O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DA NOSA BIBLIOTECA: VIGO, UN MAR DE MÚSICA
FAN-TÁS-TI-CO!!!! Pois si, a festa de reapertura da nosa biblio resultou unha experiencia inesquecible. Alumnado e profesorado gozamos dunha xornada chea de actividades superdivertidas e moi emocionantes. Como todos os anos, o salón de actos convertiuse nun lugar cheo de maxia onde celebramos con enorme ilusión unha nova andaina ao abeiro da nosa querida biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre a nosa cidade, "Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo "ROCK EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.
Moitísimas grazas ao papá de Kepa e Igor, que sempre está disposto a axudarnos e que nos facilitou contar coa música do artista rockeiro Joao Tomba. Por suposto, agradecemos tamén a colaboración das familias que nos achegaron os instrumentos que necesitamos para a espléndida actuación da Banda do Pupas. E un enorme bico ratuno e unha agarimosa aperta do noso alumnado para AID, unha xenerosa rapeira viguesa que nos enviou o seu saúdo e as súas preciosas rimas desde Los Angeles (EEUU).
A continuación, unha pequena mostra do que aconteceu no día de hoxe, que foi moito e moi bo. Proximamente, vídeos e moitas fotos para lembrar un día marabilloso.
Ao longo da mañá, todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde atoparon varias exposicións: mesa de novidades (últimas adquisicións de libros e materiais para incorporar aos fondos da biblio), exposición temática (libros e materiais sobre Vigo) e exposición de traballos en 3D sobre Vigo (que completaban a exposición dos corredores da entrada, na que se poden admirar moitos recunchos de Vigo recreados pola imaxinación do alumnado e as súas familias). Despois do percorrido cada grupo recolleu as mochilas viaxeiras que mañá empezarán a circular polos fogares.




Ademáis, o alumnado de 1º de EP e o de nova incorporación ao centro recibiron o carné e a carpeta da biblioteca.






Antes de marchar aínda os agardaba unha magnífica sorpresa que emocionou a tod@s: a videomensaxe de AID que incluía un fermoso rap. Despois de escoitala atentamente, algúns animáronse a bailar:


Para rematar a visita dun xeito moi doce, tod@s recibiron una piruleta de parte de MIK:


QUE VOS PARECEU? GUSTOUVOS? Pois mañá contareivos máis cousas e traereivos todos os detalles da actuación musical de Joao Tomba e a súa banda. De momento, xa temos bastantes fotos AQUÍ e AQUÍ, pero iremos engadindo máis. ATA MAÑÁ!!! Moitos PARABÉNS a tod@s e moitos bicos ratunos!!!
Comentarios (4) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-10-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentarios
1 Mik,sabes que os alumnos/as do Mestres Goldar tiveron moitísima sorte en elexirte a ti como mascota da súa biblioteca!Ademáis dos libros chulísimos que tendes,a celebra#blgtk08#ción tan fashión-mega-guai-supercalifragilistica reapertura.Espero visitarte pronto para ver todo o que tendes exposto sobre Vigo.A túa amiga.Unha ratiña que te quere.
É o que dixo Ratiña. (23-10-2015 19:20)
2 Grazas, Ratiña!!! Eu tamén estou moi contento por pertenecer a esta fantástica comunidade do Mestres Goldar: fantásticos os nenos e nenas, as súas familias e, por suposto, os profes#blgtk08# e as profas que son os meus cómplices en todas as miñas argalladas. Un enorme bico ratuno para ti e para tod@s os que dalgún xeito, en persoa ou de corazón, estades sempre con nós.
É o que dixo MIK (24-10-2015 18:21)
3 Fantastica a Reapertura da biblioteca, ainda que non nos coñecemos moito Mik, gustame unha enchenta a entrega que pos coa axuda dos profes en#blgtk08# que se impliquen os nosos pequerrechos no maravilloso mundo da lectura.
Alegrome moito de pertencer a este gran cole.
Grazas
É o que dixo Monica Martinez (11-12-2015 22:23)
4 Moitas grazas, Mónica!!!! Eu tamén estou moi feliz#blgtk08# de pertencer a esta gran familia. Bicos ratunos!!
É o que dixo MIK (13-12-2015 14:57)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats