Como xa temos ás portas a nosa "II Semana da poesía" e andaredes moi atarefados buscando e escollendo os poemas que ides traballar e recitar, tráiovos uns libros que seguramente vos van gustar moito e axudaranvos na busca. Atoparedes poesías sobre animais, sobre a natureza, sobre persoas, sobre o amor, poesías de humor, poesías longas , poesías curtas...
Podedes empezar con Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo. Os poemas, ilustrados, toman como motivo diversos temas, entre eles, os insectos, as estrelas, os namorados, o calendario ou unhas bruxas que van ao súper. Coñecerás personaxes como Mariposa, ou é Mari Sopa?...; tamén descubrirás ao Mosquito chupasangues, a Don Lapis e Dona Libreta; axudarás á Lúa a contar estrelas e acompañarás á bruxa a mercar... (ver guía-actividades)
Pero aínda hai moitos máis libros con preciosos poemas. Aquí vos deixo unha selección feita por mestras e mestres de Educación Infantil e Primaria:
Preme AQUÍ para velo a pantalla completa ou AQUÍ para descargar en Pdf.