O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SOMOS XORNALISTAS!!
Grazas aos nosos estupendos xornalistas xa temos a primeira edición deste curso do telexornal da biblioteca: o TRÉCOLA.COM
O alumnado de terceiro preparou dúas noticias sobre actividades que se levarán a cabo nos vindeiros días. Aquí está a primeira:

E como din os presentadores: ESTADE ATENTOS AS PRÓXIMAS EDICIÓNS!!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 18-10-2015 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES
O próximo 19 de marzo o alumnado de 1º e 2º de EP terán un encontro co escritor Vicente Muñoz Puelles, autor dos libros que estiveron lendo este trimestre: Óscar y el león de correos e La gata que aprendió a escribir. Xa nos contaredes!!!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 12-03-2015 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
O CLARO DO BOSQUE
Aquí vos deixo un conto precioso que lemos todos xuntos o día que celebramos a reapertura da nosa biblioteca. Despois levámolo para a casa para lelo de novo coa nosa familia. Tamén fixemos debuxos inspirados nesta lectura xa que no noso cole somos estupendos ilustradores e ilustradoras. Este é o traballo de Denís Ignacio, de 3º de EP. A que é moi bonito?!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 06-11-2013 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
NO MES DOS LIBROS PRESENTÁMOSVOS AOS NOSOS ESCRITORES
Neste mes dos libros, no que agasallamos aos escritores e escritoras que nos fan máis agradable as nosas vidas queremos presentarvos a uns pequenos grandes artistas: os nenos e nenas do noso cole e os seus "CADERNOS DE ESCRITORES". Pois si, temos uns estupendos escritor@s e ilustrador@s dentro das nosas aulas, que cuidan con mimo os seus preciosos cadernos onde escriben contos, poesías, adiviñas...
Aquí vos deixo algúns exemplos, ireivos mostrando máis porque paga a pena velos todos. NORABOA RAPACES!!!



Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 11-04-2012 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
POEMANDO
Tamén os nenos e nenas do 2º e do 3º ciclo crearon e ilustraron fermosos poemas. Aquí os tendes para que disfrutedes igual ca min coa súa lectura:

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 05-06-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
CONTAMOS MOITO
Pois si que contan moito e ben os nenos e nenas do noso cole. E como mostra, aquí tendes os contos colectivos que escribiron e ilustraron entre tod@s.

E. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA:



2º E 3º CICLO DE PRIMARIA:



Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 04-06-2011 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS VERSOS...
Seguro que che gustaron moito as poesías de Infantil, a que si? Pois agora podes ler as que fixeron os nenos e nenas do 1º ciclo, que tamén son uns fantásticos escritores/as e ilustradores/as:



Comentarios (3) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 02-06-2011 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
RIMA, RIMANDO...
Pronto estará na nosa biblioteca o libro de poemas que elaborou o alumnado do centro para a actividade de creación escrita "Somos poetas".
Para que vaiades facendo boca aquí vos deixo os fantásticos traballos dos nenos e nenas de E. Infantil. XA VEREDES COMO VOS GUSTAN TANTO COMO A MIN!!




Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 01-06-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS LIBROS, MÁIS PAZ

"MÁIS LIBROS, MÁIS PAZ"
Este é o lema da nosa exposición de lecturas para a PAZ na que temos seleccionados algúns títulos sobre este tema. Negros e brancos é un deles:

David McKee é un escritor e ilustrador británico coñecido especialmente por ser o creador da serie ELMER, o elefante de cores inspirado na obra de Paul Klee. Nesta ocasión volven aparecer os elefantes como protagonistas dunha historia de enemizades e pelexas sen outra causa que a diferenza de cor da pel. Unha guerra orixinada por motivos absurdos como absurdas son todas as guerras... Ao final, cando xa todo semellada discurrir polos camiños pacíficos, aparece unha actitude que nos deixa un pouso de preocupación. Un texto axeitado para reivindicar a paz, contra a intolerancia e o racismo, moi apropiado para introducir nas aulas a reflexión arredor da violencia e as súas causas.



BÚSCAO NA BIBLIOTECA!!

Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 27-01-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL 2.0
Con este vídeo podemos imaxinar como sería a historia do Nadal nos nosos días, onde nin anxos, nin Reis Magos, nin Virxe María..., poderían resistirse ao uso das novas tecnoloxías (está en portugués pero enténdese moi ben).
Queremos aproveitar para, desde este Recanto, desexar ao noso alumnado, ás súas familias e a todos os amigos e amigas que nos visitades e apoiades, un Nadal moi feliz e un espléndido Aninovo.
boemptynadal



Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 20-12-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats