O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MELCHOR, GASPAR E BALTASAR
Hoxe é un dos días máis agardados por nenos, nenas e polos que xa non o son tanto. Por fin, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as nosas casas. Esperemos que nas súas carrozas traian moreas de marabillosos libros para todos.
Para despedirnos destes personaxes tan queridos pola rapazada déixovos unhas preciosas e orixinais ilustracións de diferentes autores, recollidas en Pinzellades al món. PARA DISFRUTAR:







Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 06-01-2010 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
¡XA VEÑEN OS REIS!

Xa se acerca o día da ilusión. Nenos e grandes agardan impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas as SSMM de Oriente. Pero, ¿coñeces a historia dos Reis Magos? Nesta páxina atoparás todo o que queres saber e, ademáis, tamén podes escribir a túa carta online. AQUÍ tes a páxina dos Reis Magos con xogos, concursos, panxoliñas, contos, manualidades...
¿Queres ver a cabalgata? Pincha na imaxe de abaixo:


(Recollido en Bibliotics)
Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 02-01-2010 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
PARA TOD@S


Comentarios (8) - Sección: Nadal - Publicado o 31-12-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL NADAL 09

O 22 de decembro celebrouse no cole o festival de nadal. O alumnado do centro participou nunha representación colectiva baseada no conto de Chema Heras Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis.
Como ven sendo habitual, o evento foi organizado e dirixido polo profe Toniño, que novamente fixo gala do seu bo facer ofrecéndonos un estupendo espectáculo, orixinal e divertido. As familias asistiron á representación e participaron aportando o aguinaldo que reclamaban os peques do cole. Como remate do acto chegou Papá Noel con agasallos para todos os nenos e nenas, que recibiron cadanseu libro.
Moitos parabéns ao alumnado, que demostrou unha vez máis que o escenario non ten segredos para os nosos artistas. E moitas, moitísimas grazas ás familias pola súa colaboración e pola súa asistencia.



Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 27-12-2009 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
DECORACIÓN NAVIDEÑA

Está demostrado!! As familias do noso alumnado son auténticas artistas, como podemos comprobar cada vez que solicitamos a súa colaboración. Todos os anos realizamos unha actividade que denominamos "Traballo o Nadal coa miña familia" na que participa alumnado e familias decorando un motivo navideño, para o que poden empregar todo tipo de materiais. Novamente quedou patente a creatividade e orixinalidade así como a implicación e o interés das familias nas propostas do centro.
MOITAS GRAZAS A TODOS!!





VER TODOS OS TRABALLOS


Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 26-12-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEIRO REAL
O día 17 de decembro recibimos unha visita moi especial. O CARTEIRO REAL chegou ao cole para recoller "os pedidos" dos nenos e nenas, que agardaban impacientes coas súas cartas. Falamos, contamos e, para rematar, cantamos... Pasámolo xenial e agora xa só queda que as Súas Maxestades teñan a ben traernos todos os encargos.
GRAZAS, CARTEIRO, E ATA O PRÓXIMO ANO!!!



Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 25-12-2009 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL

Ilustración de Rachelle Anne Miller


DENDE "O RECANTO DE MIK" DESEXAMOS A TODOS UN BO NADAL E UN ESPLÉNDIDO ANINOVO

E para que o sorriso vos acompañe, aquí vos deixo este coro de anxos interpretando maxistralmente Duetto buffo para dos gatos de Gioacchino Rossini. Só nos queda dicir ¡¡MIAU!!

Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 24-12-2009 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
UN NADAL DE LIBROS

TAMÉN PODES DESCARGAR ESTAS RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Comentarios (8) - Sección: Nadal - Publicado o 19-12-2009 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats