O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MARÍA FUMAÇA
Hoxe tivo lugar na Casa do Libro, en Vigo, a presentación do libro-disco ?María Fumaça?, editado por Galaxia na colección Sonárbore, con ilustracións de P. Pastor. Foi Uxía Senlle a que nos falou deste proxecto como unha homenaxe á alegría de vivir que xiraba arredor de Ruí, un neno con discapacidade que non lle impide gozar da música, do baile, da festa e dos amigos. Detrás deste fermosísimo traballo hai moitos músicos que, engaiolados pola idea, quixeron contribuír co seu talento: Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, a familia Senlle e o propio Ruí. Algúns afortunados alumnos e alumnas do noso centro tiveron a oportunidade de participar na creación deste álbum da man de Ana Senlle quen, naquel momento, traballaba no noso cole (grazas, Ana).
Cando rematou o acto quedoume un doce sabor de boca pois alí descubriuse un excelente traballo, realizado na nosa lingua, ao que lle auguro moito éxito entre grandes e pequenos, polo que vos recomendo vivamente que o teñades en conta para o Nadal ou para calquera ocasión na que queirades facer un agasallo. Como se pode ver na cuberta, María Fumaça é un tren moi festeiro que nos levará por diferentes países e tipos de música, desde a samba ata o rockandroll. O libro ven acompañado cun CD e cun DVD con karaoke. Por suposto, a nosa biblioteca xa conta cun exemplar para que empecedes a gozar cantando e bailando, pois é sabido que a música e o baile fainos a tod@s máis felices. Queres probar un bocadiño?? Pois aí che vai "FUN AO MERCADO":





Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 21-10-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentarios
1 Non puiden ir pero co meu pensamento estaba, eu tamén recomendo este ferm#blgtk08#osísimo traballo!! Noraboa para todas as persoas que participaron!! Bicos
É o que dixo Luisa (25-10-2012 21:33)
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0