|
|
|
BENVID@S AO CURSO 19/20!!!!!! |
|
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! A semana pasada voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2019/2020. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas moi curiosas que vos encantarán, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2019/2020!!
|
|
|
|
1 Comentarios |
|
1 |
QUE GANIÑAS DE VER TODO O QUE TES PREPARADO PARA OS PEQUENO#blgtk08#S E PARA NOS
FELIZ CURSO
BIQUIÑOS
|
|
|
É o que dixo Mónica (01-10-2019 23:30) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|