Durante os últimos días todo o alumnado do centro traballou e reflexionou sobre o significado do DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA e realizou uns preciosos murais colectivos onde reivindicaban o seu desexo de que a PAZ se instale nos corazóns das persoas e se extenda por todos os pobos do planeta. PARABÉNS A TOD@S!!!
Hoxe, alumnado e profesorado estivemos rodeados de moita PAZ. En todos os corredores do centro había magníficos traballos do alumnado con mensaxes que enchían os corazóns e que transmitían o desexo de todos os nenos e nenas de que chegue o día no que non haxa máis guerras e que o mundo viva para sempre en PAZ. Neste recanto vou deixar os preciosos traballos. Iremos pouco a pouco para gozalos mellor. Aquí vai o mural realizado polo alumnado de 1º e 2º de EP: Todas as bandeiras dos países europeos e a palabra PAZ en todos eses idiomas. Canto traballastes!!! PARABÉNS!!
(Nos próximos días, iremos engadindo o resto dos traballos)
Hoxe rematamos as actividades relacionadas co Día da Non Violencia e a Paz e todo o alumnado do centro fixo as súas achegas á preciosa árbore que temos a carón da biblioteca. Despois de reflexionar sobre este día e sobre a figura de Wangari Maathai, escribiron unha mensaxe nas follas que se unirán ás do resto dos compañeir@s para que a NOSA ÁRBORE DA PAZ sexa moi frondosa e proporcione a semente que agromará nos corazóns de tod@s. PARABÉNS, nenas e nenos, por tan fermoso traballo!!! Así foi:PRIMEIRO había que pensar e escribir:
DESPOIS, decorar e recortar:
AO REMATAR, depositámolas nos maceteiros para que se engadan ás que xa están colocadas na árbore.
QUE ÁRBORE TAN PRECIOSA NOS QUEDOU!!!
AGARDAMOS QUE, NUN FUTURO PRÓXIMO, TODOS OS DÍAS DE TODAS AS PERSOAS ESTEAN CHEOS DE PAZ!!
MAñÁ TEREMOS A ÁRBORE DEFINITIVA, CON TODAS AS SÚAS FOLLAS-MENSAXE!!
Algo está pasando na biblioteca!!! Hai uns días apareceu na entrada unha árbore xigante, fermosa, pero sen follas. Ao seu pé, tres maceteiros coas letras da palabra PAZ. Todo moi misterioso ata que hoxe unha pancarta deunos unha pista moi interesante: o título dun conto!
Que andará tramando MIK?? Conseguirá que a árbore xigante sexa verde e frondosa?? Quen sabe, este ratiño é capaz de todo!! Estamos impacientes por ver o que pasará. Seguide atentos!! Seguro que xa tendes algunha idea!!!
A través do EDNL do noso centro chéganos "O mundo é grande", unha preciosa canción do grupo Mamá Cabra, moi acaída ao noso PDI, que imos aproveitar para cantar e reflexionar sobre a PAZ. Aquí vola deixo.
Xa estamos metidos de cheo nas nosas viaxes arredor do mundo descubrindo países, xentes e moitas historias. Estes días a biblioteca andaba un pouco revolucionada polo que sospeitamos que MIK andaba argallando algo. E así foi!! O venres pasado recibimos novas de MIK: o equipo de axudantes da biblioteca repartiu por todas as aulas as cartas do noso amiguiño. Desta vez tróuxonos unha preciosa proposta para o Día da Non Violencia e a Paz que, como sabedes, celébrase o 30 de xaneiro.
Para reflexionar sobre este día, este ano traballaremos sobre a fascinante historia de Wangari Maathai, que recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. Para iso, recorremos ao libro "Wangari e as árbores da paz"
Wangari vivía rodeada de árbores. Cando medra, comeza unha masiva deforestación e Wangari teme que pronto todo o bosque sexa destruído. Decide sementar nove arboriñas e iniciar unha acción ecoloxista en favor da reforestación, o Movemento do Cinto Verde, chegando a ser responsable da plantación de máis de 30 millóns de árbores en todo o país e de mellorar a calidade de vida das mulleres. As nosas vidas mellorarán se volvemos ter árbores. Plantaremos as sementes da esperanza.
O mellor é que descubrades vós mesmos desta preciosa historia. Facendo click na frecha da seguinte imaxe, gozaredes deste belo conto que transmite tantos importantes valores. Cando acabe a historia, atoparedes diferentes actividades para pasar un bo intre e reforzar o aprendido. Se queredes velo a pantalla completa, só tedes que facer click no recuadro superior dereito (e "esc" para volver). Por certo, na entrada do cole hai unha árbore fermosísima e moi grande!! Terá algo que ver con MIK e con Wangari?? Estade atentos, seguireivos contando!!! Fonte:http://www.auladeelena.com/2016/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html
Hoxe, como en todos os centros escolares, celebramos o DÍA DA PAZ e a Non Violencia. Foi un acto sinxelo pero moi emotivo e cheo de fondos desexos de PAZ e XUSTIZA. Todo o alumnado levaba días traballando arredor desta data e cada grupo expresou dun xeito ben artístico e orixinal as súas reivindicacións. Así temos ao alumnado de E. Infantil, que non esqueceu o tema do noso proxecto documental para manifestar os seus desexos luminosos:
Eles mesmos, en colaboración cos nenos e nenas de quinto e sexto, elaboraron un mandala da luz, onde se recollen preciosas e impactantes imaxes de escolas sen luz, frases e persoeiros que traballaron a prol da mellora das condicións de vida en moitos lugares desfavorecidos:
Unha churrusqueira pombiña luminosa foi o traballo dos nenos e nenas de terceiro e cuarto, xunto coas súas pegatinas con corazón:
E, por suposto, tamén o alumnado de primeiro e segundo fixo o seu fermoso mural:
E aínda máis:
Satisfeit@s co traballo feito, fomos tod@s ao ximnasio, xa que o tempo non nos permitiu saír ao patio. Alí escoitamos o precioso e brillanteManifesto que preparou o alumnado de sexto e, despois, facendo grandes roldas, bailamos xunt@s ao son da Carrasquiña:
O alumnado do centro anda moi atarefado preparando os seus traballos para mañá, que celebraremos o DÍA DA PAZ. Como vedes, xa están cos últimos retoques e penso que están quedando xenial. Os nenos e nenas de E. Infantil, xunto con quinto e sexto de Primaria, preparan un mural cheo de LUZ e, ao fío do noso proxecto documental, investigaron sobre as persoas que dedicaron as súas vidas a mellorar as condicións do ensino nas zonas máis desfavorecidas do planeta. Despois, fixeron as súas caricaturas e seleccionaron e pegaron impresionantes imaxes de escolas que carecen dos recursos máis elementais como a luz eléctrica. A LUZ do sol e as mans brancas simbolizan o desexo de xustiza e igualdade para tod@s.
O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria fixeron unha bonitiña POMBA DA PAZ cos seus nomes, reivindicando así o seu desexo de PAZ, XUSTIZA, TOLERANCIA E IGUALDADE. Pero aínda hai máis sorpresas que decorarán e encherán de PAZ todos os recunchos do cole. Xa veredes!! PARABÉNS e moitos bicos ratunos e cheos de LUZ.
Este é o precioso mural que preparou o alumnado de E. Infantil para o Día da Paz, en homenaxe a Nelson Mandela. Traballaron moitísimo e quedoulles fantástico. Encantounos a tod@s!!! Queredes ver aos artistas en acción? Pois aquí os tendes: