O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS. RECURSOS
Como xa sabedes, o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) protagoniza o Día das Letras Galegas de 2019. No noso centro, ao igual que na maioría dos centros docentes de toda Galicia, celebramos o Día das Letras Galegas con múltiples actividades. Todas elas co obxectivo de poñer en valor a lingua e a cultura galegas, así como achegar ás nenas e nenos a figura de Antón Fraguas. A continuación, compartimos con todos vós unha serie de actividades moi interesantes para realizar na aula:
Para os máis pequenos da escola traémosvos o traballo realizado pola Real Academia Galega dentro do seu proxecto Primavera das Letras. Este ano o proxecto sobre Antón Fraguas conta cunha serie de fichas didácticas descargables con actividades que van desde colorear ilustracións inspiradas na vida de Fraguas ata un “trivial” sobre o autor.
Doutra banda, o Museo do Pobo Galego ten unha unidade didáctica para profesorado con diferentes actividades dividas por ciclos de educación primaria. Tamén a Fundación Fenzol de Vigo recompila nun documento toda a obra de Antón Fraguas, para facilitar o seu coñecemento.
No Portal das Palabras, iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, afondan sobre sete das palabras favoritas de Antón Fraguas ou sobre os seres máxicos que documentou nos seus traballos.
Existen tamén moitas publicacións sobre a vida de Antón Fraguas dirixidas a diversas idades. Para educación infantil e primeiro ciclo de primaria, contamos coa detective Peregrina e o insólito caso “Antón Fraguas” de Enrique Mauricio. Para os maiores, a editorial Xerais publica a obra Antón Fraguas. O bo mestre, o mestre bo de Héctor Cajaraville.
Por último, numerosos centros docentes impulsan actividades participativas abertas a todas as persoas. Aquí temos unha pequena selección:
• A área TIC do Centro de Educación Especial A Barcia (Santiago de Compostela) realizou unha serie de xogos interactivos sobre a figura de Antón Fraguas. Así podemos xogar ao Rosco de Galicia ou ao Onde estivo Antón Fraguas?
• O CEE Nosa Señora do Rosario publicou un vídeo onde explica a biografía de Antón Fraguas en lingua de signos.
Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. Actividade deseñada polo CEIP Xesús de San Luís Romero de Carballo que resultou premiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no concurso – exposición co motivo das Letras Galegas 2019.
• O Seminario Galán, formado por docentes de dez centros de Arteixo, A Coruña, Cambre, Catoira, A Laracha e Corcubión, creou actividades por ciclos para coñecer máis en detalle a Antón Fraguas.

Fonte: Primavera das letras, RAG

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2019 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats