O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: O pescador peleriño
Dentro da escolma de poemas que tratan o tema mariño, actividade en torno ao noso proxecto interdisciplinar "Descubre un mundo MARabilloso", recollemos este do autor homenaxeado este ano no Día das letras Galegas: X. M. Álvarez Blázquez, musicado por Suso Vaamonde no seu disco "Santiago, mar de pedra"

Romance do pescador peleriño
A todos os Peleriños do Mar que veñen a Compostela

Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outas augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas.

El navegar, navegaba
unha dorna mariñeira;
nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras,
no corazón -¡Ai Dios Santo!-
no corazón unha arela.

Os brazos eran de buxo,
os remos, palmas lixeiras,
o timón... ben semellaba
asa de gueivota albeira.
Onde él chegaba coa dorna
iña a barileza nela,
i o vento se lle aquedaba
como unha pomba sinxela.

Os peixes choutaban ledos
polo albiscar na cuberta
co seu mouro peito ispido,
botando cantigas tenras.
¡Ai, él levaba, Dios santo,
no corazón unha arela!

Ela gardaba un segredo
debruzada na fiestra,
co mar metido na ialma,
que era moito mar para ela.
Os sargazos do cabelo
enredábanlle na testa,
porque o vento enredador
tiña cobiza das rendas.

Cicais fose por brincare,
ou sería por envexa,
o vento -lobo dos homes-
quixo arrabuñar na terra.
¡Ai! ¿onde irá o vento solto
choutando pola ribeira?
¡Ai, o vento entolecido
polo mar, coma unha besta!

(El gobernar, gobernaba
unha dorna mariñeira.)

Ninguén escoitou a voce,
acolá na noite pecha,
co mar bruando arredor
ladaíñas agoirentas:
-¡Líbrame, Señor Sant-Yago,
pescador da Galilea;
meu Sant-yago, navegante
en branca dorna de pedra!
Si me librares, Señor,
irei verte a Compostela,
descalciño dos dous pes,
no meu peito unha vieira.

Escoitar, ben o escoitara
Sant-Yago feito de pedra.
Vel ehí vai o peleriño
polas valgadas da terra;
sobor das cangadas costas
a crus de remos lle beila.
Nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras;
no corazón ¡ai Dios Santo!-
no corazón unha arela.

(Ed. Monterrey, 1954; reproducido en Poesía galega completa, ed. de Xosé Mª
Álvarez Cáccamo, Ed. Xerais, Vigo, 1987; e en Poesía galega completa, ed. de Xavier Rodríguez Baixeras, Ed. Xerais, Vigo, 2007)



Vídeo de O AÑO PITAÑO

Vídeo de O MERLO POETA
Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-02-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentarios
1 como podiamos facer para baixar o do ROMANCE DO PELERIÑO.Encantarianos poñerllo os neno#blgtk08#s porque é precioso pero non sabemos como.GRACIAS
CEIP Mariñamansa de Ourense
É o que dixo puriC (09-05-2008 10:52)
2 Ao rematar o vídeo sae un código ("insertar") que tendes que copiar e pegar na vosa páxina. Para descargalo no voso Pc ou nun CD fai fal#blgtk08#la un programa que transforma o formato do vídeo. Podedes atopalo en Internet (agora non me lembro do nome do programa)
Saúdos.
É o que dixo Julia (09-05-2008 12:49)
3 P.D:
O progr#blgtk08#ama chámase SAVE2PC
É o que dixo Julia (09-05-2008 16:01)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats