O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

APADRIÑAMENTO LECTOR 2017
Por fin chegou o tan agardado día do Apadriñamento lector, unha das actividades más apreciadas polo alumnado do centro. O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia posta en marcha para o fomento da lectura que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. Con esta actividade créanse ligazóns afectivas que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.
Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura. Con estas sinxelas premisas levamos a cabo o Apadriñamento lector para celebrar o Día Mundial do Libro e, como todos os anos, TIVO MOITO ÉXITO!!! Con axuda dos seus familiares, os padriños e as madriñas seleccionan e preparan na casa e na escola todos os aspectos relacionados co texto e coa súa lectura (expresión, entoación, linguaxe corporal, etc) Entre os obxectivos que se pretenden conseguir:


-Dinamizar a biblioteca: coñecer os fondos, utilizar o servizo de préstamo...

- Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos.
- Favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades.
- Promover o gusto pola lectura nos seus diferentes contextos.
- Potenciar a linguaxe oral, saber expresarse para ser entendido.
- Favorecer o saber escoitar.
- Desenvolver a responsabilidade e o compromiso.
- Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos.
- Aumentar a autoestima.
- Fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
-Aumentar a motivación fronte ao proceso lector.
Resumindo, a través desta actividade, que une a alumnos de diferentes idades nun mesmo proxecto, animamos de forma sinxela á lectura favorecendo a comunicación e potenciando a adquisición e consolidación das habilidades lingüísticas e sociais.

ASÍ se desenvolveu a actividade:

Á hora prevista, madriñas, padriños e afillad@s reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde acomodarse.


Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras provocando conversas e sorrisos.


Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.

 
 
 

Un ano máis, un auténtico pracer!!
PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!!
PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC
AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 01-05-2017 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats