O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: LETRAS GALEGAS 2009

A RAG decide homenaxear a Ramón Piñeiro no día das Letras Galegas do 2009.
Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.



REFERENCIAS NA PRENSA DIXITAL:

Artigo do farodevigo.es: "O estudoso da saudade"

Artigo de Marcos Valcárcel no diario La región: Ramón Piñeiro a debate

Artigo de Lavozdegalicia.es: Ramón Piñeiro...

Artigo de Paola Obelleiro en Elpais.com: La academia dedica...

El Correo Gallego.es

El Progreso

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-07-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (Recursos)
Dende o IES "Concepción Arenal" de Ferrol achégannos unhas estupendas actividades para esta semana: biografía do autor, escolma de poemas (ambas as dúas en power point) e un JCLIC.


Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 14-05-2008 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
QUE SABES?
Queres comprobar canto sabes sobre X. M. Álvarez Blázquez? Pois reta a un compañeiro e mergúllate neste estupendo xogo realizado por Antón Vicente co Proxecto Xogamos?


Para 3º Ciclo de Primaria e para a ESO:


(Imaxe do blog Ensino en galego)

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 13-05-2008 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA E POESÍA

Unha boa combinación para o mes das Letras: música e poesía
Aquí vos deixo Berlín, un poemario de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander.
A ilustración é de David Rubín, un dos mellores debuxantes galegos do momento.

"... Ás veces unha voz de muller segue a subvertir papeis na poesía contemporánea, e consegue acadar centralidade para cantar á fatalidade e a tenrura do amor sen complexos. E ao tempo, inventar unha cidade, un can chamado Chespir, un amante cos ollos como Bowie, e a ela mesma e ás palabras. E mesmo un outro, o mesmo, para sempre, (como no disco de Lou Reed ), Berlín." (Mario Regueira)

Para escoitalo preme AQUÍ

(Grazas a Homesdepedra por facernos partícipes deste descubrimento)


Na bitácora Caderno de Lingua podedes ver unha presentación desta obra, realizada por Román Landín con SplashCast. Moi interesante tamén o seu comentario sobre as posibilidades educativas desta ferramenta así como o tutorial que nos facilita.


Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 13-05-2008 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: Poema

NO REGO DO PRADO CANTA A COTOVÍA
-PAXARIÑO AMADO QUE CHE BEN QUERÍA-



NO RAMO FROLIDO O MERLO A CANTAR
-PAXARO BELIDO PARA O TEU OLLAR-



NO VERDE LOUREIRO TROBA O REISEÑOR
-PAXARO LIXEIRO PARA O TEU AMOR-




(A CANTAR, ESPANTAN OS MALES DA PENA,
PORQUE TODOS CANTAN
PARA A MIÑA NENA)



(“Roseira do teu mencer”.
Xosé Mª Álvarez Blázquez)


Sabías que o reiseñor é o paxaro que posee un dos cantos máis fermosos? Podes escoitalo se premes abaixo:



Escoita agora o canto do merlo:



Se queres saber máis sobre aves aquí tés algúns dos libros que hai na nosa Biblioteca.

Comentarios (11) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 09-05-2008 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (Recursos Letras Galegas)
No panel lateral incluimos unha ligazón a unha relación de recursos na rede sobre o Día das Letras Galegas e sobre o homenaxeado deste ano: X. M. Álvarez Blázquez (LETRAS GALEGAS 2008) Entre as novidades, o Seminario Galán ofrece un completísimo traballo para levar ás aulas de E. Infantil e E. Primaria.

O SEMINARIO GALÁN (Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán) ofrécenos un completísimo traballo sobre Álvarez Blázquez que inclúe reseña biográfica sobre o autor e a súa obra, materiais e actividades en pdf para imprimir (E. I. e os tres ciclos de Primaria), actividades on line (E. I. e E.P.) e unha galería de fotos.



(Preme na imaxe)

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 29-04-2008 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: TODA UNHA VIDA
A través de Bibliocóntame chéganos esta presentación de fotografías que abarcan toda a vida de Álvarez Blázquez. Se colocas o cursor enriba da imaxe verás a que ano corresponde.





Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 20-04-2008 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
OBRA X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Aquí tendes unha relación de publicacións das obras de X. M. Álvarez Blázquez, cunha reseña de cada unha delas:
(Vía A Praza das Letras )


A pega rabilonga. Os ruíns

O que ben che quer

Canle segredo

Poesía Galega Completa

Roseira do teu mencer








Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 04-04-2008 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: O pescador peleriño
Dentro da escolma de poemas que tratan o tema mariño, actividade en torno ao noso proxecto interdisciplinar "Descubre un mundo MARabilloso", recollemos este do autor homenaxeado este ano no Día das letras Galegas: X. M. Álvarez Blázquez, musicado por Suso Vaamonde no seu disco "Santiago, mar de pedra"

Romance do pescador peleriño
A todos os Peleriños do Mar que veñen a Compostela

Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outas augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas.

El navegar, navegaba
unha dorna mariñeira;
nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras,
no corazón -¡Ai Dios Santo!-
no corazón unha arela.

Os brazos eran de buxo,
os remos, palmas lixeiras,
o timón... ben semellaba
asa de gueivota albeira.
Onde él chegaba coa dorna
iña a barileza nela,
i o vento se lle aquedaba
como unha pomba sinxela.

Os peixes choutaban ledos
polo albiscar na cuberta
co seu mouro peito ispido,
botando cantigas tenras.
¡Ai, él levaba, Dios santo,
no corazón unha arela!

Ela gardaba un segredo
debruzada na fiestra,
co mar metido na ialma,
que era moito mar para ela.
Os sargazos do cabelo
enredábanlle na testa,
porque o vento enredador
tiña cobiza das rendas.

Cicais fose por brincare,
ou sería por envexa,
o vento -lobo dos homes-
quixo arrabuñar na terra.
¡Ai! ¿onde irá o vento solto
choutando pola ribeira?
¡Ai, o vento entolecido
polo mar, coma unha besta!

(El gobernar, gobernaba
unha dorna mariñeira.)

Ninguén escoitou a voce,
acolá na noite pecha,
co mar bruando arredor
ladaíñas agoirentas:
-¡Líbrame, Señor Sant-Yago,
pescador da Galilea;
meu Sant-yago, navegante
en branca dorna de pedra!
Si me librares, Señor,
irei verte a Compostela,
descalciño dos dous pes,
no meu peito unha vieira.

Escoitar, ben o escoitara
Sant-Yago feito de pedra.
Vel ehí vai o peleriño
polas valgadas da terra;
sobor das cangadas costas
a crus de remos lle beila.
Nos ollos sempre un relanzo
de escumas cantaroleiras;
no corazón ¡ai Dios Santo!-
no corazón unha arela.

(Ed. Monterrey, 1954; reproducido en Poesía galega completa, ed. de Xosé Mª
Álvarez Cáccamo, Ed. Xerais, Vigo, 1987; e en Poesía galega completa, ed. de Xavier Rodríguez Baixeras, Ed. Xerais, Vigo, 2007)



Vídeo de O AÑO PITAÑO

Vídeo de O MERLO POETA
Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-02-2008 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
O AÑO PITAÑO... (X. M. Álvarez Blázquez)
Poema de X. M. Álvarez Blázquez recollido na obra "Roseira do teu mencer"




Vídeo de O MERLO POETA

Vídeo ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO
Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 07-02-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats