O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PRECIOSO AGASALLO DO ALUMNADO DA PROMOCIÓN 2008/2017 AO CENTRO MESTRES GOLDAR
Xa podemos gozar do precioso agasallo colectivo que fixo a promoción de SEXTO ao cole que os acompañou e guiou durante os seus primeiros nove anos de vida escolar. Coa dirección de Begoña, despois de varias horas de traballo, conseguiron deixar a súa colorida pegada para o deleite dos nenos e nenas que quedan no cole e doutros que chegarán despois. Para sempre teremos a lembranza do seu paso polo MESTRES GOLDAR. MOITAS GRAZAS!! O proceso foi longo e laborioso pero MOI DIVERTIDO
O resultado final, FANTÁSTICO!!!
Grazas á web da pintora podemos ver o interesante proceso, desde os bocetos ata o resultado final. Clic AQUÍ para acceder á súa páxina
Queridos nenos e nenas, para sempre nas nosas lembranzas e nos nosos corazóns. MOITA SORTE!!!
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 01-07-2017 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
FELIZ VERÁN 2017!!!
O ratiño MIK e o claustro de profesores do Ceip Mestres Goldar desexamos a toda a comunidade educativa unhas moi felices vacacións.
Unha aperta especial e moi agarimosa para a promoción de sexto, que se despide este ano do noso cole. Agardamos que lembredes con cariño o voso paso polo Mestres Goldar e confiamos en que a nova andaina que ides emprender estea ateigada de éxitos, tanto no aspecto académico como no persoal. Queridos nenos e nenas, ATA SEMPRE!!

E, por suposto, un bico enorme para a nosa querida MARISÉ. GRAZAS por todo, COMPAÑEIRA!!!
BO VERÁN E FELICES LECTURAS!!!


Se queredes ver un resumo do curso 16/17, clic nas seguintes ligazóns:

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 25-06-2017 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO ESCOLAR: VISITAMOS O CEIP LOPE DE VEGA
Como sabedes, desde hai varios cursos participamos nas XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR patrocinadas polo Concello de Vigo e organizadas e coordinadas pola Escola Municipal de Teatro. Coa obra "Por culpa dun Pokemon", os nosos fantásticos actores e actrices acudiron ao Ceip Lope de Vega onde nos acolleron con moita ilusión e agarimo. Despois do espectáculo agasalláronnos cunha riquísima merendola. Moitísimas GRAZAS pola vosa acollida e polos vosos aplausos.

Para ver as fotos, clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 01-05-2017 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
ALMORZO CON BEIZOS BRANCOS
O alumnado de terceiro e cuarto de primaria participou esta mañá na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Obra Social “La Caixa”, que ten por obxectivo difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares de Galicia. A actividade incluíu unha charla didáctica sobre alimentación, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.
A mensaxe que se quere trasladar tanto aos nenos e nenas como ás súas familias afonda na importancia que ten o almorzo no rendemento físico e académico dos escolares. Tal e como explicou María Fernández, a dietista que impartiu a charla, é fundamental ter en conta os valores nutricionais desta primeira comida do día, recomendando incluír nela as froitas de tempada e os produtos lácteos e evitar alimentos procesados industrialmente que achegan un exceso de azucres pouco beneficiosos para a saúde.
Para ilustrar a charla educativa, repartíronse almorzos equilibrados compostos por pan con aceite de oliva, mandarina e leite adozada con cacao puro e mel. Ademais, os nenos e nenas aprenderon o proceso do leite, desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus fogares.


Por certo, unha chuscada: a TVG grabou a actividade!! Agardamos ver axiña a reportaxe e saír tan guap@s como os nen@s que aparecen AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 11-11-2016 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
ÁNIMO, PROFES!!!
Hoxe imos botarlle una man aos profes e profas que andan atarefadísimos preparando horarios, organizando as aulas e elaborando programacións. Non hai quen os aguante, COITADIÑOS!!!
Nun dos meus paseos virtuais atopei esta presentación que deixo aquí por se lles serve de axuda. ÁNIMO, PROFES!!!



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 14-09-2015 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
APRÉNDEO!!
Olaaaa!!! Xa vos dixen que axiña voltaría para contarvos cousas!! Pois hoxe traiovos unha pistiña para que vaiades dándolle ás neuronas e adiviñedes cal será o tema co que traballaremos e nos divertiremos este curso. Abaixo tendes un vídeo chulísimo de AID, unha rapeira viguesa que está triunfando aquí e por toda España. Se prestades atención ao que vos acabo de dicir atoparedes as pistas e, como ben sei que sodes moi, pero que moi list@s, seguro que non tardades nadiña en dar coa solución.
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 13-09-2015 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S AO CURSO 2015/2016
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e hoxe comezamos un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de Profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2015/2016. Seguro que xa estabades desexando atoparvos cos compañeir@s e compartir con eles todo o que fixestes este verán, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos impaciente na biblioteca pois ando cavilando nalgunhas cousas vos van encantar. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2015/2016!!


Déixovos a imaxe do calendario escolar deste curso que nos facilita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingúística:
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 10-09-2015 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO: INTERCAMBIO CO CEIP O POMBAL
Dentro do programa de Teatro Interescolar tivemos a oportunidade de gozar compartindo representacións e compaña co Ceip O Pombal. Como de costume, primeiro recibimos no noso cole aos nenos e nenas do Pombal que, co seu bo facer, encheron o escenario de arte e guiáronnos nun fermoso percorrido polo museo do Prado. O venres pasado acudimos nós áo seu centro. Foron uns momentos moi agradables e divertidos. MOITAS GRAZAS A TOD@S, nenos, nenas e profes, pola agarimosa acollida que nos ofreceron.

Todas as fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 27-05-2015 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO ESCOLAR: INTERCAMBIO CO CEIP SEIS DO NADAL
Como xa sabedes, o noso cole é un dos participantes nas Xornadas de Teatro Interescolar polo que esta semana está resultando moi teatral, chea de experiencias enriquecedoras que poñen de manifesto o bo facer do noso alumnado, non só como actores e actrices senón tamén como excelentes anfitrións dos nenos e nenas que nos visitan doutros centros.
A semana pasada, un estupendo grupo de teatro do Seis do Nadal representou no Mestres Goldar a obra "Os antollos de Margarida" polo que o martes, día 19, tocábanos a nós acudir ao seu centro para ofrecerlles a nosa obra "Deslumbrados" e... deslumbrados quedamos coa magnífica acollida que nos brindaron!! Desde aquí queremos enviarlles o noso agradecemento polo seu agarimo, polos seus aplausos e polos preciosos agasallos. Foi una estupenda xornada que non esqueceremos. MOITAS GRAZAS!!!

Para ver todas as fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 21-05-2015 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE TEATRO
O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar nas que participa o noso centro coa obra Deslumbrados, dirixida por Antón López e interpretada polo alumnado de terceiro, cuarto e sexto de E. Primaria, coa colaboración de varias mamás pertencentes á ANPA.
Pero non só acudimos como actores e actrices senón como público atento e respectuoso, como demostraron os nenos e nenas de primeiro e segundo de EP, que asistiron á primeira das sesión deste evento, o martes desta semana.

Despois de ver o espectáculo, aproveitaron para pasear e merendar no monte do Castro:
O xoves, día 7, o noso centro foi un dos catro colexios que representaron magníficamente a súa obra teatral. Despois presenciaron a actuación do resto dos coles:
PARABÉNS A TOD@S!!
Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ

Tamén podedes ver a crónica do primeiro ciclo no seu blog de aula O curruncho do primeiro ciclo
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 08-05-2015 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats