O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FELIZ VERÁN 2018!!!
E xa sabedes, agárdovos na biblio en setembro!!! FELIZ VERÁN!!!
Comentarios (4) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-06-2018 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
ANDRÓMENAS CINEMATOGRÁFICAS DE MIK
A que non sabedes quen é o director de cine máis famoso e argalleiro do Mestres Goldar??? Pois claro, non podía ser outro!! O noso MIK!!!
E como o entroido xa está próximo, MIK preparou un disfraz moi acaído!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-01-2018 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS CINEMATOGRÁFICAS!!!
O noso amiguiño MIK non para!!!! O venres, os axudantes da biblioteca tiveron traballo extra: repartir polas aulas unha nova mensaxe de MIK. Desta vez, a tarefa cinematográfica consistirá en pescudar sobre as propostas que aparecen nun ficheiro moi chulo que acompañaba a carta. Pois xa sabedes, A TRABALLAR!!!!
Por suposto, MOITAS GRAZAS aos estupendos AXUDANTES!!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-01-2018 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMAÑEL
O pasado venres, o equipo de terceiro visitou a biblioteca municipal Juan Compañel. Aprenderon moitas cousas sobre a súa historia e tamén sobre os moitos servizos que presta á cidade. A sección infantil e xuvenil conta cunhas instalacións moi atractivas e cunha morea de materiais que fixeron as delicias de tod@s. E como os nenos e nenas de terceiro son grandes lectores, case tod@s quixeron facerse co carné de usuari@s. FANTÁSTICO!!!
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-12-2017 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO: "O VILÁN ONOMATOPEICO (NINGUÉN É PERFECTO, MEU!)
Hoxe puidemos gozar dunha primicia teatral cun título moi simpático e orixinal: O vilán onomatopeico (ninguén é perfecto, meu!!!!). Os dous artistas que representaron a obra fixeron un traballo magnífico e axiña cautivaron ao noso esixente público. A historia dun cabaleiro malvado que non toleraba a música nin aos músicos encandilou a tod@s. As risas e os aplausos estiveron presentes durante todo o espectáculo. Pasámolo xenial!!!! Moitas grazas aos actores Carlos Godoy e Servando Trovador pola súa xenerosidade ao compartir con nós tan estupendo traballo.
Máis FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 30-11-2017 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO O NADAL
UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE NOS PROPÓN MIK MENTRES AGARDAMOS A CHEGADA DO NADAL. O ratiño MIK preparou unha actividade un tanto misteriosa. Bueno, para os curios@s só poderán abrir o sobre que corresponde a cada día de decembro e teremos que descubrir o que conteñen pouco a pouco. Os nenos e nenas xa están desexando empezar. QUE CONTEÑEN ESES SOBRES TAN CHULOS?
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 29-11-2017 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SER AXUDANTE DA BIBLIOTECA?
Xa temos a convocatoria para AXUDANTES DA BIBLIOTECA 2017 / 2018. Moitos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º xa presentaron a súa solicitude e firmaron o seu compromiso, pero aínda tes de prazo ata o próximo venres. ANÍMATE!!
E lembra: para ser un bo AXUDANTE sempre terás a man a túa GUÍA DE AXUDANTES PERFECT@S!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 11-11-2017 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
O ALUMNADO DE SEGUNDO DE EP ESCRIBE CARTAS AO NOSO AMIGUIÑO MIK
Despois da frenética actividade destes últimos días na biblioteca, os nenos e nenas de segundo de Primaria responden cunha enorme cantidade de cartas para Mik que foron deixando na súa caixa de correo. Estamos impacientes por coñecer o contido das mensaxes e tamén por ver o contentísimo que se pon o noso querido ratiño. Cóntanos, MIK, que che dixeron estes nen@s tan guapos e espelid@s!??
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-11-2017 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, GAÑADOR DO PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2017
Desde a biblioteca do Ceip Mestres Goldar queremos enviar os nosos máis afectuosos parabéns a Antonio García Teijeiro polo merecidísimo recoñecemento que ven de acadar ao recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa obra POEMAR O MAR. Poemar o mar, un libro de poemas fermosamente ilustrado por Xan López Domínguez, forma parte dunha triloxía que ten o mar como protagonista. O xurado decidiu premiar ao autor e a súa obra "por ser un libro cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas". Cunha ampla e variada contribución á literatura infantil e xuvenil, García Teijeiro é un dos grandes poetas e narradores da nosa terra. Entre as súas publicacións atópanse «Ventos», «Lueiro de Papel» e «Na fogueira dous versos», obra premiada co Premio Merlín en 1996.
Nesta LIGAZÓN podedes acceder ao último encontro do autor co alumnado do noso centro e a continuación algunhas imaxes para lembrar aqueles emotivos momentos:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-10-2017 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S AO CURSO 2017 / 2018!!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! Esta semana voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2017/2018. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas de película! que vos encantarán, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2017/2018!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-09-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats