O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

COMO LER MÁIS NO 2015
A través da publicación dixital http://elpais.com/,o artista Austin Kleon publica unha táboa de consellos que toman a lectura como unha especie de fitness mental.
Coa autoridade que lle outorga acadar a cifra de sete decenas de libros, estes son os seus sete consellos (algúns algo dubidosos) para os que se prometeron ler máis no 2015:
1.- Lanza o teu móbil ao océano (ou pono en Modo Avión).
2.- Leva un libro enriba en todo momento.
3.- Ten outro libro listo antes de rematar o que estás a ler. Fai unha pila cos libros que lerás ou cárgaos no eReader.
4.- Se non estás a gozar dun libro, ou aprende moito del, abandónao inmediatamente.
5.- Programa unha hora de lectura de non ficción ao día (a hora do xantar ou calquera anaco morto servirán).
6.- Vai á cama unha hora antes e le ficción (axudarache a durmir).
7.- Publica nalgún blog o que les e comparte as túas lecturas nalgunha rede social (así outros tamén che recomendarán lecturas).


Podes ler o artigo competo e as súas argumentacións AQUÍ


Fonte da imaxe e do texto: http://elpais.com/elpais/2015/01/05/icon/1420443241_637329.html
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 08-01-2015 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA VERÁN 2014
Aquí está, fresquiña, a guía de recomendacións para este verán. Fíxate ben, seguro que atoparás algún título interesante. Xa sabes, nestas vacacións, xoga, divírtete e le moito.
Bicos ratunos para tod@s!!

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-06-2014 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES: O SORTEO
Hoxe tivemos o encontro nas aulas entre padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas. Foi moi emocionante!! Os nenos e nenas do segundo ciclo visitaron as aulas dos que serían os seus afillados e afilladas despois de efectuar un emocionante sorteo utilizando as tarxetas lectoras que xa preperaran con moito agarimo nos días anteriores. Moi formales, fixeron as presentacións entre eles, tal e como requería o noso particular protocolo para unha cita tan especial, e os nenos e nenas de primeiro agasallaron aos seus padriños e madriñas cunha sorpresa moi doce. MOITAS GRAZAS!! Agora só queda agardar que mañá teñamos un día espléndido que nos permita gozar ao aire libre duns momentos fantásticos de lecturas compartidas.
PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 1º E 3º, PREME AQUÍ:


PARA VER ÁLBUM DE FOTOS DO ENCONTRO DE 2º E 4º, PREME AQUÍ:


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-04-2014 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
DAVID FERNÁNDEZ SIFRES

Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 17-02-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
HORA DE LER
Despois do recreo... TOD@S A LER!!!!


VER ÁLBUM
Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 23-01-2014 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
MADRIÑAS E PADRIÑOS, UN CURSO MÁIS


UNHA NOVA CARTA DE MIK!! QUE PASARÁ DESTA VEZ??


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 15-04-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

LER NO NADAL, UNHA IDEA XENIAL!!
Aquí vos deixo a Guía de lecturas recomendadas para o nadal. Podedes atopar boas ideas para agasallar aos vosos fillos e fillas ou para pedirlle aos Reis Magos, a Papá Noël ou ao Apalpador. Hai para todos os gustos e para todas as idades. Lembrade que un libro sempre é un bo agasallo.
Bicos ratunos



Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-12-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
AS FAMILIAS TAMÉN SE ENCHOUPAN NA LECTURA

Como xa sabedes, desde o mes de outubro está funcionando a actividade de promoción da lectura "Préstamo entre familias", que comezou a súa andaina hai xa catro cursos. Queremos agradecer o apoio, a participación e a colaboración que sempre nos proporcionades en todas as propostas que parten do centro. Hoxe, en especial, queremos enviar a nosa gratitude a todas as familias que xenerosamente poñen a disposición da comunidade educativa os exemplares dos que poderemos disfrutar durante todo o curso e que constitúen un interesante abano de temas, autores e épocas, entre os que facilmente atoparemos o libro que se axusta aos nosos gustos e intereses.
No panel lateral deste blog, na sección "PRÉSTAMO ENTRE FAMILIAS", atoparedes toda a información sobre a actividade, podedes consultar o catálogo de fondos dispoñibles e mesmo realizar a solicitude de préstamo online. Tamén podedes facer partícipes aos vosos fillos e fillas cursando a solicitude a través deles.
Esperamos que, novamente, esta iniciativa sexa do voso agrado e sirva para facer da lectura un acto cotián, que estea presente no noso tempo de lecer e na nosa vida.

MOITAS GRAZAS!!
(Cartel da zona de intercambio de libros entre familias)

Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 07-11-2012 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
GOZANDO DA HORA DE LER
Co comezo do curso empezou tamén a actividade “Hora de ler”, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios anos. Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes, como xa vos comentaba noutra entrada.
Como é habitual, en cada aula fixéronse os preparativos precisos: o alumnado achega os seus libros preferidos,
colorean marcapáxinas e carteis para as portas da aula, decórase o recuncho dos materiais, establécense as normas..., para que nada falle e tod@s poidamos gozar cada día, despois do recreo, duns estupendos 25 minutos de lectura silenciosa.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 03-10-2012 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
UN INTRUSO EN MI CUADERNO

Xa liches as recomendacións de Mik e non sabes que facer nesta tarde chuviosa de verán? Pois aí che vai unha proposta en forma de libro: Un intruso en mi cuaderno, de David Fernández Sifres. Ilustracións de Rafael Vivas. Edelvives, Premio Ala Delta 2012.
 Aínda non o lin pero os comentarios de Carmen Fernández Etreros fan que xa me estea preperando para ir correndo á libraría e gozar desta novela áxil, sensible e moi orixinal que nos conta a historia dun neno, Mariano, aspirante a astronauta, futbolista e detective, que un día despois dun dos recreos do cole, atopa no seu caderno unha bolboreta azul, cun bordo negro moi estreito e un fío escuro que colgaba do final de cada á.
Desde ese momento Mariano dedicarase a descubrir quen debuxou esas bolboretas, e como un detective afeccionado irá buscando pistas entre os seus compañeiros de clase. Un divertido xogo que terá entretido a Mariano ata que descubra o misterio desas preciosas bolboretas.
 

Un intruso en mi cuaderno preséntanos unha historia diferente, sensible, que emociona de verdade, pola relación de amizade sen condicións que se establece entre dous nenos e polo vínculo inseparable que se crea entre eles. Un canto á amizade, á imaxinación e ante todo á loita pola vida. Sen ningunha dúbida, un dos mellores libros infantís do ano.
Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 13-07-2012 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats