|
|
|
PREMIOS XERAIS: UNHA XORNADA INESQUECIBLE |
|
Son moitas as satisfaccións que, dun xeito ou doutro, me teñen dado os libros e sempre me considerei deudora impenitente e irredenta das persoas que fan posible que chegue ás nosas mans a testemuña do talento, do pensamento, da historia, da cultura... É por iso que me sinto tan honrada por ter formado parte do xurado dos Premios Merlín deste ano, ao carón de persoas de recoñecido prestixio profesional e de grande calidade humana: Gracia Sanctorum, Ángeles Roca, Rodrigo Chao, Antonio Reigosa e Helena Pérez.
Na illa de San Simón, un escenario incomparable pola súa fermosura e polo seu simbolismo, tivo lugar o emotivo acto da entrega de premios, coas intervencións dos gañadores: Anxo Fariña, Héctor Carré e Xavier Queipo polas obras A chave da Atlántida, Febre e Extramunde, respectivamente.
Foi todo un pracer escoitar a María Xosé Queizán, quen actuou como mantedora literaria cun espléndido discurso titulado "Escribir en nome propio".
Non podo deixar de mencionar a Leo Arremecaghona, que amenizou a velada cun espectáculo nada convencional, cun humor cargado de chiscadelas á nosa idiosincrasia, humor do noso, con dobres sentidos e cheo de reivindicacións, co que engaiolou ao auditorio.
Rematou o acto Manuel Bragado cunha breve e atinada intervención na que fixo unha lembranza de Juan Farias, escritor galego falecido recentemente, e solicitou das administracións públicas un maior apoio ao sector do libro e unha clara e decidida aposta pola nosa lingua.
Os meus parabéns aos galardoados e, por suposto, a Xerais pola impecable organización deste evento.
Atoparedes máis información deste acto no blog de Xerais e en Trafegando Ronseis. |
Héctor Carré, Xabier Queipo e Anxo Fariña. |
FOTOGALERÍA
PREMIOS XERAIS 2011 NOS MEDIOS
|
|
|
|
2 Comentarios |
|
1 |
Mmmm Quedo con iso da calidade humana, porque o do prestixio profesional #blgtk08#non o vexo moi claro, querida compañeira. Grazas por todo, foi un pracer |
|
|
É o que dixo Gracia Santorum (12-06-2011 22:22) |
|
|
2 |
O pracer foi meu, e ben grande. Encantoume coñecervos e compartir con vós momentos#blgtk08# irrepetibles nos que, ademáis do traballo, non faltaron as risas.
Apertas |
|
|
É o que dixo JULIA (12-06-2011 22:48) |
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|