O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

¡IMPORTANTE AVANCE CIENTÍFICO!
Atopouse un novo medicamento que conseguirá que aumente considerablemente a nosa calidade de vida e que, polas súas características, seguro revolucionará a comunidade médica. Dada a súa ductilidade e a cantidade de males que cura, deberá tomarse coa debida precaución, polo que, tal e como nos advirten as autoridades sanitarias, é fundamental

Ler o prospecto antes de usar este tratamento :

Composición e presentación
Letras, palabras, follas, números, debuxos, símbolos, fotos en celulosa impresa. Presentacións máis frecuentes: novela, posesía, ensaio, cómic, contos, enciclopedias, revistas, periódicos,.., e outras para tratamentos máis específicos.

Indicacións
Síntomas de aburrimento, dúbidas de importancia variable, necesidade de descubrimentos, aclaracións, viaxes reais ou imaxinarias, insomnio, largas esperas, agasallos, convalecencias prolongadas e cadros de estreñimento (crónicos ou esporádicos).

Uso e doses
- Empezar con doses suaves; sobre todo en menores de 5 anos, e nunca con máis de 5 minutos de aplicación continuada.
- Aumentar progresivamente ata chegar á dose correcta (aquela que nos deixa a gusto).

Embarazo e lactancia
Os estudos clínicos realizados con este tratamento non presentan contraindicacións neste grupo, salvo algún descuido puntual que ten retrasado a hora de lactancia.

Conducción e uso de máquinas
É moi probable que este tratamento afecte á súa capacidade para conducir ou utilizar maquinaria, polo que se recomenda non usalo nestas circunstancias e mantelo a unha distancia prudencial.

Posibles efectos adversos
Nun considerable número de pacientes presentouse un alto nivel de dependencia, provocando continuas visitas a bibliotecas e librerías e unha necesidade constante de ter un libro entre as mans. Nestes casos a recuperación a estados anteriores resulta case imposible, e non se constata ningún caso con desexo de abandonar este novo estado.


Salvo casos moi excepcionais este tratamento
non conta coa subvención da Seguridade Social

CONCLUSIÓNS DERIVADAS DOS EXHAUSTIVOS ESTUDOS CIENTÍFICOS: A lectura tamén cura!

(Este inxenioso texto está incluido nun dos carteis presentados ao certame "Cartel e lema" convocado pola Biblioteca do centro para a celebración do Día do libro. O autor é Eloi Covelo (4º de EP), que realizou o traballo coa colaboración da súa familia, tal e como establecían as bases do certame.)



Comentarios (7) - Sección: Día do Libro - Publicado o 21-04-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentarios
1 FANTÁSTICO!!! Propiedades curativas da lectura!! Pois xa sabes, se estás atacad@ de aburrimento, ansios@ por saber cousas, se te atopas "i#blgtk08#nfectad@" polas dúbidas ou cun estreñimento insoportable, AUTOMEDÍCATE E LE!!!!

Gracias, Eloi, por esta importante achega!
É o que dixo MIK (21-04-2009 22:35)
2 ¡Enhorabuena Eloi! Esto es comparable con cualquier avance revolucionario de la ciencia. Los que llevamos tiempo "automedicándonos" pode#blgtk08#mos dar fe de todo lo que has dicho.
Has tenido una idea fantástica y rematadamente original. Gracias por tu valiosa aportación.
É o que dixo Cristina (21-04-2009 22:42)
3 ¿y servirá también para activar la m#blgtk08#ente y poder adivinar los acertijos?
É o que dixo Geli (21-04-2009 23:40)
4 Seguriño, Geli, penso que é moi indicado para espertar mentes e inxenios (e aínda#blgtk08# que non se precise pódese usar tamén como tratamento preventivo e de mantemento)
É o que dixo MIK (22-04-2009 00:19)
5 Moitísimas grazas,Eloi pola túa aportación ao certame.Dende logo creo qu#blgtk08#e é o mellor medicamento(a lectura) do mundo.Grazas tamén a túa familia.
É o que dixo Chus (22-04-2009 08:24)
6 Eu tamén quero ese medicamento!!! Moi inxenioso#blgtk08# e orixinal. Moi bo traballo os das familias!!
É o que dixo PUCA (23-04-2009 13:07)
7 os hecho muchisimo demanos aunque en mi cole me insulta#blgtk08#n muchisimo os quiero mucho que lo paseis muy bien chao
É o que dixo sofia (01-02-2010 13:12)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats