O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PALABRAS DE ÁFRICA, CONTOS DUN CONTINENTE EN CAMIÑO
Palabras de África é un precioso libro que recolle unha serie de contos que visibilizan o continente africano fuxindo dos estereotipos e visións negativas ás que parece que nos afixemos. Unha pequena aproximación a unha cultura que é berce da civilización e veciña de Europa.

Buscando Amigos (Mali), A Galiña e o Elefante (Etiopía), As dúas Caras do Mundo (Sudán do Sur), Os Ríos Tristes (inspirado en Chad), A Ra e a Serpe (Congo), A Ratiña Valente (inspirado en Mozambique) e Como a sabedoría se espallou polo Mundo ( Camerún) son sete contos marabillosos que nos farán viaxar de forma máxica a unha África rica en diversidade e memoria e na que valores como a superación, a amizade, a igualdade ou o respecto polo medio ambiente están moi presentes.
PALABRAS DE ÁFRICA é unha iniciativa da ONGD SEDE e o Grupo Edelvives, que pretende achegar África a todos os lectores, en colaboración coa ONGD Fundación PROCLADE e a Asociación PROYDE.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 19-11-2016 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats