O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FALLADOS OS PREMIOS XERAIS E MERLIN 2012
Asistir onte como testemuña da entrega dos Premios Xerais e
Merlín
foi un fermoso agasallo que quero agradecer unha vez máis, agora desde este humilde recuncho, a Manuel, Celia, Helena..., a toda esa xente que, sen perder nin un ápice de ilusión a pesares das funestas circunstancias que nos envolven, organizan cada ano unha magnífica homenaxe á nosa lingua e á nosa literatura, nas figuras dos escritores e escritoras que a fan grande, útil, fermosa, imprescindible...
Todo o que ocorreu na Illa de San Simón converteu o día de onte nunha velada inesquecible. Inesquecible polo magnífico discurso de Marilar Aleixandre, que nos fixo vibrar con cada unha das súas ?ardentes? palabras, reivindicando unha literatura que trabe no lector, que queime na alma, que nos sacuda violentamente as entrañas... Inesquecible pola emoción incontida de Marcos Calveiro, gañador do Merlín con "Palabras de auga", que brindou fermosas palabras de amor e agradecemento pero tamén de rabia ante a penosa situación do ensino público. Inesquecible por sentirnos inundados por Celso Emilio Ferreiro na voz de Xurxo Souto que, acompañado do seu acordeón, espallou sobre todos nós os versos atemporais de ?Como un irmau che falo?...
Inesquecible polo sereno optimismo de Manuel Bragado, quen aínda que ?coñeceu tempos mellores?, transmitiu con entusiasmo novos e ilusionantes proxectos nos que se embarca incluso con forte marexada de fondo...
Inesquecible pola sorpresa do Premio Xerais, "Tonas de Laranxa", unha novela escrita por pai e filla, Manuel e María Lourenzo, ?a catro mans?, que promete boa literatura, da que ?queima?, da que estás desexando que caia nas túas mans...
Inesquecible pola chuvia, que fixo que todos estivesemos máis preto uns dos outros, que nos rozásemos coa complicidade de estar compartindo inquedanzas, sentimentos e esperanzas comúns... Inesquecible pola néboa, que non foi quen de ocultar os sorrisos dos que regresabamos a San Adrián coa faísca prendida no corazón dos que confían nas ?mil primaveras máis ? para a nosa lingua.




Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 10-06-2012 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0