O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A CHAVE DA ATLÁNTIDA
Por fin xa está nas librerías A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, unha obra coa que teño un vínculo moi especial por formar parte do xurado que a fixo gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil, 2011.
A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción que engaiolará aos lectores desde as primeiras páxinas. Cun ritmo trepidante e un argumento moi orixinal, onde se mestura a mitoloxía coa robótica e a tecnoloxía máis avanzada, e a aventura coa a búsqueda da identidade persoal, os protagonistas da novela lograrán descubrir a porta da cidade asolagada da Atlántida que, sorprendentemente, atópase moito máis cerca do que imaxinamos. Con todos estes ingredientes penso que estamos ante unha obra que, ao igual que Os Megatoxos, gañará lectores para a nosa lingua, e pode ser, ademáis, unha boa opción para os agasallos de Nadal.
Anxo Fariña, é o autor ademáis de «Don Quixote e Breogán», «Antón e Pompón», «Os Pelelliños», «A monstroescola» e da exitosa serie «Os Megatoxos» da que recentemente publicou o cuarto volume, Os megatoxos e a cara oculta da Lúa, da editorial Xerais.
Podes atopar máis información en: http://www.megatoxos.blogspot.com/

Pide na nosa biblioteca as obras de Anxo Fariña, PASARALO MOI BEN!!

Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-11-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
ISTO É LONDRES
MIK anda moi misterioso e atarefado nestes días. Agora deixounos este precioso libro na biblioteca e supoñemos que pode ser unha pista do que o ten tan ocupado. Ti que opinas?

Isto é Londres é o segundo dos álbums creados polo ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980) dedicados ás cidades do mundo, que recupera El Patito Editorial a partir da súa edición orixinal de 1959. A obra presenta, cunha ollada brillante e ateigada de encanto, un percorrido pola cidade de Londres co que gozarán tanto os pequenos lectores coma os adultos pola exposición directa e sinxela dos textos e as súas sempre sorprendentes ilustracións. Sasek evoca o espírito da cidade, que nos recibe coa súa característica brétema e nos despide coa chuvia, amosando unha completa información sobre as súas xentes, a indumentaria, o transporte local, os parques, as prazas, o río, a hora do té, o caos de Piccadilly... Outra viaxe da man dun clásico. (Recensión da editorial)

Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 15-10-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
E FALANDO DE POESÍA...
... preséntovos un gato moi especial, un gato POETA!!

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia (www.gatopoeta.net) na que o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas… Claro que, para poder acceder, terás que mercar primeiro o libro, onde atoparás a chave para entrar no espazo virtual (parece ser que esta é unha desas "manías" que teñen os gatos con certas habilidades).

O creador deste peculiar gatiño é o escritor Fran Alonso, cunha xa longa e exitosa carreira literaria. El mesmo nos comenta esta obra no seu blog Cabrafanada (ver artigo do autor).

Por xentileza da editorial Xerais, podemos escoitar unha das cancións do CD:



¿A que ten boa pinta? Pois aproveita para ler poesía e pregunta por este gato tan especial na biblioteca do centro, verás como che gusta. (Recomendado a partir de 8 anos).



Comentarios (7) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 16-03-2011 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA PARA NENAS E NENOS
Como xa temos ás portas a nosa "II Semana da poesía" e andaredes moi atarefados buscando e escollendo os poemas que ides traballar e recitar, tráiovos uns libros que seguramente vos van gustar moito e axudaranvos na busca. Atoparedes poesías sobre animais, sobre a natureza, sobre persoas, sobre o amor, poesías de humor, poesías longas , poesías curtas...

Podedes empezar con Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo. Os poemas, ilustrados, toman como motivo diversos temas, entre eles, os insectos, as estrelas, os namorados, o calendario ou unhas bruxas que van ao súper. Coñecerás personaxes como Mariposa, ou é Mari Sopa?...; tamén descubrirás ao Mosquito chupasangues, a Don Lapis e Dona Libreta; axudarás á Lúa a contar estrelas e acompañarás á bruxa a mercar... (ver guía-actividades)

Pero aínda hai moitos máis libros con preciosos poemas. Aquí vos deixo unha selección feita por mestras e mestres de Educación Infantil e Primaria:








Preme AQUÍ para velo a pantalla completa ou AQUÍ para descargar en Pdf.

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 15-03-2011 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
SE SOBE A TEMPERATURA...
... ¡¡REFRÉSCATE COA LECTURA!!

Por se xa estás cavilando en preparar o teu plan de lecturas para este verán, aquí tes as suxestións de MIK :
(preme enriba da imaxe para vela máis grande)




Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-06-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
COÑÉCETE!!
Nos libros atopamos as respostas ás nosas dúbidas, ás nosas inquedanzas. Nos libros descubrímonos, viaxamos ao noso interior, vémonos por dentro... Grazas aos libros desciframos sentimentos e atopamos as palabras para nomealos.
Se tes sensacións descoñecidas, padeces de insomnio, suspiras a cotío, viaxas á Lúa constantemente, aniñan bolboretas no teu estómago... es o candidato ideal para ler algún destes libros:
(podes escoitar a música clicando no icono do altavoz na marxe superior esquerda)


Liches algunha historia de amor que te impresionara pola súa intensidade, polos seus protagonistas, polas circunstancias que a rodearon... ? Déixanos o seu título nun comentario. Gustaríanos coñecelas.

Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 15-02-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
O MELLOR AGASALLO... UN LIBRO!


Por se non sabedes que ler estas vacacións de Nadal ou queredes facer un agasallo especial, aquí tendes as suxestións de MIK (preme na imaxe de abaixo):




Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-12-2009 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
LOS AMANTES MARIPOSA

LOS AMANTES MARIPOSA

Autor: Benjamin Lacombe
Traducción de Elena Gallo Krahe
Editorial: Edelvives

Los amantes mariposa é un álbum en gran formato que recrea unha lenda anónima chinesa e que relata unha tráxica historia de amor na que os protagonistas viven episodios de tenrura e momentos dramáticos comparables aos de Romeo e Xulieta. Na versión creada por Benjamin Lecombe, Naoko, unha moza de catorce anos decide escapar do destino tradicional dunha rapariga chinesa da época e enganar ao seu pai coa intención de estudar literatura na cidade, para o que deberá vivir disfrazada de home. Alí coñecerá ao amor da súa vida e comezara unha fermosísima historia de amor.
O seu estilo sinxelo e as súas extraordinarias ilustracións fan deste álbum unha auténtica obra
de arte. Aínda que a editorial recomenda a súa lectura a partir dos sete anos de idade, a calidade e os atractivos da obra tamén enganchan aos adultos.
O ilustrador do libro, o francés Benjamin Lacombe, demostra nesta obra o seu enorme talento xa recoñecido a nivel internacional e que podes constatar na súa páxina.



Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-03-2009 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
UN AUTOR PARA O 2009
Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía temos unha boa ocasión para adentrarnos no universo da man do escritor e divulgador científico ISAAC ASIMOV, autor americano aínda que nacido en Rusia no ano 1920. En 1939 gradúase como bioquímico na universidade de Columbia e neste mesmo ano comeza a publicar historias en revistas de ciencia ficción. A partir de 1958 deixa as súas actividades na investigación e na docencia para adicarse exclusivamente a escribir sendo o autor dunhas 500 obras con distintas temáticas: ciencia ficción, misterio, humor...

Aínda lembro con que fruición lin, na miña xa lonxana adolescencia, algúns dos seus libros (Yo, Robot, Fundación, Las bóvedas de acero, El sol desnudo), fascinada por un mundo cheo de robots, cidades suterráneas, seres humanos habitantes de planetas inhóspitos... que abrían horizontes novos á imaxinación.

A orixinalidade e atractivo das súas narracións cun estilo directo, sinxelo e con un toque de humor, serviron para alimentar a sétima arte, sendo numerosas as novelas de Asimov que foron levadas ao cine como "O home bicentenario" baseada na novela do mesmo título e protagonizada polo actor Robin Willians, ou a máis actual "Yo, Robot", protagonizada polo actor Will Smith.

Algúns títulos deste autor (ciencia ficción):

El robot completo

Anochecer

Némesis

Sueños de Robot

Robots e Imperio

Los robots del amanecer

El hombre bicentenario

El sol desnudo

El fin de la eternidad

Las bóvedas de acero

Yo, robot



(Artigo publicado en Bibliolecturas)

Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-01-2009 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
CÓMO SABER LO QUE SE LLEVA DENTRO
Hoxe descubrín un marabilloso libro que me namorou dende a primeira páxina : ¡Qué emoción?, de Cécile Gabriel. O título suxire xa o contido, a novidade está no seu tratamento. Con moi pouco texto e unhas espléndidas fotografías en branco e negro a autora fai recoñecibles sentimentos que aos cativos lles resulta complicado identificar.

As historias e as imaxes dos libros axudan a nomear os nosos sentimentos, a coñecernos a través das vidas doutros, a recoñecernos nos seus xestos. Este libro de fotografías pretende facer evidente o mundo das emocións desde unha formulación moi intelixente deixando moito espazo para a interpretación do lector. Lonxe da psicoloxía infantil evidente é máis ben un longo poema. Indicado para lectores de 6 a 9 anos resulta moi apropiado para ler, ver e disfrutar en familia xa que propicia o diálogo sobre aspectos íntimos, persoais, dos que doutro xeito non resulta doado falar. Todo un pracer para a vista e un bálsamo para o corazón...
AQUÍ podes ver algunhas páxinas na súa edición francesa (pasa o rato enriba da esquina dereita da imaxe e despois fai clic)

PÍDEO XA NA BIBLIOTECA!!


Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 08-01-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats