O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O MUNDO EN VERSO (WEBQUEST)

Unha moi interesante webquest para o terceiro ciclo de Primaria. Traballa a creación poética conducindo aos participantes pola poesía de autores como F.G. Lorca, A. Machado, R. Alberti,
G. Fuertes e Miguel Hernández.

Para acceder á WEBQUEST pica na imaxe


Outra WEBQUEST:

"LEVÁMOSTE ONDE TI QUEIRAS", para o Primeiro ciclo de Primaria. Traballa os medios de transporte e resulta moi motivador e orixinal o seu plantexamento. (En castelán)


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 27-03-2008 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
WEBQUEST

Esta é unha webquest de iniciación que está deseñada para o segundo ou terceiro ciclo de E. Primaria. Trátase de buscar información na rede arredor dunha data: a do nacemento de cada un dos participantes. Pode resultar especialmente motivadora xa que os datos requeridos provocan curiosidade por teren unha relación directa co alumno.
O autor é Mario Aller (web de Ismaíl)


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 18-03-2008 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
WEBQUEST: Viajando por los océanos

Para os nosos traballos de investigación sobre o mar, unha nova webquest:

VIAJANDO POR LOS OCÉANOS (en castelán): para 2º e 3º Ciclo de E.P.

VIAJANDO POR LOS OCÉANOS
Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 16-02-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
WEBQUEST
Relación de webquest para traballar o proxecto interdisciplinar: "Descubre un mundo MARabilloso"


O FONDO DO MAR : Esta webquest está indicada para o alumnado de EI.

MARES Y OCÉANOS: 3º Ciclo Primaria

EL CICLO DEL AGUA: 2º Ciclo Primaria

ANIMALES ACUÁTICOS: 1º e 2º Ciclo Primaria

EL MUNDO DE LOS PECES: 1º e 2º Ciclo Primaria

DESCUBRE EL FONDO DEL MAR: 1º e 2º Ciclo Primaria

LIBERAD A FLIPER: 3º Ciclo Primaria
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 27-01-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Guía da Biblioteca
A biblioteca é un lugar moi especial, un lugar onde podes atopar todo o que che interesa e que che permitirá viaxar no tempo e no espazo. É un lugar para o lecer, para a curiosidade, para a imaxinación… é un mundo por descubrir.

Poden facer uso da nosa Biblioteca os alumnos/as do noso Centro, así como as súas familias. Para ter acceso a tódolos fondos e servizos é necesario ter o Carné da Biblioteca que se entrega gratuitamente.
Na Biblioteca do noso Centro podes atopar libros, vídeos, DVDs, CD-ROMs, revistas e equipos informáticos con acceso a Internet para facer as túas consultas.
Os libros están organizados mediante a Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertencen. Os CD, DVD e CD_ROM están situados en estanterías específicas.
Os libros de ficción están clasificados por cores en canto ao nivel lector: lectores conta allea, primeiros lectores, lectores en marcha, lectores avanzados.
Os libros están ordenados, ademáis, por orde alfabética do apelido do autor.
Pódese acceder aos fondos vía internet xa que o noso catálogo está na rede de Bibliotecas Meiga
Cando collas un libro dunha estantería deberás ser coidadoso e deixar o resto ben colocados para non alterar a orde alfabética. Para devolver un libro deberás entregalo sempre ao bibliotecario e en ningún caso poñelo ti mesmo na estantería.

PARA NAVEGAR POR INTERNET:
A navegación por internet ten algúns perigos polo que debes seguir as seguintes recomendacións:
• Utiliza Internet en presencia do Bibliotecario.
• Nunca facilites os teus datos persoais: dirección, teléfono, nome e apelidos…
• Non se realizarán actividades que non teñan que ver coa busca de información. Non se entrará en Chats.
• Non entrar en páxinas web descoñecidas ou pouco fiables. Consulta co Bibliotecario.

Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 20-11-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos fondos
Se buscas algún libro utiliza a seguinte ligazón e poderás ver os que hai na Biblioteca:

MEIGA
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 11-10-2007 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats