|
|
|
NONA: UN CONTACONTOS MOI ORIXINAL |
|
Non hai pandemia que poida co noso amiguiño MIK e coas ganas de libros e contos do noso alumnado máis cativo! Aproveitando espazos especiais que temos espallados polo centro, os nenos e nenas de catro anos asistiron a un contacontos do libro NONA, de ESTHER VOLTÁ, na aula de luz negra. Trátase dunha das actividades deseñadas dentro do seu proxecto "BOLBORETAS" que os ten moi entusiasmados. O espectáculo resultou abraiante e moi orixinal. ENCANTOULLES A TOD@S!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|