O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ADIVIÑAS
¿Queres xogar ás adiviñas? Pon a traballar as túas neuronas e a ver se dás coa solución ás adiviñas que che propón Mik. Velaquí vai a primeira:

1. Igrexiña pequeniña,
sancristán rebulidor,
os santiños que están dentro
sonche da mesma color.


Pista: é unha parte do corpo

Podes enviar a túa resposta, razoada, nun comentario

Resposta:
A boca, a lingua e os dentes.

Comentarios (5) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 21-11-2007 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
UN SUEÑO HECHO REALIDAD (conto)
Velaquí un fermoso conto escrito por unha nena de 5ºEP. Para poder lelo preme AQUÍ


Comentarios (11) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 21-11-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
MEDUSAS A RITMO DE VALS
No mundo mar...abilloso que estamos a descubrir existen unhas fermosísimas criaturas pero moi perigosas...




Para saber máis sobre as medusas preme AQUÍ
Comentarios (7) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 20-11-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLOS
Os pasillos do cole están cheos de traballos feitos co motivo do outono e do magosto


Comentarios (4) - Sección: Outono - Publicado o 20-11-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
EL PIRATA PATAPALO
Había una vez un pirata que un día estaba luchando con otro pirata. El otro le hirió con la espada y el pirata se cayó por la borda. Un cocodrilo le mordió una pierna y entoces el pirata, cuando subió a la superficie, ordenó a su tripulación desembarcar en la isla y buscar un palo para sustituir su pierna. Desde entonces fue llamado el pirata "Patapalo".

ABEL 2ºEP

(No blog de Literatura Infantil e Xuvenil DARABUC aparece unha reseña do conto "El pirata Patapalo", escrito por Abel de 2º de EP.)

Comentarios (32) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 20-11-2007 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Guía da Biblioteca
A biblioteca é un lugar moi especial, un lugar onde podes atopar todo o que che interesa e que che permitirá viaxar no tempo e no espazo. É un lugar para o lecer, para a curiosidade, para a imaxinación… é un mundo por descubrir.

Poden facer uso da nosa Biblioteca os alumnos/as do noso Centro, así como as súas familias. Para ter acceso a tódolos fondos e servizos é necesario ter o Carné da Biblioteca que se entrega gratuitamente.
Na Biblioteca do noso Centro podes atopar libros, vídeos, DVDs, CD-ROMs, revistas e equipos informáticos con acceso a Internet para facer as túas consultas.
Os libros están organizados mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertencen. Os CD, DVD e CD_ROM están situados en estanterías específicas.
Os libros de ficción están clasificados por cores en canto ao nivel lector: lectores conta allea, primeiros lectores, lectores en marcha, lectores avanzados.
Os libros están ordenados, ademáis, por orde alfabética do apelido do autor.
Pódese acceder aos fondos vía internet xa que o noso catálogo está na rede de Bibliotecas Meiga
Cando collas un libro dunha estantería deberás ser coidadoso e deixar o resto ben colocados para non alterar a orde alfabética. Para devolver un libro deberás entregalo sempre ao bibliotecario e en ningún caso poñelo ti mesmo na estantería.

PARA NAVEGAR POR INTERNET:
A navegación por internet ten algúns perigos polo que debes seguir as seguintes recomendacións:
• Utiliza Internet en presencia do Bibliotecario.
• Nunca facilites os teus datos persoais: dirección, teléfono, nome e apelidos…
• Non se realizarán actividades que non teñan que ver coa busca de información. Non se entrará en Chats.
• Non entrar en páxinas web descoñecidas ou pouco fiables. Consulta co Bibliotecario.

Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 20-11-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Carta do pirata Patalata
¡Que sorpresa! O venres pola mañá trouxeron unha botella cunha mensaxe para os nenos/as do cole. A continuación podedes lela:

¡Ola camaróns!
¿Sabedes quen son? ¡Claro que sí!, non sodes ningúns merluzos. Fai tiempo que non nos vemos pero non é culpa miña ¡de verdade!
Alguén con moi mala idea (no é por ser acusica, pero para min que a bruxa Pelandusca... perdón, Pitusa, tivo algo que ver) dixo que eu roubara algo, ¡nego totalmente esta acusación tan maliciosa!, eu só o levei prestado. Total...tampouco é para tanto levarse un barco coa súa tripulación pero, resultou que o que levei non era un barco calquera, era un barco pirata. En fin que teño barcos e malandríns de todas as pelaxes perseguíndome sen descanso.
Necesito a vosa axuda así que axiña volveredes saber de min. Polo de agora teño que deixarvos, pero recibiredes máis cartas, quero decir máis botellas. Non vos fiedes de ninguén e vixiade...vixiade...vixiade...

Pirata Patalata.





Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 20-11-2007 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA Á BIBLIOTECA
O pasado mércores, 7 de novembro, os nenos e nenas de tres anos de EI, mergullámonos nunha aventura polo mar. Axudamos a Mik a rescatar o tesouro do barco pirata de Pata de Lata. Foi toda unha aventura porque mentres durmían os asaltamos e sen facer nin chisco de ruído, subimos ao barco, puxemos os cinco sentidos a traballar( escoitamos, non podíamos falar para non ser sorprendidos, tocamos amodiño as paredes, as barandas, ulimos a piratas que non se lavaban, e abríamos ben os ollos para estar atentos a calqueira imprevisto. Alí estabamos nós dispostos a devolver o tesouro á nosa escola. E conseguímolo.
Gustános moito a nosa biblioteca mariña; é fantástica porque para entrar nela temos que embarcar no submarino azul. Vaia viaxe!


Comentarios (3) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 17-11-2007 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
MURAL DE EI
As nosas mans de EI reflexan as cores que podemos observar no outono( marrón, vermello, laranxa, verde, amarelo,... Os nenos e nenas e as profes de infantil colaboramos traendo á escola distintos froitos para a exposición, que ulimos, tocamos, observamos, clasificamos e mesmo degustamos probando o marmelo, e o marmelo de mazá. Fixemos unha gran macedonia cos froitos de outono para celebrar o Día Mundial da Alimentación.


Comentarios (2) - Sección: Outono - Publicado o 17-11-2007 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
LA CASTAÑA FELIZ
Co motivo da celebración do Magosto moitos nen@s inventaron contos que teñen as castañas como protagonistas. Aquí tendes unha mostra (preme AQUÍ para velo):
Comentarios (6) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-11-2007 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats