O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O NOSO LUMINOSO DÍA DA PAZ
Hoxe, como en todos os centros escolares, celebramos o DÍA DA PAZ e a Non Violencia. Foi un acto sinxelo pero moi emotivo e cheo de fondos desexos de PAZ e XUSTIZA. Todo o alumnado levaba días traballando arredor desta data e cada grupo expresou dun xeito ben artístico e orixinal as súas reivindicacións. Así temos ao alumnado de E. Infantil, que non esqueceu o tema do noso proxecto documental para manifestar os seus desexos luminosos:
Eles mesmos, en colaboración cos nenos e nenas de quinto e sexto, elaboraron un mandala da luz, onde se recollen preciosas e impactantes imaxes de escolas sen luz, frases e persoeiros que traballaron a prol da mellora das condicións de vida en moitos lugares desfavorecidos:

Unha churrusqueira pombiña luminosa foi o traballo dos nenos e nenas de terceiro e cuarto, xunto coas súas pegatinas con corazón:
E, por suposto, tamén o alumnado de primeiro e segundo fixo o seu fermoso mural:
E aínda máis:
Satisfeit@s co traballo feito, fomos tod@s ao ximnasio, xa que o tempo non nos permitiu saír ao patio. Alí escoitamos o precioso e brillante Manifesto que preparou o alumnado de sexto e, despois, facendo grandes roldas, bailamos xunt@s ao son da Carrasquiña:
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats