O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

WANGARI MAATHAI, A PAZ E A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS
Xa estamos metidos de cheo nas nosas viaxes arredor do mundo descubrindo países, xentes e moitas historias. Estes días a biblioteca andaba un pouco revolucionada polo que sospeitamos que MIK andaba argallando algo. E así foi!!
O venres pasado recibimos novas de MIK: o equipo de axudantes da biblioteca repartiu por todas as aulas as cartas do noso amiguiño. Desta vez tróuxonos unha preciosa proposta para o Día da Non Violencia e a Paz que, como sabedes, celébrase o 30 de xaneiro.
Para reflexionar sobre este día, este ano traballaremos sobre a fascinante historia de Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Para iso, recorremos ao libro "Wangari e as árbores da paz"
Wangari vivía rodeada de árbores. Cando medra, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove arboriñas e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en todo o país e de mellorar a calidade de vida das mulleres. As nosas vidas mellorarán se volvemos ter árbores. Plantaremos as sementes da esperanza.
O mellor é que descubrades vós mesmos desta preciosa historia. Facendo click na frecha da seguinte imaxe, gozaredes deste belo conto que transmite tantos importantes valores. Cando acabe a historia, atoparedes diferentes actividades para pasar un bo intre e reforzar o aprendido. Se queredes velo a pantalla completa, só tedes que facer click no recuadro superior dereito (e "esc" para volver).
Por certo, na entrada do cole hai unha árbore fermosísima e moi grande!! Terá algo que ver con MIK e con Wangari?? Estade atentos, seguireivos contando!!!
Fonte:http://www.auladeelena.com/2016/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 23-01-2017 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats