O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TEMPO DE SAMAÍN
Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acheguen a ti.

Lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso.
Ademáis da nosa recompilación sobre o Samaín (panel lateral), tamén sacaredes algunhas ideas revisando as 
entradas doutros anos.
Se che interesa coñecer o programa de actividades que ofrece o Concello de Vigo para este samaín, preme na imaxe de abaixo
.

http://snl.vigo.org/archivos/noticias/20161021144402c88c251fec7f413c808d8fcd45e6677a.pdf
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 27-10-2016 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
XA CHEGA O SAMAÍN!!!
Aínda andamos co regusto da festa de reapertura da biblioteca no DíA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e xa andamos metidos na celebración do OUTONO do SAMAÍN e do MAGOSTO.
Como sabedes, podedes acudir á nosa recompilación de recursos clicando abaixo e nas imaxes que aparecen no panel lateral:

https://sites.google.com/site/outonomagosto/home

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=3919

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227
Tamén nos chegan interesantes propostas desde os blogues Ghafos e Campolongoteca:
http://ghafos.blogspot.com.es/search/label/Sama%C3%ADn
http://campolongoteca.blogspot.com.es/2015/10/material-para-traballar-no-samain.html

Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 26-10-2015 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
NOVOS RECURSOS PARA O SAMAÍN
PARA FACER CAVEIRAS CON CABAZAS:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.720053444744333.1073741911.158627007553649&type=1
PARA FACER AS CABAZAS MÁIS TERRORÍFICAS:
FACENDO MANDALAS CON ELEMENTOS NATURAIS:
http://krokotak.com/2014/10/autumn-mandalas/
PARA DECORAR A AULA:
E, POR SUPOSTO, A NOSA HABITUAL PÁXINA DE RECURSOS:
https://sites.google.com/site/samainrecursos/
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 28-10-2014 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
CINE PARA O SAMAÍN: A BRUXA REGAÑADENTES

Podes velo en pantalla completa se premes no cadradiño de abaixo, á dereita.
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 19-10-2013 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
AÍ VEN O SAMAÍN!!
Como xa está cerquiña o Samaín, lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso. Ademáis da nosa recompilación sobre o Samaín, podedes consultar a selección da biblioteca do Ceip Víctor Sáenz de Mazaricos, ou se o preferides, nesta páxina (BIBLIOCOLE) atoparedes ambas listaxes. Tamén sacaredes algunhas ideas revisando as entradas doutros anos.



Bicos ratunos e moi, moi, terroríficooooos!!




Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 24-10-2012 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
MARCAPÁXINAS MONSTROSO
Non sabedes que facer nun día chuvioso e sen cole como o de hoxe? Aquí tendes unha idea: facede un marcapáxinas monstroso seguindo as instrucións que se explican AQUÍ e despois... a LER!!


Comentarios (3) - Sección: Samaín - Publicado o 31-10-2011 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO DO SAMAÍN
E despois de bailar podemos descansar un pouco con este xogo de preguntas sobre o SAMAÍN. Poderás facer o puzzle para gañar o xogo? Preme na imaxe para comezar:


Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 18-10-2011 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
BAILAMOS UN ROCK?
Mentras Mik anda nas súas cousas, podemos ir ensaiando este baile tan divertido que atopei aquí para escorrentar o medo na noite do Samaín.

Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 16-10-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
¡BULE, BULE, QUE VEN O SAMAÍN!
¡Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acerquen a ti.




(A letra da canción está AQUÍ)

Comentarios (4) - Sección: Samaín - Publicado o 26-10-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
PARA SER BRUXA...

No blog da biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey atopei esta simpática poesía que nos dá a receita para ser unha bruxa moi bruxa. Eu xa a aprendín. Déixocha aquí para que ti fagas o mesmo (pode ser que precisemos facernos bruxas nalgunha ocasión, quen o sabe? )

PARA SER BRUXA TERRIBLE
(ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible ( poñer voz misteriosa)

Ser unha bruxa malvada
e nunca lavarse a cara.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

É ser perversa e malvada
odiar moito a calquera fada
por ridícula e empalagosa,
sempre vestida de rosa!

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter o naris encarnado
longo e cunha gran verruga.
e ser máis fea que Picio,
pois o precisa o oficio!!

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter fétido o alento,
moi negra a dentadura
e levar cuberto o corpo
cunha gran túnica escura.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter un sorriso horroroso,
a pel áspera e verdosa,
cara de astuta e bribona
e os pelos coma os da fregona.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Non moverse nunca a pé
sacarse pronto o carné
viaxar a todas horas
en vasoiras voadoras.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Importante o capirucho
con forma de cucurucho
e por cara de enfadada
para parecer moi mala.

E xa para rematar
requisito imprescindible será?
pasalo estupendamente
chinchando moito á xente!!!


Comentarios (1) - Sección: Samaín - Publicado o 01-11-2009 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats