sublime, a POESÍA, é capaz de chegar ao corazón de todas as persoas que cren que na palabra está a auténtica forza.
Disfrutádea:
A Casa da Poesia.
A poesia tem uma casa
onde escreve à luz das velas
e que nunca há-de ter tecto
para poder ver as estrelas.
Não é voto de pobreza
este seu modo de ser,
é apenas a maneira
mais perfeita e certeira
de nunca se perder
nos estranhos labirintos
da aventura de escrever.
J. J.Letria
|
|
|
|
ADIVIÑA 25 |
|

Polos penedos arriba,
verde esmeralda,
rabo rabelo,
pata estirada,
corre que corre,
mociña calada.
Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto
|
|
|
|
FOI O PEQUENO MONSTRO! |
|
Para ler en familia durante estes días de descanso:
Ana vai ter un irmanciño e antes de irse ao hospital a súa mamá regálalle un monstro de peluche para que non se senta soa. Ana e o pequeno monstro vólvense moi amigos, pero cando chega o irmánciño á casa empezan os problemas. Ao monstro de Ana non lle gusta o bebé : sempre está berrando, cheira mal, e non o deixa durmir. Entón fai mil trasnadas ata que papá e mamá perden a paciencia e queren botalo. Pero ao fin o pequeno monstro e Ana acaban por reconciliarse co novo irmán e volve a tranquilidade á casa.
Este conto relata os celos dunha irmá maior, encarnados en "o pequeno monstro". O monstro, puro reflexo dos celos de Ana, reacciona moi negativamente á chegada do bebé, pero ao final resólvese o conflito. O xeito en que se resolve o problema e as preciosas ilustracións realizadas con tanto esmero por Helen Cooper, fan que este libro sexa tan especial. |
|
|
|
|
|
|