PARABÉNS a todos os nenos e nenas polo fantástico traballo que fixestes durante este ano tan especial!!! Fostes uns auténticos campións!!! Agárdovos con moitas ideas e novas propostas para pasalo requetebén o próximo curso. Ata entón, gozade moito do verán e das vacacións. Vémonos en setembro!!!
Seguindo coas actividades deseñadas arredor do noso PDI, o alumnado de 1º de E. Primaria asistiu a un contacontos moi musical: LA MÚSICA DEL MAR de SUSANA ISERN e MARTA CHICOTE. Que nen@s tan involucrados e atent@s!!! XENIAL!!!
Ao fío do noso PROXECTO DOCUMENTAL deste curso, A MÚSICA, o alumnado de E. INFANTIL investigou e elaborou unha morea de INSTRUMENTOS MUSICAIS con materiais de refugallo. Inspirándose no conto ¡TAM, TAM! RITMO EN LA SELVA de GUIDO VAN GENECHTEN, puxéronse mans á obra e, moi espilidos, fabricaron uns magníficos instrumentos dignos de calquera orquestra. Agora agardamos o voso concerto!!!! PARABÉNS a tod@s por tan fantástico traballo!!!
Foi unha perfecta e engaiolante mestura: os nenos e nenas de EI e AS DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS de EVA MEJUTO, con ilustracións de VÍCTOR RIVAS. Fixeron moitas actividades con estas gatiñas molonas: leron e, sobre todo xogaron. PASÁRONO XENIAL!!!
E para rematar recibiron a visita da autora que lles contou moitas cousas acerca do libro e das súas protagonistas. GRAZAS, EVA, GUSTOUNOS MOITO!!!
Non hai pandemia que poida co noso amiguiño MIK e coas ganas de libros e contos do noso alumnado máis cativo! Aproveitando espazos especiais que temos espallados polo centro, os nenos e nenas de catro anos asistiron a un contacontos do libro NONA, de ESTHER VOLTÁ, na aula de luz negra. Trátase dunha das actividades deseñadas dentro do seu proxecto "BOLBORETAS" que os ten moi entusiasmados. O espectáculo resultou abraiante e moi orixinal. ENCANTOULLES A TOD@S!!!
As propostas da biblioteca constitúen un espléndido contexto para traballar a competencia literaria e lingüística. Aquí temos ao alumnado de cuarto de EP facendo unha exposición oral a propósito dos traballos en grupo que fixeron para conmemorar o DÍA DA POESÍA E O DÍA DO LIBRO. A partir do poema "CARACOLA" elaboraron unha orixinal recreación na que empregaron diferentes linguaxes, recorrendo incluso á tradución a varios idiomas. MOI BEN!!!!
Hoxe, o alumnado de cuarto de Primaria gozou dun fantástico encontro virtual con LEDICIA COSTAS, autora do libro "VAMPIRA DE BIBLIOTECA". Estiveron moi atent@s e mostraron moito interés por todo o que lles contou sobre a súa traxectoria como escritora. Ledicia tamén contestou a todas as preguntas e escoitou con moito agrado e agradecemento as magníficas opinións e a morea de emocións que lles provocou a lectura do seu libro. MOITAS GRAZAS, LEDICIA, POR COMPARTIR O TEU TEMPO CON NÓS!!!! AGARDAMOS VERTE PRONTO POLO NOSO COLE!!!
Neste cole non paramos!!! A falta dos encontros presenciais temos os encontros virtuais!!! Aquí están os nenos e nenas de primeiro de EP xunto con PERE TOBARUELA falando do seu libro "Mariña e o balón":
O noso amiguiño MIK preséntanos ao alumnado de E. INFANTIL participando no obradoiro CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE, un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa, para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.