O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DESLUMBRADOS!! ENTROIDO 2015
"Deslumbrados" foi o título do espectáculo do entroido deste ano, e deslumbrados quedamos tod@s co bo facer e a "profesionalidade" do noso alumnado, desde os máis cativos ata os maiores. Como sempre, as familias acudiron á cita para gozar duns momentos agradables e moi entretidos. Os disfraces resultaron moi coloridos e orixinais e actores e actrices ofrecéronnos unha actuación digna dos óscar de Hollywood. Tal e como suxire o título, a obra xirou arredor do noso PDI sobre a luz. Así, tivemos uns piratas ladróns e uns electricistas chapuzas que provocaron unha enorme desfeita coa electricidade, polo que houbo que pedir axuda a romanos e superheroes. Menos mal que todo quedou arranxado grazas a uns ecolóxicos paneis solares.
Pero bueno, imos pouco a pouco:
Os nenos e nenas de segundo abriron a representación co "tren do entroido":


Despois chegaron uns terribles piratas que roubaron enchufes e cables:
Os donos da casa tiñan moito traballo e chamaron a unha limpiadora:

Pero tivo que pedir axuda a unha empresa de limpeza:
Foise a LUZ!!! Hai que chamar aos electricistas!!
Isto está moi complicado. É cousa de romanos!!!:
Ai, ai ai!! Un estourido!! Vaia chapuza!! Xa só quedan esqueletos e fantasmas!! Que desfeita!!
Hai que arranxar isto!! Chamen aos superheroes!!
Menos mal!! Xa temos solución: paneis solares!! Viva a enerxía limpa!!!
E así, recuperamos a luz e puidemos cantar e bailar e berramos ben alto: "QUE VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!"
Por certo, tamén houbo por alí uns personaxes ben raros, sabedes quen son?

E se queres ver moitas máis fotos requetechulas, preme AQUÍTamén teremos os vídeos moi pronto. ESTADE ATENT@S!!
Comentarios (9) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 13-02-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentarios
1 Paseino tan ben hoxe no entroido que creo que lle vou perdoar a Mik todas as trasnadas que me fixo estes días.
Como vou ir tocar á festa do queixo de Arzúa,voulle traer un queixiño sen petardo dentro.
Estivestes todo#blgtk08#s e todas moi, pero que moi ben.
Quedei moi contento de ver o que gozamos con esta festa.
Agora uns días para repoñer forzas.
Unha aperta, Mik. Xa podes saír do buraco, que prometo que non che fago nada malo.
É o que dixo Toniño (13-02-2015 21:28)
2 UFFFFFF!! Xa me estaba facendo vexetariano!! Nin probaba o queixo que tanto me gusta. #blgtk08#Bueno, pois alégrome de que che pasara o enfado. Xa somos amigos outra vez! Beeeeen!!!
É o que dixo MIK (13-02-2015 22:20)
3 pasamolo moi ben este ano, oxala mik siga facen#blgtk08#do mais trasnadas coma esta, q viva o carnaval.
É o que dixo estela e mama (14-02-2015 19:54)
4 Que ben o pasamos no Entroido. Toda a xente estivo de marabilla. Como había tanto electricista agora os veciños queren que arranx#blgtk08#emos os seus enchufes. Isto é un lío.
A comer moitas orellas e filloas estes días que ben o merecemos.
Saúdos Mik.
É o que dixo Antonio (15-02-2015 11:10)
5 PAsádeo ben e descansade moito!! Eu tamén vou aproveitar#blgtk08# para repoñer forzas. Moitos bicos ratunos para tod@s!!
É o que dixo MIK (15-02-2015 11:25)
6 Paseino xenial !!! o dia do entroido o fixemo#blgtk08#s perfecto.Nadie olvidouse do seu papael. :)
É o que dixo Sonia 4º (18-02-2015 20:53)
7 Paseino moi be#blgtk08#n no entroido
É o que dixo sara4° (22-02-2015 15:34)
8 Gustoume moito o carnabal pero o fallo ese da musica que#blgtk08# che caeron os papeles foi unha escusa tremenda e Toniño
É o que dixo Brais5º (26-02-2015 16:34)
9 Que ben o#blgtk08# pasamos!
É o que dixo Aurora M.L (23-12-2015 22:17)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats