Xa temos na nosa Biblioteca, encadernado e listo para formar parte dos nosos fondos, "Os contos do Recanto". Os autores e autoras son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que durante o curso 07/08 escribiron e ilustraron, na meirande parte, os seguintes relatos e poesías. Esas creacións foron publicadas aquí, no blogue da nosa Biblioteca, de aí o título deste libriño, que agora editamos en soporte papel pola conmemoración do Día Internacional do Libro.
Esperamos que esta experiencia sirva de incentivo para que o noso alumnado nos siga agasallando cos froitos do seu maxín e que este volume sexa o primeiro dunha longa colección.
Grazas a tod@s.
Mik.
Na Biblioteca tendes un exemplar para levar en préstamo.
Na bitácora de Aníbal de la Torre aparece esta imaxe que pertence a unha sección que el denomina "fotografía educativa" e coa que publica esceas que levan implícita unha mensaxe de carácter didáctico e que son o suficientemente elocuentes como para despertar en nós algunha reacción. Parabéns por esta idea que vén a demostrar, unha vez máis, que unha imaxe vale máis que mil palabras.
Os coordinadores das Bibliotecas Escolares do PLAMBE fomos convocados en Sanxenxo aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES durante os días 3 e 4 de abril.
A perfecta organización das xornadas, a relevancia dos relatores, a calidade das ponencias e o agradable ambiente de compañeirismo, convertiron estes días de traballo intenso nun auténtico pracer. Voltamos ás nosas escolas abrumad@s pola cantidade de información, de ideas e de camiños por percorrer, pero coa sensación de apoio, de pulo e de alento dos compañeir@s embarcad@s na mesma tarefa. Grazas a tod@s.
As ponencias estiveron a cargo de importantes persoeiros do mundo da Educación procedentes de distintos lugares de España e Portugal: José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.
Pode unha nai despedir a un fillo? Neste libro verás que iso é o que lle ocurre ao seu protagonista:
Miguel está afeito facer o que lle dá a gana: desobedecer, facerse o xordo, ser irrespetuoso, en fin, pasar de todo, e tamén por encima de todo, incluíndo á súa nai. Un día ela entra na súa habitación, está moi seria, entrégalle un sobre, dille que o asine para que conste que o recibiu e logo vaise. A carta contén un papel onde lle indica que o despediu como fillo e que ten que abandoar a casa en trinta días. Durante este mes, Miguel intentará portarse ben, pero non lle sae. Cando chega a temida data... nun pis-pas está na rúa. Miguel descubrirá entón o ben que se está na casa, estrañará a orde, as comidas... e ata o colexio. Logrará Miguel unha segunda oportunidade?.
Xa coñecedes moitos contos de Andersen e seguro que tamén sabedes o do SOLDADIÑO DE CHUMBO. Aquí podedes escoitar o conto e facer actividades relacionadas con esta bonita historia. Fai clic na imaxe e divírtete.
Agora podes ver unha animación doutra historia que seguro que tamén coñeces: O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
PARTE 1
PARTE 2
PARTE 3
¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ
Sabías que A SEREÍÑA se covertiu nun símbolo para a cidade de Copenhague, capital de Dinamarca? Todo o mundo coñece a pequena estatua da sereíña situada en Langelinie, na entrada do porto de Copenhague. O escultor foi Edvard Eriksen.
Video da Sereíña (imaxes da película de Disney) coa cancion de Michael Jackson (Remenber of Time)
Vídeo Musical do clásico Disney La Sirenita
O CONTO NUNHA VERSIÓN DISTINTA Á QUE TI COÑECES (PARTE 1)
PARTE 2
PARTE 3
SE QUERES PODES VER AQUÍ PARTE DA VERSIÓN DE DISNEY:
Ariel é unha serea soñadora que cre que vivir fóra da auga é o mellor que lle podería pasar na vida. Un día de tormenta salva a un príncipe (Eric) dun barco que naufraga e cae namorada del, pero cando o seu pai (o rei Tritón) descobre os soños da súa filla e o seu agocho secreto no que garda todos os pequenos tesouros que foi atopando dos humanos, este, furioso, arrasa con todo.
Ariel decide ir facer un pacto con Úrsula, a bruxa do mar. Grazas a ela, convértese en ser humano e reencóntrase co príncipe, ao que está a piques de conquistar, pero intervén Úrsula para evitalo e Ariel volve converterse en serea e escrava da bruxa do mar.
Con todo, o seu pai decide facer un cambio de prisioneiro e ponse a disposición de Úrsula a cambio da liberdade da súa filla. Ariel, coa axuda dos seus amigos Sebastián, Flounder e o príncipe Eric, logra derrotar á bruxa e destruíla, revertendo os feitizos de Úrsula e liberando a Tritón. Unha vez que Tritón sabe do amor entre Ariel e Eric, decide convertela en ser humano, para posteriormente celebrarse a voda entre os dous namorados.
ALgunhas diferenzas co conto orixinal: Na película realízanse múltiples cambios á historia orixinal, como o feito de que nesta última a bruxa do mar ten un papel moi secundario, ademais de que a sereíña non logra o amor do príncipe e prefire morrer que facerlle dano, pero en lugar de converterse en espuma do mar, como o facían as sereas ao morrer, transfórmase nunha fada do vento, e consegue a felicidade dun xeito moi distinto á que desexase.
Para saber moitas máis cousas sobre Andersen e os seus contos podes visitar esta PÁXINA
¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ