|
|
|
EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!! |
|
O xoves e o venres desta semana celebramos a con-ciencia a reapertura da nosa biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre A CIENCIA, gozamos de dous días de actividades que culminaron co magnífico espectáculo que nos ofreceu o MAGO CALI e que marabillou aos nosos asombrados nenos e nenas. MAXIA OU CIENCIA foi o título que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo, ao abeiro do tema que centrará o traballo deste curso da biblioteca: EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!Aí vos vai un pequeno resume do que aconteceu: Cando chegou a hora todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde se atoparon coa exposición de novidades e a exposición temática sobre CIENCIA. Despois de repasar as normas e os servizos que se ofrecen na biblioteca, puideron botarlle unha ollada aos libros novos, recolleron as mochilas viaxeiras, que xa emprenderon hoxe a súa viaxe, e saborearon o doce agasallo de benvida que nos deixou MIK.
       
Ademáis, aos nenos e nenas de primeiro de EP e aos de nova incorporación ao centro entregáronlles as súas carpetas e os seus flamantes carnés de usuari@s. Como guinda do pastel, o estupendo MAGO CALI co espectáculo de maxia que nos engaiolou a tod@s e que fixo as delicias do noso animadísimo alumnado.
A próxima semana comezará unha emocionante andaina polos camiños da CIENCIA e viviremos moitas aventuras rodeados da maxia da biblioteca. Como todos os anos, o noso ratiño MIK preparounos unha chea de propostas interesantes e moi divertidas que se irán desenvolvendo ao longo do curso. BENVIDOS DE NOVO A TOD@S!!!
E xa sabedes que eu agardo impaciente as vosas visitas na biblioteca. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e MOI FELICES LECTURAS!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|