|
|
|
CRÓNICA DUN DÍA MOI ESPECIAL: O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA |
|
IM-PRE-SIO-NAN-TE!!! Hoxe, por fin, a biblioteca do centro reabriu as súas portas para toda a comunidade educativa, cun "menú" de propostas que nos gustaron moitísimo. Todos agardabamos con impaciencia este día e abofé que non decepcionou a ninguén. De primeiro plato, cada grupo/clase visitou a biblioteca onde atoparon un "kiosko" moi especial e onde "saborearon" diferentes actividades: lembraron as normas de uso, leron un conto, viron un vídeo, examinaron as dúas exposicións (temática e de novidades) e, por suposto!, recolleron os estupendos agasallos de MIK.
Alí estaban as carpetas da biblioteca para os nenos e nenas de primeiro, xunto cos seus carnés de usuari@s, as mochilas viaxeiras, repletas de fantásticas lecturas, e unha "amorosa" lambetada preparada polo noso "Arguiñano" particular.
De plato forte tivemos unha espléndida actuación musical a cargo de dúas profesionais con moitísimo talento: Bea e Begoña Riobó, nai e tías de alumnos do centro, que nos entusiasmaron co seu bo facer, achegándonos ao mundo do "bel canto", mostrándonos o seu virtuosismo e encantándonos coas súas explicacións sobre os distintos instrumentos que utilizaron: violín, zanfona, flauta, arpa e gaita. Foi durante a súa interpretación de música galega cando subiu ao escenario unha "espontánea" de cinco anos que nos encandilou co seu baile. O público, sorprendido ao principio por un tipo de canción pouco afeito a escoitar, non paraba de aplaudir.
E xa de sobremesa, paseamos polos corredores para disfrutar dos magníficos traballos elaborados en familia para este día. Rematou a mañá coa ledicia de ter vivido uns momentos moi emocionantes e marchamos para as nosas casas cun saboroso regusto e moi satisfeitos polo exquisito "banquete" que compartimos un ano máis.
Queremos agradecer moi especialmente a xenerosidade de Bea e Begoña por ternos ofrecido unha velada tan fantástica. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Podedes ver o álbum con todas as fotos deste día AQUÍ.
Permanecede atent@s porque proximamente traeremos os vídeos da actuación musical para que toda a comunidade poida gozar duns momentos tan especiais. |
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
¡Qué actividad tan bien #blgtk08#preparada!¡¡Enhorabuena! |
|
|
É o que dixo Isabel (24-10-2013 18:49) |
|
|
2 |
¡Muchas gracias! La verdad es que hemos disfrutado de un día fantástico. Lo hemos h#blgtk08#echo con mucha ilusión y los resultados nos has satisfecho mucho.
Un abrazo. |
|
|
É o que dixo Julia (24-10-2013 21:23) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|