O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MAGOSTO 2016
Aínda que o tempo non axudou, a festa do magosto resultou moi animada e superdivertida. Os preparativos comezaron días antes elaborando colares, coroas e cestiños para as castañas. O alumnado estivo moi creativo:
Alumnado de 5º de EI
Os nenos e nenas de 5º de EP encargáronse de facer uns preciosos cartaces para empregar durante os xogos:

O ximnasio do centro foi o campo de xogos onde tod@s gozaron pasando polas distintas "estacións" con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos tiña preparadas Alfonso, o noso querido conserxe. Queremos dar as GRAZAS e unha agarimosa aperta á profe MARILUZ e ao profe VICENTE, sempre dispostos a brindarnos a súa axuda.


Podedes ver máis fotos na páxina web do centro ( Actividades- Galería) e nos blogs de aula "O curruncho do primeiro ciclo" e "Mi aula".
Moitos bicos ratunos e ATA O PRÓXIMO ANO!!!
MIK

Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 04-11-2016 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2015
Que ben o pasamos hoxe!!! Despois de ter que aplazar a celebración do magosto, por fin
puidemos gozar dunha festa estupenda na que houbo moitas castañas, e non só para comer, xa que as castañas foron as protagonistas de todos os xogos que fixemos: "A castaña sorpresa", "Castañas no camiño", "Castañada", "Tragacastañas" "Carreiras de culler con castaña", Carreira de sacos de castañas"... Houbo quen logrou completar todos os xogos e outros conseguiron récors de velocidade. A verdade é que sodes moi habilidosos!!!
Pero, claro, mentres nós estabamos rindo e xogando, Alfonso, coa axuda de dous convidados moi especiais, prepararon a fogueira e asaron as castañas como os grandes chefs: estaban boíiiiiisimas!!!

Os nenos, nenas e profes estaban na zona de xogos, aproveitando ben o tempo nos xogos e facendo sitio na barriga:
Despois todo o alumnado, EI e EP xuntámonos para cantar "O rap das castañas" e bailar o "Baile da castañeira":
E, para finalizar, unha enchenta de riquísimas castañas asadas!!!
Por suposto, non podía faltar a "maquillaxe":
FOI UN DÍA XENIAL!!!!Queremos dar as grazas e unha agarimosa aperta a Alfonso, Vicente e Mariluz por ser tan estupendos cociñeiros. Moitos parabéns ao profe Toniño e á profe Vinca pola perfecta organización, e a todos os profes e profas pola súa colaboración e entusiasmo na dirección dos distintos xogos. E, por suposto, a todas as familias que, como sempre, nos axudaron coa achega de castañas e leña.HAI MOITÍSIMAS FOTOS MOI CHULAS E SIMPÁTICAS AQUÍ.  Nos próximos días iremos subindo máis, só tes que estar atento e seguro que atoparás as túas!!
Comentarios (1) - Sección: O Magosto - Publicado o 10-11-2015 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE MAGOSTO
O vindeiro venres, día 6 de novembro, se o tempo nolo permite, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas e, ademáis, o alumnado de 5º de EP inventou un rap que cantaremos e bailaremos ese día. Será moi divertido!!! Se queredes ver os artísticos cestiños que prepararon noutros anos premede aquí ou aquí.
Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 02-11-2015 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2013
O día 29 de outubro celebramos o MAGOSTO no cole. Pasámolo requetebén!! Primeiro baixamos ao patio cos nosos preciosos CESTIÑOS preparados para enchelos de castañas:
Mentres Alfonso asaba as castañas...,
os nenos e nenas divertíronse xogando a moitos xogos tradicionais:
Cantamos e bailamos ...
"Maquillámonos..."
E, por suposto, comemos castañas a fartar!!!
Convidamos ás familias a acompañarnos no "banquete" de castañas e agradecémoslle moito que quixeran acompañarnos unha vez máis nun día tan divertido. GRAZAS A TOD@S!!
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ ou na presentación de abaixo:

MOITAS GRAZAS E... ATA O ANO QUE VEN!!!
Comentarios (4) - Sección: O Magosto - Publicado o 02-11-2013 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO
Menuda festa tivemos hoxe no cole para celebrar o magosto!!
Primeiro, preparamos os cestiños, que nos quedaron chulísimos!!:

Despois fixemos obradoiro de maquillaxe:
A continuación, xogos e máis xogos, música e baile
E por último, UNHA PANZADA DE CASTAÑAS!!
E, por suposto fixemos mogollón de fotos:As do 1º ciclo, AQUÍ:
Para ver as do 2º ciclo preme AQUÍ:
MAGOSTO1213
Se queres ver máis podes visitar a galería da páxina web do cole.


Comentarios (2) - Sección: O Magosto - Publicado o 30-10-2012 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE MAGOSTO
Como tamén andamos a voltas co MAGOSTO, déixovos aquí algunhas propostas de actividades para ir meténdonos na festa. No panel lateral atoparedes a ligazón a moitos máis recursos e AQUÍ veredes as actividades que levamos feito en cursos pasados arredor desta celebración.
RECURSOS E ACTIVIDADES:

O MAGOSTO NA ESCOLA (do colectivo Ollo de Sapo):
ACTIVIDADES LIM PARA 2º E 3º CICLO (Ana Martínez Rey):
ACTIVIDADES LIM SOBRE A CASTAÑEIRA, de Ana Martínez Rey:
OUTRO SOBRE O CONTO "A castaña que rebentou de risa", da mesma autora:
CELEBRAMOS O MAGOSTO:
Bicos ratunos e un pouquiño "chamuscados",


Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 24-10-2012 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
CASTAÑAS REFRANEIRAS
Así de falangueiras e posmodernas nos saíron algunhas castañas que chegaron para o magosto do noso centro:


¿Queres saber como viñeron parar aquí? Entérate de todo en Ti tamén contas

Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 09-11-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2010
¡Que ben o pasamos o venres na nosa festa do magosto! Nenos e nenas, profes e algunhas familias xuntámonos para celebrar a festa das castañas. Xogamos moito, rimos, cantamos e comemos a fartar.
Gracias a Alfonso, o noso conserxe, que se encargou da fogueira e de asar as castañas que, por certo, estaban riquísimas, no seu punto. Gracias tamén ás familias polas súas achegas e a todas as persoas que quixeron acompañarnos neste día tan especial no que ata o sol brillou espléndido, facendo do venres unha xornada perfecta.
Axiña vos traerei a reportaxe fotográfica. Polo de agora déixovos as seguintes actividades, que son moi divertidas, para que demostredes todo o que sabedes sobre a castaña e o magosto:


Se premes no cucurucho de castañas poderás ver as fotos dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria, un aperitivo mentres agardamos que nos cheguen todas as demáis.

Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 07-11-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO O MAGOSTO

O vindeiro venres, día 5 de novembro, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas... Estade atentos porque ireivos contando o que fan estes pequenos artistas. De momento déixovos aquí un "aperitivo" para ir facendo boca (preme nas imaxes para facelas máis grandes):






E aquí tendes unha canción moi chula para cantar mentres se asan as castañas:


Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 03-11-2010 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SABER MÁIS?

E agora, como "postre", anímate a realizar esta webquest sobre o MAGOSTO, elaborada no Ceip Pombal. Seguro que aínda aprenderás máis cousas!! (Preme na imaxe das castañas)



Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 12-11-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats