O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MARIO TEN MEDO

Uxía Comesaña, de 6º de EP, mergúllanos nun pesadelo terrorífico onde só unha persoa se salva dunha maldición inexplicable e tenta escapar da persecución á que se ve sometida. Utilizando pictogramas e unhas estupendas ilustracións consegue cautivarnos durante a lectura do seu conto.

PARABÉNS, UXÍA!!


(Preme na bruxa para ler o conto)

Comentarios (11) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 12-12-2008 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
O XARDÍN ENCANTADO
Xa nos gustaría a nós ter un xardín como o de Antía, de 5º de EP !!
No seguinte relato ela explícanos por que o seu xardín é tan especial ao mesmo tempo que llo conta ao seu amigo Luis. Le con atención e verás como tamén che gustaría poder disfrutar dunha paisaxe primaveral en calquera estación do ano...

(Para ler preme na imaxe)


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 28-11-2008 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
O FAIADO ENCANTADO
Sergio Rodríguez Davila, de 6º de EP, agasállanos neste día de Samaín cunha historia de medos, eses medos que tod@s experimentamos algunha vez, que nos fan tremer, que non nos deixan durmir...
Naquel faiado enmeigado, rodeado de ruidos misteriosos, un rapaz pasa a noite anguriado, sospeitando que alí está a pasar algo terrible, ata que... pero mellor é que o leas ti, verás como che gustará tanto como a min.

GRAZAS, SERGIO e ALBA!!
(Preme na imaxe para ler o conto)

Comentarios (20) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 03-11-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
POIS SI QUE INSPIRA...

E non só a Arcimboldo, Vivaldi, Machado, Joan Manuel Serrat... senón tamén ao noso alumnado que está a facer uns traballos estupendos sobre o outono. E para mostra aquí vos deixo unha poesía de Carmen Costas Ferreira, de 6º de EP, que nos fai unha descrición moi atinada desta época do ano. A ilustración é da mesma autora.



DISFRUTÁDEA!!

(Para ler preme na imaxe)

Comentarios (10) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-10-2008 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
UN MEIGALLO MOI SALGADO
Co motivo das Letras galegas todo o alumnado do cole colaborou na creación deste conto colectivo. Os nenos e nenas de E. I. e 1º de E.P. foron os ilustradores e os demáis cursos encargáronse da redacción. Aquí tendes o resultado. Disfrutádeo!!



(Preme en OPEN PUBLICATION e despois en FULLSCREEN)

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 18-06-2008 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
DISPARATES

Esta vez os nen@s de 5º obséquiannos con un traballo colaborativo no que participaron tod@s. O resultado, como veredes, é ben orixinal...
Parabéns, rapaces/as, facedes un equipo estupendo!!

Preme na imaxe


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 05-06-2008 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
CO MAR EU XOGO ( POESÍA )

Eva e Alba Crispín Pazó, de 5º curso, fixeron esta bonita poesía inspirada no mar. Seguro que vos gustará moito!!

Preme na imaxe


Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 29-05-2008 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
EL MAR ( POESÍA )


Hoxe Carmen, de 5º curso, adica unha poesía ao mar, que na súa inmensidade acomódase entre os corais, os ourizos, os caracois, os peixes...

Preme na imaxe
Comentarios (13) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 26-05-2008 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
ABILIO BIGOTES
O venres tivemos no cole unha agradable visita: os alumnos do Ceip Canicouva chegaron dispostos a facernos pasar uns momentos de estupendo teatro. Dende logo demostraron ser uns actores e actrices de moito talento e todos estivemos encantados de telos con nós.
A obra contábanos as peripecias de dous velliños que botaban de menos ter un fillo e deciden acadalo por calquera medio. As cousas non son sinxelas pero, por fin, logran ter... UN GATO!!!
Parabéns á súa directora Mª Jesús Pereiro e a estes rapaces tan artistas!!

E abriuse o telón...!!


BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.


Comentarios (11) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 25-05-2008 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
COPLAS DOS MAIOS

Os nenos e nenas de 6º encargáronse de redactar as coplas dos MAIOS deste ano e, a dicir verdade, estiveron inspiradísimos...
Cun toque de humor foron capaces de narrar moitos acontecementos importantes que se sucederon durante este curso, ao mesmo tempo que nos adican unha despedida pois pronto serán alumnos de Instituto. E para que vexades que AQUÍ HAI MADEIRA!! déixovos unha mostra para que vaiades facendo boca ata o venres, día 9, que nos xuntaremos no patio para cantalas:

Aquí está o maio,
o maio, señores,
sempre tan guapiño
cuberto de flores.
.............

E nós, os maiores,
temos de encomenda
cantarche as copliñas
nesta linda festa
.............
Neste noso cole,
o Mestres Goldar,
temos moitas cousas
para festexar.
...............
Cantar cantan algúns
e outros bailamos
coa nosa BIBLIOTECA
estamos encantados.
..................
Hai libros e "ordenatas",
sofás moi coloridos,
é como estar na casa
ou no chalé dun rico.
................
Lemos todos os días,
devoramos os libros,
se seguimos así
chegaremos a ministros.
...............
O Mestres Goldar
estase modernizando,
tanta tecnoloxía
estanos abraiando.
..................
Hai pizarra electrónica,
mochilas viaxeiras,
pero quedamos sen conserxe
porque rompeu unha perna.
.................
.................
Donas e cabaleiros,
deixamos de cantar,
marchamos ao instituto
para a ESO comenzar.

Que vos pareceu?? Divertidísimas!! E aínda hai máis, pero temos que agardar ata o venres...

Comentarios (3) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 09-05-2008 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats