O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A MELLOR BIBLIOTECA DO MUNDO...



E chegou o día...! E que mellor día para a inauguración da nosa Biblioteca que este, o Día Internacional das Bibliotecas??
É moi difícil contar unha xornada tan especial onde alumnado, profesorado e familias, compartimos unha morea de actividades e disfrutamos coa visita de Benxamín Míguez, Manuel Solla e de Fran Alonso. Tamén contamos coa compañía da concelleira de educación do Concello de Vigo, Laura López Atrio.

Os máis pequenos asistiron a unha sesión de contacontos a cargo do animador Benxamín Míguez, que fixo as delicias de todos eles e que participaron entusiasmados nos relatos que respondían moi ben aos seus intereses: a caída dos dentes, a comida, os medos... e todo co adobío dos seus debuxos.
Manuel Solla fixo unha sesión de animación á lectura e contacontos para os nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria que resultou moi divertida cando eles tiveron que facer todo tipo de imitacións.
O alumnado do 3º Ciclo e as familias asistiron á charla do escritor Fran Alonso que nos falou de libros, lecturas e biblioteca, que nos fixo reflexionar con frases como "a lectura capacítanos como persoas", "a lectura fainos máis libres", "a lectura é como un edificio moi alto dende o que podemos observar todo o que ocurre sen que nada estorbe a nosa visión..."
Por último, as palabras da concelleira animándonos a seguir no camiño que vimos percorrendo con ilusión.
E ao final, a guinda: cando xa marchabamos para casa, co sorriso posto, cruceime cun grupiño de tres rapaces aos que por inercia preguntei "Que tal ?", e un deles respondeu : "TEMOS A MELLOR BIBLIOTECA DO MUNDO !!"

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS A TODOS/AS!!



(Cartel do ilustrador Xosé Cobas)






(LER o manifesto de Agustín Fernández Paz)



Comentarios (9) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2008 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentarios
1 Parabéns pola festa, polos resultados entre o alumnado e, #blgtk08#sobre todo, polo magnífico traballo que estades a realizar
É o que dixo Antonio Martínez (25-10-2008 10:29)
2 Súmome aos parabéns! Dende Cuntis temos o#blgtk08# voso "recanto" como un exemplo a seguir.
É o que dixo Román (25-10-2008 12:08)
3 Felicidades polo voso traballo. Non sei si é a biblioteca millo#blgtk08#r do mundo, pero dende logo é estupenda.
Un bico, Xulia
É o que dixo Luz (25-10-2008 13:10)
4 Cando entramos ás 9 comenteille os meus alumnos "hoxe é un día especial",é si que o foi,os neno/as disfrutaron moito coas actividades programadas.Percorremos#blgtk08# moito camiño,e ainda nos queda moito que percorrer pero estou de acordo co alumno que dixo que temos a MELLOR BIBLIOTECA DO MUNDO.Foi un día máxico.Noraboa.
É o que dixo Chus (25-10-2008 13:19)
5 Fue un dia fantastico y nos enca#blgtk08#nto como quedo la biblioteca.
É o que dixo Laura ,Ivan (25-10-2008 16:37)
6 No sé si será la mejor biblioteca, para los demás pero si lo es para nosotros, me e#blgtk08#ncanta que todo fuese tan bien y que los niños la disfrutasen tanto. Enhorabuena.
É o que dixo cristina (25-10-2008 19:27)
7 Estou moi emocinoada polo éxito da vosa inaguración.Disfruto moito cás cousas que facedes na vosa biblioteca.
Os artigos#blgtk08# deste blog emocíonanme, e fan que este moi pendiente de todo o que publicades.E a miña fermosa ventá aberta a o mundo. Noraboa.
É o que dixo rocío castaño (25-10-2008 19:33)
8 Moitas grazas a tod@s dend#blgtk08#e o Ceip Mestres Goldar!!
É o que dixo MIK (25-10-2008 20:58)
9 Moitas grazas por facer un comentario no noso blog, xa pensai que naide o miraba...e noraboa polo voso traballo, nós tamén#blgtk08# temos O recanto de Mik como exemplo a seguir e copiámosvos algunha cousiña...Outra vez moitas grazas e apertas para tod@s
É o que dixo María de Cervo (27-10-2008 14:34)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats