O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

¡MÚSICA, MAESTRO!
Cada 22 de novembro celébrase en todo o mundo a festa de Santa Cecilia, patroa da Música, en conmemoración do día do seu nacemento. Santa Cecilia morreu no ano 230, condenada polo alcalde de Roma, Almaquio, quen tentou sen éxito persuadila de renegar da súa fe.
No ano 1594 foi nomeada patroa da música polo Papa Gregorio XIII e, a través dos séculos, a súa figura permaneceu vencellada á música polo seu espírito sensible e apaixoado por esta arte.

A música é unha fermosa linguaxe universal que lle fala aos corazóns e aos sentimentos, polo que non ten límites nin fronteiras. A música está presente na vida e na natureza e, por suposto, nos libros. Aquí tes algúns exemplos. Pasa pola biblioteca e poderás comprobalo:
AS CLASES DE TUBA

As clases de Tuba é un álbum ilustrado que, sen apenas palabras, narra unha emocionante historia, na que teñen cabida o humor, a música e a aventura.

OS CATRO AMIGOS
Un burro, un can, un gato e un galo son os protagonistas deste relato dos irmáns Grimm que anima a non decaer malia as dificultades, porque sempre haberá oportunidades para saír adiante.

SOFÍA, LA VACA QUE AMABA LA MÚSICA. Geoffroy de Pennart. Ed. Corimbo


Unha vaca tamén pode ser unha gran concertista. Iso pretende Sofía, movida pola convocatoria dun concurso, percorrendo todas as orquestas da cidade, coa frustración de non atopar onde a admitan. A única solución será montarse pola súa conta.

MELODÍA EN LA CIUDAD.
Benjamín Lacombe. Ed. Edelvives.

Coa chegada do circo á cidade, o mozo Alejandro descobre que existe un mundo máxico, cheo de cor e de alegría, moi diferente do que coñece. Elena, a bela xitana andaluza, introducirao nos carreiros do circo, onde Alejandro descubrirá dentro de si un talento innato que se mantiña oculto até entón.

A ORQUESTRA DE CLARA.
Elisa Ramón. Il. Roger Olmos. Ed. Tambre.

Clara criouse entre música, instrumentos e partituras. Tocar a trompeta é o que mais lle presta, e sabe dende cativa que esa arte chega ao fondo do corazón e axuda a compartir a alegria. Está convencida de que a música esperta os sentimentos mais nobres e é quen de facer esvaecer alguns dos problemas que hai no mundo.

MOZART
Wolfgang Amadeus Mozart
Yann Walcker
Ed. Combel
A infancia e os primeiros pasos no mundo da música deste músico xenial.

A BANDA DE VILACENDOI
Gayoso, Xulio
Kalandraka, 2006



A FRAUTA MÁXICA
Editorial: Kalandraka
Fantasía, emoción e aventuras para conmemorar o 250 aniversario do nacemento de Mozart, coa edición adaptada dunha das súas obras mestras, creada polo xenio de Salzburgo para transportarnos ata un mundo de cabaleiros, dragóns e princesas.

¿E que pensabas, eh? ¡Eu tamén son un namorado da música!


Comentarios (2) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 22-11-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentarios
1 Pués hablando de música, a Claudia le encanta la flauta y está muy interesada en lo que les#blgtk08# enseña Toniño, hasta me lo quiere enseñar a mi.La música amansa a las fieras.....
É o que dixo Geli (23-11-2010 22:58)
2 ¡¡¡ mira que nos e#blgtk08#nseñas cosas ¡¡¡¡
É o que dixo Geli (23-11-2010 22:59)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats