O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RECURSOS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010
No blog da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística atoparemos moitos recursos e materiais acerca de Uxío Novoneyra para traballar nos diferentes niveis do ensino, tanto en Primaria como en secundaria. Moitos destes recursos foron elaborados en centros escolares galegos.
Este díptico informativo, do Seminario Galán, pode ser empregado polos centros incluindo o seu nome e logotipo na parte inferior da portada (preme para agrandar):



Preme AQUÍ para descargalo en Pdf
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO DE 2010: UXÍO NOVONEYRA
Como ben sabedes, hoxe, no día grande das nosas letras, agasallamos a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. Despois de semanas de traballo na escola sobre esta figura irrepetible da nosa literatura, despois de ler sobre a súa vida e a súa obra, despois de ter aprendido e recitado moitos dos seus versos, deixamos aquí, como un homenaxe máis, o vídeo realizado polo alumnado do IES Lagoa de Antela. Así explican no seu blog o proceso de creación: "Por fin o noso vídeo sobre Uxío Novoneyra! Tivemos que fragmentalo para non rebaixar en exceso a calidade.
Grazas ás alumnas do club de lectura de 1º de BAC que quedaron o mediodía do luns (Beatriz, Úrsula, Isabel, Mirian e Noelia), ao polifacético Pablo e aos músicos Cristian e Miguel.
Esquecemos especificar que unha peza musical "roubámoslla" a Carlos Núñez e que as imaxes da Guerra Civil están baixadas da rede."

O noso agradecemento e os nosos parabéns por tan excelente traballo.







¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 16-05-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
ACHEGÁNDONOS A UXÍO NOVONEYRA
Nesta semana de traballo arredor da figura de Uxío Novoneyra e do Día das Letras Galegas achégovos uns interesantes materiais elaborados en diferentes centros escolares.
Dende o ENDL do IES Elviña:

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...


uxío novoneyra 2mil10
Visto en GalegoXXI

Dende o CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo, unha presentación elaborada por tres alumnos de 5º de EP:
Visto en Escola de Ismaíl

Dende o ENDL do Ceip Otero Pedrayo, unhas unidades didácticas para E. Infantil e os tres ciclos de EP (preme enriba da imaxe):



Máis recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras: LETRAS GALEGAS 2010

Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
UXÍO NOVONEYRA, POETA DO CAUREL (LIM)
Para saber moitas cousas sobre Uxío Novoneyra podes facer as seguintes actividades:





Este libro dixital foi elaborado no Ceip Condesa de Fenosa.
Se queres traballar máis comodamente, a pantalla completa, preme AQUÍ

Tamén podedes acceder á nosa selección de recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras na seguinte ligazón: LETRAS GALEGAS 2010



Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 10-05-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
UNIDADES DIDÁCTICAS PARA AS LETRAS GALEGAS 2010
Novos e interesantes recursos para traballar a figura de Uxío Novoneyra. No Ceip A Laxe elaboraron as seguintes unidades didácticas para o alumnado de Primaria:

Tamén podedes acceder á nosa selección de recursos para traballar nas aulas a figura do poeta e a festividade das Letras na seguinte ligazón: LETRAS GALEGAS 2010

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 02-05-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA, O POETA DO COUREL

Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo.

Entre os seus libros destacan Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.
En Muller para lonxe (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) reúne algúns poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro . O poemario Tempo de elexía (Vía Láctea, Oleiros, 1991) recolle esencialmente Elexías do Courel (Rialp, Madrid, 1966) . Máis sobre a súa OBRA

ALGUNHAS REFERENCIAS NA PRENSA DIXITAL:

Galicia-Hoxe.com

A Nosa Terra

Vieiros

La voz de Galicia.es


El Progreso

Xornal.com

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 28-06-2009 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
LINGUA DE TOD@S
LINGUA DE TOD@S

No Día das Letras Galegas no que homenaxeamos a Ramón Piñeiro López, figura senlleira dentro da cultura galega, lembramos as súas palabras:
"Para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu. E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia, que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial." Ramón Piñeiro

O ser humano sinte que pertence a unha comunidade dende o momento en que se expresa na lingua desa comunidade. A lingua é, pois, o elemento integrador por excelencia:



Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2009 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
O NENO QUE QUERÍA VER O TREN
Para que sigades aprendendo cousas da vida de Ramón Piñeiro, aquí vos deixo un estupendo vídeo didáctico baseado nas súas memorias, dirixido ao alumnado de Primaria e realizado polo CPI dos Dices.




(Visto en Biblosbardos)


Máis RECURSOS para as LETRAS GALEGAS 2009

Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-05-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: Unha vida a prol da cultura
Un novo recurso para o Día das Letras Galegas. Trátase dunha liña do tempo coa vida de Ramón Piñeiro López e información adicional nas datas máis significativas.
Está realizada coa ferramenta
TimeRime que permite unha elaboración sinxela e completa dunha liña do tempo, coa posibilidade de engadir arquivos multimedia e imaxes.

Preme na imaxe para ir a RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: UNHA VIDA A PROL DA CULTURA e explora todos os vínculos, seguro que terás moitas cousas da súa vida un pouco máis claras...


MÁIS RECURSOS


Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 28-03-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
OLLADAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO
Unha estupenda reportaxe dun estupendo pequeno reporteiro:


Premios Sociedade Información 08: Modalide B: Vídeos Educativos.

Visto en: Dende A Merced falamos
Comentarios (4) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 09-03-2009 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats