O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A HORA DA BIBLIOTECA
Así traballamos na sesión semanal da biblioteca:
FORMACIÓN DE USUARI@S NA BIBLIOTECA on PhotoPeach


E aquí están os nenos e nenas de 2º de EP traballando na biblioteca co seu libro de lectura do itinerario lector programado para este curso, El tren saltamontes, de Alfredo Gómez Cerdá. Podedes ver a crónica da actividade no seu blog de aula:


Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 02-02-2012 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGADOR/A TOTAL!!
Clic para ampliar
Hoxe, o noso amiguiño MIK fixo entrega dos carnés de INVESTIGADOR/A TOTAL! aos nenos e nenas do centro que conseguiron todas as lupas cos traballos de investigación (e foron moitos!!). A nosa mascota e os seus estupendos axudantes percorreron as aulas e fixeron a entrega dos carnés e dos agasallos mentres aplaudíamos sen parar. PARABÉNS a todos/as polo esforzo e polos fantásticos traballos que fixestes durante todo o curso.



Podedes ver o resto das fotos AQUÍ



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 21-06-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO COS XORNAIS
O venres, 18 de marzo, finalizou o plazo de entrega dos traballos de investigación sobre os xornais. Durante todos estes días o alumnado traballou arreo para completar os seus caderniños de pescudas, cos que aprenderon moitísimas cousas sobre as noticias, o estilo periodístico, os xornais do mundo, algunhas curiosidades…
Desde o comezo da actividade puideron visitar unha pequena exposición con xornais de todo o mundo, incluso puideron ver un de Xordania!


Preme na imaxe para ver máis
Os grupos de alumnado visitaron a exposición e xogaron a adiviñar o país ao que pertencían todos aqueles xornais. Que difícil foi para os máis peques!


Preme na imaxe
Despois tocou traballar:
Os nenos e nenas de Infantil buscaron titulares de noticias para contar aos compañeiros/as e ilustráronnas moi ben:
Preme na imaxe

Os nenos e nenas de Primaria investigaron, investigaron, investigaron..., na biblioteca, en internet, nos xornais...

Preme na imaxe

Agora só queda que cheguen os Mikopuntos mentres disfrutamos da satisfacción de ter aprendido moito realizando un traballo FANTÁSTICO!!!
PARABÉNS A TODOS OS NENOS E NENAS!!

Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 21-03-2011 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA PRENSA: XA CHEGOU MIK HOLMES
MIK HOLMESTal e como nos prometeu a última vez, Mik Holmes regresa para poñer a proba de novo as nosas dotes detectivescas. Cando chegamos ás clases atopamos a mensaxe de Mik solicitando a nosa axuda urxente. E todo porque o seu amigo Xerónimo Stilton lle contou moitísimas cousas interesantes do seu oficio. E, claro, xa sabemos o curioso que é o noso ratiño. Así que, aproveitando que pronto será a semana da prensa, todos os nenos e nenas do cole están dispostos a investigar para completar os cadernos de pescudas que nos deixou Mik:





AQUÍ tes toda a información sobre a actividade. Tamén podes acceder a ela en calquera momento a través da ligazón do panel lateral "Investiga con Mik", onde atoparás todas as propostas de MIK:



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 25-02-2011 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
OS PEQUES VAN Á BIBLIOTECA
Todas as semanas o alumnado de EI acude con entusiasmo á biblioteca para facer multitude de divertidas actividades. Encántalles visitar a "casa de Mik" e coñecen moi ben as normas da biblioteca. Están moi atentos nas sesións de contacontos que lles prepara a profe e realizan con moito interés os traballos de formación de usuarios/as. E para mostra aquí vos deixo aos nenos e nenas de 5 anos preparando os seus marcadores da biblioteca (se pasas o cursor pola imaxe poderás ver os detalles ampliados):





Comentarios (2) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 11-02-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
PARTES DUN LIBRO: ACTIVIDADES LIM
Desde Xiralibronofleming chegan máis actividades LIM para traballar a Formación de Usuarios/as. Nesta ocasión poderás aprender dun xeito divertido as diferentes partes dun libro, tanto no exterior como no interior.


Se queres acceder en pantalla completa preme AQUÍ


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 31-01-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS: ACTIVIDADES LIM SOBRE A CDU
Para reforzar o que estades aprendendo sobre a biblioteca, déixovos unhas actividades moi divertidas sobre a CDU, elaboradas por Lupe González e Luz Díaz. Preme na imaxe para empezar:



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-01-2011 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGANDO NA BIBLIO (CSI 1º de EP)
¡Que contento estou! Xa pronto vou saber moitas cousas sobre o Apalpador porque todos os nenos e nenas do cole andan a investigar para responder ás miñas preguntas e completar os cadernos de pescudas. Por iso eu xa teño preparados os Mikopuntos para agradecerlles tanto esforzo. ¿Queredes velos en acción? Pois mirade, mirade...
INVESTIGANDO NA BIBLIO (CSI 1º EP)

¿Son ou non son uns auténticos CSI?

Comentarios (4) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 14-12-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
MIK HOLMES XA ESTÁ AQUÍ!!
Hoxe tivemos unha mensaxe urxente do noso amigo Mik. A cousa é que estando tan próximo o Nadal, este ratiño curioso pídenos axuda para unha investigación. Se queres, podes ler a súa mensaxe premendo no sobre:

Tamén nos deixou uns cadernos de pescudas moi chulos para que vaiamos recollendo os resultados das nosas averiguacións:


(Fai clic en open publication para velos máis grandes)

E o mellor de todo é que, ademáis de convertirnos en estupendos investigadores e investigadoras, poderemos conseguir unha morea de Mikopuntos!!!

No panel lateral da esquerda hai unha ligazón permanente para acceder a toda a información, normas e recursos das actividades de investigación propostas pola biblioteca:



Pois agora só nos queda poñernos en marcha e... A INVESTIGAR!!!

PREME NO APALPADOR PARA LER OS CONTOS:


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 02-12-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
NAVEGA CON RUMBO POLA REDE
Gracias aos amig@s de Lecturo Literaturo coñecemos esta estupenda páxina que vos axudará a navegar seguros pola rede. Tamén hai consellos para papás, para mamás e para profes. E agora, ¡a navegar con rumbo polo ciberespazo! (Preme na imaxe)

E para rematar podes pasar un ratiño moi divertido con estes xogos:

Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 13-11-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats