O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

UN DÍA MOI ESPECIAL...
POR FIN CHEGOU O DÍA!! Hoxe tivo lugar a reapertura da biblioteca do noso centro ao tempo que celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Foi un día moi especial onde tod@s disfrutamos un montón entre libros e música.
Eu, moi contento e algo nervioso, agardaba na biblioteca a visita dos grupos de alumnado. Pouco a pouco foron chegando, moi organizados e moi formales, coa emoción de estar de novo na biblioteca para moit@s, e a ilusión e a sorpresa para os máis pequenos, que entraban nela por primeira vez. Houbo de todo: contos, exposición temática sobre a auga e outra de novidades, repaso de normas, entrega de carnés e carpetas... Daba gusto ver as caras de satisfacción ao recoller os agasallos que eu lles tiña preparados con todo o cariño. Agardo que este día tan especial vos resultara divertido e que vos gustara tanto como a min. Pero bueno, mellor que as palabras son as imaxes, así que aquí tendes a reportaxe fotográfica:
Así lucía a nosa biblioteca momentos antes de que chegaran os nenos e nenas:

(VER ÁLBUM)
Os nenos e nenas de EI de tres anos portáronse de marabilla e estiveron moi atentos ao conto que Pinguiña lles deixou:
( VER ÁLBUM )
E tamén os de catro e cinco anos se portaron ben: escoitaron o conto, miraron os libros novos, recolleron as súas bolsas...
( VER ÁLBUM )
A continuación chegaron os nen@s de 1º de EP, que recibiron o seu carné e as súas carpetas:
( VER ÁLBUM )
E aquí están os de 2º de EP:
( VER ÁLBUM )
E os de terceiro, que repasaron as normas e recolleron as súas mochilas viaxeiras:
( VER ÁLBUM )
Aos de cuarto encantoulles a exposición de novidades e xa querían levar en préstamo o que alí había:
( VER ÁLBUM )
E, por último, chegaron os nenos e nenas do terceiro ciclo:
( VER ÁLBUM )
Ao rematar a visita tod@s recibiron unha piruleta e un parcapáxinas. Despois pasearon polos corredores para ver a exposición de traballos sobre o lema da biblioteca feitos en colaboración coas súas familias.
Pero a cousa non quedou aí. Tivemos a sorte de gozar coa actuación de Tato López e Mª Ángeles Iglesias, que nos deleitaron coas súas cancións, movéndonos ao ritmo da música e mesmo, os máis atrevid@s, subiron ao escenario a cantar... Aplaudimos a rabear e coreamos sen parar "outra, outra"... En resumo, saímos felices e ben enchoupados de boa música. GRAZAS, TATO E ÁNGELES!! Por certo, próximamente presentarán en Vigo o seu espectáculo "Tacones en la cuerda"
( VER ÁLBUM )

Que vos pareceu a reportaxe deste día tan fantástico?? Espero que lla ensinedes aos vosos papás e mamás que non puideron gozalo "en directo". Moitos bicos ratunos e... AGÁRDOVOS NA BIBLIO!! 





Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-10-2012 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats