O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EL DRAGÓN QUE TENÍA UN PROBLEMA (Conto)
Hoxe Lucía, de 1º de EP, quere regalarnos este fermoso conto que nos demostra que falar é o mellor xeito de entenderse e que, moitas veces, nos deixamos levar polas apariencias e nos alarmamos sen motivo. Aquí tendes a historia dun pobre dragón famento...

GRAZAS, LUCÍA!!
(Preme no conto para ampliar)
Comentarios (9) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 09-05-2008 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO (II)
Por fin poidemos disfrutar da tan agardada visita de Abraham Carreiro, que nos deleitou coa súa maestría no dibuxo. Fixo as delicias de todos cos personaxes que xurdían rapidamente do seu rotulador: animais da sabana, coches, mozas ben parecidas, gordos, fracos, mesmo apareceron Bart Simpson, Shinchan e Shongoku. Aprendemos "técnicas" para facer caras de susto, de tristura, de sorpresa...
Con moita paciencia atendeu as peticións e as preguntas que se lle amontoaban e incluso firmou autógrafos. En fin, unha estupenda experiencia. GRAZAS, ABRAHAM!!

Preme na imaxe para ver o álbum de fotos:
Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 09-05-2008 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
AQUÍ HAI MADEIRA...
Os nenos e nenas de 2º de E. P. fixeron este bonito libro de rimas, que imos engadir aos fondos da biblioteca, e entre tod@s preparamos este vídeo para que vexades a canteira de poetas deste cole. Nótase que... AQUÍ HAI MADEIRA!!

(Recomendamos subir o volume nas voces porque nos saíron un pouco baixiñas)

Comentarios (15) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 21-04-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO: O MAR EN VERSO
Dentro das actividades programadas para o Día do Libro, os alumn@s do Centro traballaron algunhas poesías de tema mariño, unhas de creación propia e outras de diferentes autores. Cada grupo expresou plásticamente o contido dos poemas para elaborar un libro xigante que está exposto na Biblioteca. Aquí tendes o resultado:


Comentarios (4) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 21-04-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


O próximo 28 de abril contaremos coa visita do ilustrador vigués Abraham Carreiro, dentro das actividades de promoción da lectura e da creatividade. A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceremos.

A PEL DO CROCODRILO (da colección Contos que len outros nenos do mundo, Editorial: A Nosa Terra) é o último traballo deste creador, que ilustra maxistralmente un conto da tradición popular africana, neste caso de Namibia, un país do sur de África. Aquí vos deixo algunhas das súas ilustracións. Disfrutádeas:






Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 18-04-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
OS CONTOS DO RECANTO
Xa temos na nosa Biblioteca, encadernado e listo para formar parte dos nosos fondos, "Os contos do Recanto". Os autores e autoras son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que durante o curso 07/08 escribiron e ilustraron, na meirande parte, os seguintes relatos e poesías. Esas creacións foron publicadas aquí, no blogue da nosa Biblioteca, de aí o título deste libriño, que agora editamos en soporte papel pola conmemoración do Día Internacional do Libro.

Esperamos que esta experiencia sirva de incentivo para que o noso alumnado nos siga agasallando cos froitos do seu maxín e que este volume sexa o primeiro dunha longa colección.

Grazas a tod@s.

Mik.

Na Biblioteca tendes un exemplar para levar en préstamo.



(Preme en OPEN PUBLICATION)

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-04-2008 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA DA POESÍA
Moitas grazas a Marieke, que nos deixou este fermoso agasallo no noso blogue (Ti tamén contas) a xeito de contribución á celebración do Día Mundial da Poesía. Certamente a PALABRA, na súa manifestación máis sublime, a POESÍA, é capaz de chegar ao corazón de todas as persoas que cren que na palabra está a auténtica forza.
Disfrutádea:


A Casa da Poesia.
A poesia tem uma casa
onde escreve à luz das velas
e que nunca há-de ter tecto
para poder ver as estrelas.
Não é voto de pobreza
este seu modo de ser,
é apenas a maneira
mais perfeita e certeira
de nunca se perder
nos estranhos labirintos
da aventura de escrever.

J. J.Letria





Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 26-03-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
A VELLA DO CANDIL
Carmen Costas Ferreira, de 5º de EP, escribiu un poema precioso sobre unha misteriosa velliña que pasea polas noites á luz do seu candil...


(Preme no conto para ampliar)
Comentarios (12) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 25-02-2008 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ACTIVIDADE AMOROSA
Os gañadores/as do concurso "Tarxeta de cariño e amizade", celebrado co motivo da festividade do San Valentín, foron os seguintes:
Claudia López (2º EP)
Alba Crispín (5º EP)
Gabriel Estévez (4º EP)

NORABOA!!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 22-02-2008 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS: A árbore, El pez payaso, Dos pequeños amigos
Sergio Rodríguez Davila, de 5º de EP, adica un poema a unha árbore, co que fai unha homenaxe á natureza, á beleza e á vida.

Preme no conto para ampliar




EL PEZ PAYASO:
un bonito poema de Sheila Aldao de Cos Estrada
(Preme enriba do título do conto para ler)





DOS PEQUEÑOS AMIGOS:
Uxía Comesaña Bastero de 5º de EP cóntanos os problemas dunha cadeliña e dunha gata fachendosa que sempre están en liortas... (preme no título do conto para ler)




Comentarios (14) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-02-2008 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats