O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS. RECURSOS
Como xa sabedes, o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) protagoniza o Día das Letras Galegas de 2019. No noso centro, ao igual que na maioría dos centros docentes de toda Galicia, celebramos o Día das Letras Galegas con múltiples actividades. Todas elas co obxectivo de poñer en valor a lingua e a cultura galegas, así como achegar ás nenas e nenos a figura de Antón Fraguas. A continuación, compartimos con todos vós unha serie de actividades moi interesantes para realizar na aula:
Para os máis pequenos da escola traémosvos o traballo realizado pola Real Academia Galega dentro do seu proxecto Primavera das Letras. Este ano o proxecto sobre Antón Fraguas conta cunha serie de fichas didácticas descargables con actividades que van desde colorear ilustracións inspiradas na vida de Fraguas ata un “trivial” sobre o autor.
Doutra banda, o Museo do Pobo Galego ten unha unidade didáctica para profesorado con diferentes actividades dividas por ciclos de educación primaria. Tamén a Fundación Fenzol de Vigo recompila nun documento toda a obra de Antón Fraguas, para facilitar o seu coñecemento.
No Portal das Palabras, iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, afondan sobre sete das palabras favoritas de Antón Fraguas ou sobre os seres máxicos que documentou nos seus traballos.
Existen tamén moitas publicacións sobre a vida de Antón Fraguas dirixidas a diversas idades. Para educación infantil e primeiro ciclo de primaria, contamos coa detective Peregrina e o insólito caso “Antón Fraguas” de Enrique Mauricio. Para os maiores, a editorial Xerais publica a obra Antón Fraguas. O bo mestre, o mestre bo de Héctor Cajaraville.
Por último, numerosos centros docentes impulsan actividades participativas abertas a todas as persoas. Aquí temos unha pequena selección:
• A área TIC do Centro de Educación Especial A Barcia (Santiago de Compostela) realizou unha serie de xogos interactivos sobre a figura de Antón Fraguas. Así podemos xogar ao Rosco de Galicia ou ao Onde estivo Antón Fraguas?
• O CEE Nosa Señora do Rosario publicou un vídeo onde explica a biografía de Antón Fraguas en lingua de signos.
Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. Actividade deseñada polo CEIP Xesús de San Luís Romero de Carballo que resultou premiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no concurso – exposición co motivo das Letras Galegas 2019.
• O Seminario Galán, formado por docentes de dez centros de Arteixo, A Coruña, Cambre, Catoira, A Laracha e Corcubión, creou actividades por ciclos para coñecer máis en detalle a Antón Fraguas.

Fonte: Primavera das letras, RAG

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2019 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
MARÍA VICTORIA MORENO: FICHAS DIDÁCTICAS DESCARGABLES
http://primaveradasletras.gal/category/fichas-didacticas/
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 25-03-2018 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO

VÍCTOR F. FREIXANES, presidente da Real Academia Galega, nunha carta á comunidade escolar, anuncia a posta en marcha do proxecto web Primavera das Letras. Con esta iniciativa, a Real Academia Galega pretende facilitar recursos didácticos e lúdicos para o alumnado de infantil e primaria que lles axuden a se achegar á persoa homenaxeada o 17 de maio, MARÍA VICTORIA MORENO. Tal e como se expón en dita carta, os materiais de Primavera das Letras pretenden promover que a aprendizaxe arredor do Día das Letras Galegas non se limite aos días previos ao 17 de maio. Así, achega progresivamente desde finais de febreiro novas fichas didácticas e contidos interactivos que permiten profundar na aula, e na casa, tanto na vida e na obra de María Victoria Moreno coma noutros contidos e competencias do currículo escolar, desde a expresión oral e escrita ata a igualdade entre mulleres e homes ou a protección do medio natural... Lembrámoslle ademais que a web da Academia,academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de María Victoria Moreno. Desde este espazo, a RAG tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a escritora.

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 25-03-2018 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2017: EXPOSICIÓN
Durante as dúas semanas de misteriosa correspondencia na que recibimos preciosos contos da obra de Carlos Casares, A galiña azul, os paneis da biblioteca fóronse enchendo de datos moi interesantes sobre a vida e a obra deste escritor. Os nenos e nenas do centro atenderon a petición de MIK e recolleron nos distintos xornais galegos todas as noticias que trataban sobre este autor. Ao final case empapelaron as paredes!!! Quedou chulísimo!!
Dentro da biblioteca tamén se dispuxo unha selección das súas obras máis coñecidas:
Despois de traballar na biblioteca arredor do DÍA das Letras e de Carlos Casares, saímos para ler os paneis da biblioteca e aprender máis cousas. GRAZAS, MIK!!!
VER MÁIS FOTOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 22-05-2017 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES PARA AS LETRAS GALEGAS SOBRE CARLOS CASARES
Desde a biblioteca do Ceip Mestre Valverde Mayo chegan as primeiras actividades para as Letras Galegas sobre o escritor homenaxeado este ano, Carlos Casares:
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2017/index.html
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 25-03-2017 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS E LINGUAXE DE SIGNOS

Para a celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de EP participou nunha sesión de contacontos en linguaxe de signos a cargo de Beatriz Marcuño Alonso (mamá dunha nena do colexio) na voz, e Aránzazu Casas Avendaño na signación. A animación de “O retallo” mergullounos no conto de Sthéphane Servan e Cécile Bonbon, e con “Imos buscar un oso” versionaron o conto de Michael Rosen e Hellen Oxenbury, “Imos cazar un oso”. MOITAS GRAZAS, BEATRIZ e ARÁNZAZU, PASÁMOLO XENIAL!!!!!!


VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2014 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
RECURSOS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2014: X. M. DÍAZ CASTRO
Preme na imaxe para acceder aos recursos. Tamén tes unha ligazón no panel de navegación.
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 16-05-2014 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
"... A BELEZA FERIUME PARA SEMPRE"
Este ano adícasenlle as Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, un poeta nado en Guitiriz (Lugo). Xosé María Díaz Castro (1914-1990) forma parte da chamada “escola mindoniense” xunto con escritores como Cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesias Alvariño..., mantendo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Nas seguintes ligazóns poedes acceder a moita información sobre a súa vida e obra, así como a diferentes actividades para Infantil e Primaria (preme nas imaxes):

http://seminariogalan.org/inicio/portada
ACTIVIDADES PARA IMPRIMIR
(Seminario Galán)ACTIVIDADES INTERACTIVAS (Seminario Galán)

http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=22
http://www.poetadiazcastro.com/
a href=http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeado/xose-maria-diaz-castro_2014;HOMENAXEADO 2014
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 11-05-2014 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013: RECURSOS E MÁIS...
Recompilación de recursos e actividades sobre Roberto Vidal Bolaño recollidas na rede e facilitadas por diversas entidades e centros educativos galegos:





Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 15-05-2013 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
ROBERTO VIDAL BOLAÑO - ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES LIM: O TEATRO DA VIDA, elaborada por Quini Freixeiro, Ceip Condesa de Fenosa)






Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 27-04-2013 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats