O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR: UNHA XORNADA ESPECIAL
"DÉIXATE ENVOLVER POLA MAXIA DA BIBLIOTECA"
Este foi o lema co que se abriron as portas da nosa biblioteca, e esta é a crónica dunha xornada chea de sorpresas e de maxia que estabamos agardando con moita ilusión:

Hoxe vivimos no noso cole un día moi especial: celebramos o Día das bibliotecas escolares e aproveitamos a data para abrir "oficialmente" a nosa biblioteca a toda a comunidade educativa.
Nos días previos todas as titorías recibiron unha carta de Mik (preme no sobre para ler a carta):


E, como era de esperar, o alumnado preparou uns traballos ESPECTACULARES, que deixaron na biblioteca, e cos que montamos unha exposición polos corredores do centro para que tod@s poidades disfrutalos.
E despois do traballo veu a festa, cun PROGRAMA de actividades no que houbo de todo: visita á biblioteca, exposición de novidades, contos, lendas, cancións, agasallos... e para rematar, un estupendo espectáculo de maxia a cargo do mago Cali.
¡¡Pasámolo xenial!!


¿Queredes ver a reportaxe gráfica? Pois aí van as fotos deste día máxico:


DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2010 on PhotoPeach



Se queres ver máis fotos fai clic AQUÍ ou nas ligazóns de máis arriba.

Comentarios (15) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 22-10-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
CIENCIA QUE CONTA
¡Xa o sabíamos! Sabíamos que entre o noso alumnado hai moitos pequenos grandes escritores e escritoras. E agora acabamos de recibir a espléndida noticia de que dous relatos presentados ao 2º concurso de relatos curtos de ciencia: Ciencia que conta 2009, promovido pola Universidade de Vigo, foron recollidos no libro Cienciaqueconta2009, publicación resultante da selección dos mellores relatos participantes. Os relatos seleccionados foron "O martelo multiusos" de Brais Míguez Benavides (4º de EP) e "O galo Quirico" de Ramón Requejo Ferreiroa (4º EP). Podes ler ou descargar os relatos en Pdf.
Xa está convocado o 3º concurso de relatos 2010. Podes consultar as bases no Blogue de ciencia que conta. ¡Anímate a participar ti tamén!
¡OS NOSOS PARABÉNS A BRAIS E A RAMÓN!



Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 11-10-2010 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
TRÉCOLA.COM: Informativo
Un noticiario particular, onde o alumnado de 2º de EP dá conta das actividades máis destacables que se desenvolven no noso cole durante estes días:


¡¡MOI BEN!!


Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-06-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
PRODUCIÓN PROPIA
Xa temos na biblioteca os dous preciosos contos colectivos realizados polo alumnado do noso centro, baseados nos personaxes dos seus contos preferidos. "¡FELIZ ANIVERSARIO!", de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria, e "NUNHA CIDADE MÁXICA", escrito e ilustrado polos nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de Primaria. Se premes nas imaxes poderás lelos, xa verás como che gustan:



Tamén os podedes ler no blog Ti tamén contas
Comentarios (8) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 02-06-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
QUE POETAS!!
Xa temos a proba de que os nenos e nenas do noso centro son uns auténticos poetas. Dende que Mik lles propuxo facer rimas e poesías non pararon e fixeron uns traballos ben bonitos. Se queres ver os de 1º de Primaria, xa están publicados no blog de escritores e escritoras Ti tamén contas (tendes unha ligazón no panel lateral). Premede na imaxe de abaixo e poderedes disfrutar das súas creacións. Como seguro que vos gustarán moito podedes dicirllo nun comentario. E estade atentos porque axiña estarán na rede o resto das poesías, que se irán publicando nos próximos días.


Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 19-04-2010 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
2010, UN ANO DE CONTOS
Para o 2010 o alumnado do noso centro preparou este precioso traballo colectivo onde novamente apreciamos a creatividade dos nosos pequenos artistas. O tema central é "Os nosos contos favoritos" e cada aula ilustrou un mes do ano inspirándose nun dos seus títulos preferidos. Así xurdiu "UN ANO DE CONTOS", o calendario do Ceip Mestres Goldar, que queremos compartir con vós e que vos convidamos a empregar. Como podedes comprobar, menciónanse as datas máis sinaladas do ano ou que teñen algún interés para a rapazada. Aquí volo deixo. Esperamos que vos guste.




Autores/as:
XANEIRO: E. I. 3 anos
FEBREIRO: E. I. 4 anos
MARZO: E. I. 5 anos
ABRIL: Primaria
MAIO: Primaria
XUÑO: Primaria
XULLO: Primaria
AGOSTO: Primaria
SETEMBRO: Primaria
OUTUBRO: Alumnado de Relixión
NOVEMBRO: Alumnado de Inglés
DECEMBRO: Alumnado PT


PARABÉNS!!


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-01-2010 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
CANTAS NOVIDADES!!
A biblioteca aínda non abriu pero xa están pasando cousas. Hai unha "conta atrás" diante da porta da biblio, un cartel dicindo que esteamos atentos e ademais, hoxe, todas as titorías recibiron a seguinte carta (preme enriba para sacala do sobre):



¡¡ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE O DÍA NOVE!!



Comentarios (12) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 30-09-2009 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
¡XA ESTÁ AQUÍ!

Toon


E se queres podes velo AQUÍ (despois fai clic enriba das páxinas se queres amplialas)

Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 09-06-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
DE POEMAS, RECITADOS E PEQUENOS ARTISTAS
Os nenos e nenas de 1º de EP traballaron moito para o entroido e aprenderon un poema de Ana Mª Fernández moi bonito. Despois fixeron as ilustracións e Lucía animouse a facernos o recitado do poema. Resultou ser unha recitadora excelente: perfecta pronunciación e entoación e unha memoria fantástica.

PARABÉNS, LUCÍA!!

Claro que despois tod@s quixeron pasar pola experiencia e aquí tendes o resultado:


Estade ben atent@s porque estes nenos e nenas teñen madeira de artistas e prometen seguir deleitándonos cos seus recitados.



Comentarios (10) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 02-03-2009 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
TARXETA DE NADAL
ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 2º DE EP

Os nosos alumnos e alumnas, ademáis de seren uns inspiradísimos escritores, tamén son uns estupendos ilustradores. Aquí vos deixo a tarxeta de Nadal que os nenos e nenas de 2º de EP fixeron para felicitar ás familias e ao resto da comunidade educativa.

PARABÉNS, RAPACES, É UNHA TARXETA PRECIOSA!!


Comentarios (3) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-12-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats