Emulando a un gran pintor, Ian e Zeltia, axudados pola súa familia, fixeron esta fantástica versión da famosísima obra de Edvard Munch. Aquí tendes... O BERRO DE MIK!
Siguen chegando as fantásticas creacións do noso alumnado en colaboración coas súas familias sobre o lema da biblioteca LER vaiche que nin PINTADO. PARABÉNS!!!
Ante a chamada do noso amiguiño MIK a todas as familias, xa empezan as chegar estupendas creacións moi orixinais e creativas. Pouco a pouco iremos poñéndoas todas para que poidades gozar delas desde as vosas casas:
Aínda non hai servizo de biblioteca pero xa están pasando cousas. Agora andamos na "conta atrás" para que as portas da biblio se abran de novo. Mentres se ultiman os preparativos, MIK xa foi enviando ás titorías unha carta cunha divertida proposta.
As familias non se fixeron de rogar e xa estamos recibindo os primeiros traballos. Son magníficos!!!
Xa estamos de volta, con forzas renovadas, con moita ilusión, con novas ideas e proxectos...O 12 de setembro o cole abriu as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas que durante este curso van aprender, compartir e disfrutar xunt@s. As aulas, os profes e, por suposto, a Biblioteca estábannos agardando. MIK tráenos moitas novidades e espera impaciente as vosas visitas.Para ir abrindo boca, o noso amiguiño xa nos fixo a primeira encomenda relacionada co noso PDI deste curso sobre A PINTURA. Como actividade inicial propón a todas as familias participar coas súas creacións na exposición da biblioteca "LER vaiche que nin PINTADO". Terán que ilustrar este lema utilizando calquera material e soporte engandindo, como é habitual, toda a súa orixinalidade e imaxinación. Os traballos deberán ser entregados antes do 15 de outubro.Xa estamos desexando gozar das vosas fantásticas creacións. ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!!
O festival de hoxe foi o broche de ouro para o curso 17/18, un curso de aluCINE, que comezou cos agasallos de MIK aos axudantes da biblioteca, aos que lles estamos moi agradecidos polo seu espléndido traballo e pola súa xenerosidade. A partir das doce da mañá, o alumnado de 6º de E. Infantil e o de 6º de Primaria foron os protagonistas da xornada cos seus bailes, os seus vídeos, as súas fermosas palabras e as súas chiscadelas de humor, que lograron os entusiastas aplausos das familias que os quixeron acompañar neste día tan importante para eles. Non faltaron as emocións e as bágoas dos compañeir@s que exteriorizaban os seus sentimentos pola marcha dos maiores. Foron momentos inesquecibles que para sempre estarán nos nosos corazóns.
Desde este recuncho queremos enviarlles aos nenos e nenas de INFANTIL os nosos máis agarimosos parabéns pola súa fermosa chegada a PRIMARIA. E aos nosos queridos nenos e nenas de 6º desexámoslles unha feliz e exitosa andaina na súa nova etapa escolar e moita sorte en todos os seus proxectos, tanto persoais como académicos. MOITOS BICOS A TOD@S E ATA SEMPRE!!!!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Infantil fixeron a súa propia versión do videoclip Thriller de Michael Jackson. Que medo nos fixeron pasar estes zombies!!!!MENUDOS ARTISTAS!!!!
Hoxe. 22 de maio, recibimos na nosa biblioteca a Ana Alonso, autora do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de terceiro e de primeiro de Primaria, Misión Terra 5 e Eva y los planetas. Ana falounos da súa paixón pola lectura e pola escritura desde que era moi cativa e da súa ilusión por convertirse escritora. Contounos como imaxinaba as historias, os personaxes, as aventuras..., como colaboraba co seu marido para facer algunhas novelas e como gozaba coa súa profesión. Tamén nos explicou detalles sobre o argumento do libro que traballamos. A conversa resultou moi agradable e, despois de contestar todas as preguntas que lle plantexamos, firmou os nosos exemplares. O alumnado de cuarto de EP tamén gozou duns momentos para compartir impresións sobre El baño de Cleopatra, o libro que leron o curso pasado, xa que, por motivos de saúde, houbo que aplazar o encontro ata hoxe. MOITAS GRAZAS, ANA, POLA TÚA VISITA!! AGARDAMOS QUE VOLVAS AXIÑA!!