O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CONTOS PARA IR DURMIR
Cada vez son máis os contos pensados para conseguir que os máis pequenos da casa vaian pechando os ollos mentres lles lemos o desexado (e necesario) conto antes de durmir. A través dunha lectora deste blog soubemos da selección que se recolle no Diario El Mundo o día 5/2/17: 10 cuentos infalibles para ir a dormir. Aquí podedes acceder ao mencionado artigo onde se fai unha interesante recensión de cada título.

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 06-02-2017 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
LA LECCIÓN DE AUGUST
Entre as novidades adquiridas pola biblioteca a principios deste curso escolléronse tres exemplares de "La lección de August", da autora R. J. Palacio, influídos, quizais, polo gran éxito de lectores, xa que inundaba os escaparates das librarías e polas boas críticas que tiñamos lido. E así chegou aos nosos estantes, ou mellor dito, non logramos situalos nos estantes correspondentes porque a rapazada nolos quitaba das mans incluso antes de telos catalogados. Por aí veu a necesidade de ler esta novela e ter a nosa propia opinión sobre ela. Pois ben, non defraudou!. Os puntos fortes: un sentido do humor rebosante de autenticidade, varios narradores, coas súas voces e puntos de vista, a autora explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros.
Como dicía, A lección de August, é dese tipo de libros que vén precedido, ademáis das opinións en revistas e catálogos, das recomendacións do boca a boca, polo que che crea un montón de expectativas..... E, o mellor, despois cúmpreas. É realista, tenro sen caer no ridículo ou sensible e que che mostra o crueis que podemos ser sen propoñérnolo.
August é un cativo de 10 anos cunha rara enfermidade xenética que o converte fisicamente nun monstro, sábese diferente por como os demais reaccionan ante el, pero el quere sentirse normal, só iso, ser normal. Contado simultáneamente por August e as persoas próximas a el, móstrasenos os distintos puntos de vista das persoas que o rodean e que a pesar de querelo non conseguen aceptar a súa deformidade. A súa irmá, que o adora, reséntese de toda unha vida en segundo plano na súa familia. Os seus novos compañeiros, que tendo dificultades para aceptalo, tratan de integrar e entender...mesmo os que o rexeitan e son deliberadamente crueis. Unha novela de doada lectura, conta cun sentido do humor que o afasta do drama sen quitarlle un ápice de sensibilidade, amor á vida e ás alegrías e desventuras desta.
Unha obra profunda, fermosa, que deixa un bo sabor de boca. Ideal para todas as idades e todo tipo de público.


 Podes ver outra reseña do libro en El templo de las mil puertas e outra en Esbozos de tintaEntrevista á escritora
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 21-02-2015 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
ESTE NADAL, UNHA GALAXIA DE LECTURAS!!!

Xa temos, recén saidiñas do forno, as nosas propostas de lectura para este Nadal. Agardamos que sexan do voso agrado e que atopedes entre elas o agasallo perfecto para grandes e cativos. FELICES LECTURAS!!
PARA DESCARGALA PREME AQUÍ
GUIA_NADAL14_15
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-12-2014 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
MENÚ DE NADAL
Velaí van as nosas recomendacións lectoras para un saboroso menú de Nadal. Podedes ir botándolle o ollo para anotalas nas vosas cartas a Papá Noel ou aos Reis Magos. Seguro que atoparedes algún título que vos guste. Mirade amodiño e... A LER tamén en Nadal!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/GU%C3%8DALECTURAnadal1314.pdf
Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-12-2013 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
MIROSCOPIAS
MIK RECOMÉNDAVOS...
A colección Miroscopio, da editorial Everest, consta de cinco contos e está dirixida aos nen@s de 5/6 anos. Non se trata de libros de lectura tradicionais xa que foron elaborados por un grupo de traballo (Asociación Galega de Filosofía para nenos) que, a través de cada un dos contos, potencian a creatividade, o razoamento e o desenvolvemento integral do lector, facilitando ao profesorado as ferramentas necesarias. Dispón tamén da súa propia páxina web na que ademais da recensión de cada título podemos atopar un prólogo de Carmen Loureiro (coautora da guía didáctica), a fundamentación pedagóxica do proxecto, así como a bibliografía e a discografía empregadas. Tamén podes visitar o blog ¿Miroscopias?,xestionado polo Centro de Filosofía para nenas e nenos de Galicia, onde atoparás todo o que se "coce" arredor deste proxecto.

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 16-11-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
MARÍA FUMAÇA
Hoxe tivo lugar na Casa do Libro, en Vigo, a presentación do libro-disco “María Fumaça”, editado por Galaxia na colección Sonárbore, con ilustracións de P. Pastor. Foi Uxía Senlle a que nos falou deste proxecto como unha homenaxe á alegría de vivir que xiraba arredor de Ruí, un neno con discapacidade que non lle impide gozar da música, do baile, da festa e dos amigos. Detrás deste fermosísimo traballo hai moitos músicos que, engaiolados pola idea, quixeron contribuír co seu talento: Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, a familia Senlle e o propio Ruí. Algúns afortunados alumnos e alumnas do noso centro tiveron a oportunidade de participar na creación deste álbum da man de Ana Senlle quen, naquel momento, traballaba no noso cole (grazas, Ana).
Cando rematou o acto quedoume un doce sabor de boca pois alí descubriuse un excelente traballo, realizado na nosa lingua, ao que lle auguro moito éxito entre grandes e pequenos, polo que vos recomendo vivamente que o teñades en conta para o Nadal ou para calquera ocasión na que queirades facer un agasallo. Como se pode ver na cuberta, María Fumaça é un tren moi festeiro que nos levará por diferentes países e tipos de música, desde a samba ata o rockandroll. O libro ven acompañado cun CD e cun DVD con karaoke. Por suposto, a nosa biblioteca xa conta cun exemplar para que empecedes a gozar cantando e bailando, pois é sabido que a música e o baile fainos a tod@s máis felices. Queres probar un bocadiño?? Pois aí che vai "FUN AO MERCADO":





Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 21-10-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO

O meu primeiro Celso Emilio, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é unha das novidades que nos presenta Xerais:

Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa –o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e oito poemas musicados e cantados.(Recensión da editorial)
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 05-07-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
SE VAS DE VIAXE, LEVA LIBROS NA EQUIPAXE
Recén saídiñas do forno, aquí vos deixo as recomendacións de lecturas para este verán. Hai para todos os gustos e para todas as idades. Garda este folleto, pode servirche de axuda cando teñas que facer un agasallo ou cando queiras preparar o teu plan lector veraniego (preme na imaxe para ver o documento):


Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 11-06-2012 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS CON AMOR
Lecturas con amor na exposición que temos na nosa biblioteca. Achégate e seguro que atoparás algún libro que che toque o corazón:

Máis amores olímpicos no catálogo da nosa biblio premendo na imaxe de abaixo:


E se premes na imaxe de MIK atoparás unha morea de lecturas con moito SENTIMENTO:


Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 07-02-2012 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
NO SÓLO FÚTBOL
Colección de catro libros escritos e ilustrados por Violeta Monreal. Os protagonistas son un grupo de nenos e nenas que xogan no equipo "Os Planetas" e que deberán enfrontarse a unha proba antes de cada partido: os seus medos, os seus segredos, os seus sentimentos...
Trátanse temas como a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia ou a pluralidade.
Comentarios (7) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-11-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats