O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENTROIDO 15/16: ISTO É VIGO!!!
Que ben o pasamos hoxe no entroido do cole!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor da nosa cidade. A función levaba o título ISTO É VIGO e contaba dun xeito moi peculiar e orixinal unha fantástica historia de Vigo, desde a súa orixe ata o momento actual. Todo comezou cuns estraños personaxes moi atarefados na busca dun obxecto moi valioso. Estes personaxes fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo no escenario:
A acción comeza cunha tribu de INDIOS dun afastado país que atopa un libro máxico que fala dun lugar marabilloso que deben descubrir por mandado do deus Manitú:
Nese magnífico lugar viven pacificamente os "CASTREXOS":
Pero son atacados por uns PIRATAS moi malvados e moi bailóns:
Despois de moitas loitas e enfrentamentos, chegan a convivir en harmonía. Desta xuntanza, logo de varias xeracións, xurdiu o Vigo actual, cos seus inconfundibles sinais de identidade. Así entrou en acción o CELTA DE VIGO!!!
Por suposto, tamén estaba CITROËN!!!
E VITRASA!!
E que sería da nosa cidade sen os miles de TURISTAS de todo o mundo que a visitan por terra e por mar?
Non podían faltar os MARIÑEIROS, as PESCANTINAS e as "SEÑORITAS que mercaron todo o peixe:
E apareceu... MANOLA!!!
Con tanto trafego, a pobre Manola sufre un "sofocón" que require a intervención inmediata do persoal médico que vixiaba o evento (serían médic@s do Álvaro Cunqueiro?) A rapidez, a eficacia e o bo facer destes profesionais logran a recuperación milagreira da enferma:
E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
Podedes ver unha morea de fotos simpáticas facendo clic AQUÍ.
E estade atentos porque axiña teremos o VÍDEO!!!


ACTUALIZACIÓN:
Xa temos listo o vídeo da representación. Grazas, profe Vinca!!
Comentarios (5) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 05-02-2016 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentarios
1 Holaaaaaa que tal estais ?? Ibais todo#blgtk08#s muy guapos y guapas .
Besosss
É o que dixo Saray Posada (05-02-2016 20:37)
2 Ola, Saray!!! Sí que estaban todo#blgtk08#s moi guapos!!! Bicos ratunos!!!
É o que dixo MIK (06-02-2016 18:24)
3 Que ben nos quedou,non sou capaz de deixar de velo. #blgtk08# ¡¡ ENORABUENA!!!!!!!!!

A TODOS/TODAS
MUCHOS BESOSSSS
É o que dixo sonia 5º (09-02-2016 20:30)
4 Estou de acordo contigo,#blgtk08# Sonia. Quedou xenial!!!
É o que dixo MIK (09-02-2016 21:10)
5 Eu, a ser posible, lévome unha de rapantes(isto vai para Manola =D=D=D).
Xa q non estuve alí, mirei#blgtk08# a actuación polo vídeo, e todos o fixestes realmente xenial.
Parabéns!!!, e moitos bicos a todos.
É o que dixo Sofía Abalde (27-02-2016 21:26)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats